Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IF501A
Autorización temporal de uso de posto de atracada, en portos dependentes da comunidade autónoma de Galicia, outorgada por Portos de Galicia, para barcos con base no porto.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería do Mar
Máis información sobre o inventario de portos nesta páxina.
O obxecto é establecer o procedemento de autorización temporal de uso de posto de atracada, en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, outorgada por Portos de Galicia, para barcos con base no porto (código de procedemento IF501A). Defínese o presente procedemento tanto para o uso de postos de atracada nun porto deportivo como nunha zona portuaria de uso náutico-deportivo, nos cales Portos de Galicia autoriza o uso do posto de atracada nunha estrutura flotante, pantalán, con prazas delimitadas, identificadas e cunhas características previamente definidas.
O ámbito de aplicación será os portos deportivos e as zonas portuarias de uso náutico-deportivo destinadas á atracada de embarcacións menores, motivo polo cal o presente procedemento deberá aplicarse a ambas tipoloxías de instalación, sempre e cando se trate de embarcacións náutico-deportivas.
A tipoloxía destas atracadas será a seguinte:
a) Autorizacións de atracada de embarcacións deportivas en instalacións deportivas con concesionario que xestione a instalación.
b) Autorizacións de atracada de embarcacións deportivas en instalación de atracada sen concesionario que xestione a instalación.
Quedan excluídas deste procedemento as solicitudes de atracada de embarcacións profesionais, ou doutra tipoloxía.
Poderán formalizar a solicitude persoas xurídicas, entidades sen personalidade xurídica públicas ou privadas e persoas físicas.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Portos de Galicia
PRAZA EUROPA 5A -6º
15007 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 902400870
Email: portosdeportivos@portosdegalicia.com
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Portos de Galicia
Portos de Galicia de Lugo (zona Norte)
R/ Pastor Díaz, 13, 1º
27002 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982828426
Email: zonanorte@portosdegalicia.com
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Portos de Galicia
Portos de Galicia da Coruña (zona Centro)
Avda. Porto da Coruña, 5-1º
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182626
Email: zonacentro@portosdegalicia.com
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Portos de Galicia
Portos de Galicia de Pontevedra (zona Sur)
R/ Victor Said Armesto, 1, 1º e 2º
36002 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886159290
Email: zonasur@portosdegalicia.com
Máis información sobre o inventario de portos nesta páxina.
Prazo de presentación: ABERTO
O prazo de presentación de solicitudes é a partir do día seguinte á publicación no DOG da presente resolución, e destínanse os primeiros trinta (30) días naturais á presentación de solicitudes por parte daqueles solicitantes que estivesen rexistrados nalgunha lista de espera e a partir do trixésimo primeiro día natural, para os interesados en xeral, prazo que quedará aberto desde a mencionada data.
O solicitante deberá ser o titular da embarcación deportiva ou de lecer. Se existisen varios titulares, presentará a solicitude aquel que teña unha maior porcentaxe de participación na titularidade da embarcación e, en situación de igualdade, haberá que aterse ás normas reitoras da comunidade.
No caso de solicitantes doutros países que non teñan residencia no territorio nacional, deberán designar un representante, para todos os efectos que dimanen da autorización, con domicilio en territorio nacional. Este representante será o mesmo que presente a solicitude.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Modelo de presentación, anexo I, debidamente cuberto. O dito modelo está á disposición dos solicitantes na sede electrónica da Xunta de Galicia, procedemento IF501A.
b) Persoas físicas estranxeiras sen NIE: pasaporte.
c) Seguro da embarcación coas coberturas establecidas pola normativa que regula o seguro de responsabilidade civil de subscrición obrigatoria para embarcacións deportivas ou de lecer, que na actualidade vén constituída polo Real decreto 607/1999, do 16 de abril, ás cales se engadirá a cobertura de remoción de restos da embarcación. Para acreditar a formalización do seguro deberase achegar certificado da compañía aseguradora, redactado en lingua española ou galega, que acredite a formalización e o aboamento con vixencia no período onde se formalice a solicitude.
– Identificación da compañía aseguradora ou do axente de seguros e da persoa que actúa en representación.
– Numero da póliza de seguro.
– Identificación da embarcación asegurada que indique nome e matrícula.
– Mención expresa da cobertura de responsabilidade civil e a vixencia temporal do seguro.
– Mención expresa da cobertura dos gastos de remoción de restos da embarcación.
– Importe da franquía, de ser o caso.
– Data de pagamento da póliza que acredite a súa formalización.
– Data de expedición do certificado, asinado polo titular ou representante legal.
d) Permiso de navegación da embarcación.
e) Folla de asento do rexistro da capitanía marítima correspondente. A certificación debe ter unha antigüidade máxima dun ano, ata a data de presentación da solicitude. Este documento componse das follas: «Rexistro Marítimo Español» e «Folla ou follas de asento» (no caso de que estea en trámites de actualización, deberá presentarse o xustificante conforme se está tramitando a dita actualización na capitanía marítima, e deberá achegala en canto se dispoña dela).
f) As embarcacións inscritas segundo o réxime especial das embarcacións de recreo con marcación CE de eslora igual o inferior a 12 metros e que non teñan certificado ordinario do Rexistro Marítimo Español, en lugar dos documentos indicados nos dous puntos anteriores deberán presentar copia do anverso e do reverso do certificado de inscrición xunto cunha copia da declaración de conformidade da embarcación CE.
g) No caso dunha embarcación en construción, presentarase certificado do estaleiro coas características desta e a data prevista de entrega.
h) Se a embarcación se destina exclusivamente a competicións deportivas e non está inscrita no Rexistro Marítimo Español, deberase presentar a documentación que acredite tal circunstancia, a propiedade da embarcación e as características técnicas da embarcación.
i) As embarcacións de bandeira estranxeira deberán presentar unha declaración expedida pola autoridade competente en que conste que non están obrigadas á matriculación definitiva en España conforme o establecido na Lei 38/1992, do 28 de decembro, reguladora dos impostos especiais (a cal establece que deberán ser obxecto de matriculación definitiva en España os medios de transporte novos ou usados, cando se destinen a ser empregados no territorio español por persoas ou entidades que sexan residentes en España ou que sexan titulares de establecementos situados en España), ou unha certificación do rexistro marítimo central ou territorial de buques ou mesmo da administración de Alfándegas-AEAT, que acredite tales circunstancias.
j) Se o solicitante ten a condición de xubilado no réxime especial de traballadores do mar, certificado acreditativo de tal condición expedido polo organismo oficial correspondente.
Para presentar soamente no caso de sociedades
a) Escritura ou documento de constitución, estatutos ou acta fundacional debidamente inscritos, de ser o caso, no rexistro pertinente.
b) Poder de representación outorgado a favor do solicitante en que estea debidamente verificada a súa suficiencia, e inscrito, de ser o caso, no rexistro pertinente, agás que a representación se desprenda dos documentos anteriormente citados.
c) Certificado acreditativo, expedido polo organismo oficial correspondente, de que a embarcación está inscrita no Censo de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia da Xunta de Galicia como embarcación tradicional galega ou embarcación histórica (clásica ou de época),
Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
1. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
2. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
3. No caso de que algún dos documentos que se deban presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIF da persoa representante.
c) NIF da entidade solicitante.
d) Certificado de domicilio fiscal.
e) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
f) Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
g) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
h) Certificado acreditativo, expedido polo organismo oficial correspondente, de que a embarcación está inscrita no Censo de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia, da Xunta de Galicia, como embarcación tradicional galega ou embarcación histórica (clásica ou de época).
2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 14 de outubro de 2020 pola que se aproba o procedemento de autorización temporal de uso de posto de atracada, en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, outorgada para barcos con base no porto (DOG nº 214 do 23 de outubro de 2020).
-
Resolución do 2 de novembro de 2020 pola que se modifica a Resolución do 14 de outubro de 2020 que aproba o procedemento de autorización temporal de uso de posto de atracada, en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, outorgada para barcos con base no porto (DOG nº 225 do 6 de novembro de 2020).
-
Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG nº 236 do 14 de decembro de 2017).
-
Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG Núm. 153 de 12 de agosto de 2013)
-
Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 240 do 11 de diciembre de 2003).
-
Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do ente público Portos de Galicia, dictado en aplicación e desenvolvemento da Lei 5/1994, do 29 de novembro (DOG nº 146 do 1 de agosto de 1995)
-
Acordo do 27 de agosto de 2021, da Zona Centro, polo que se anuncia a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes de autorizacións de prazas de fondeadura vacantes para embarcacións deportivas no polígono de trens de fondeadura do porto de Laxe (DOG nº 172 do 7 de setembro de 2021).
-
Acordo do 14 de marzo de 2024 polo que se anuncia a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes de autorización temporal de uso de posto de atracada para embarcacións náutico-deportivas, en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, no porto de Escarabote (DOG nº 62 do 27 de marzo de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.
Aberto todo o ano
Autorización de ocupación de dominio público portuario, en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Prórroga da autorización de ocupación de dominio público portuario, en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Práctica da pesca marítima de recreo en superficie en zonas de servizo dos portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano