Guía de procedementos e servizos

PE606A

Prazas de residencia nos centros dependentes da Consellería do Mar.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 22/07/2017 00:00 - 11/08/2017 23:59

Consellería do Mar

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para o acceso ás prazas de residencia e de comedor nos centros residenciais da Consellería do Mar, así como proceder á convocatoria das prazas residenciais vacantes para o curso escolar 2017/18.

As prazas poderán adxudicarse nas seguintes modalidades:

a) Residencia en pensión completa.

b) Media pensión.

c) Xantar diario non regular.

Prazas en réxime de residencia en pensión completa.

1. A modalidade de residencia en pensión completa supón a utilización dos servizos residenciais do centro.

2. As persoas que teñan asignada unha praza na residencia poderán facer uso dela no horario que abrangue desde os domingos ou festivos, véspera de días lectivos, ás 22.00 horas, ata o venres ou véspera de días festivos ás 16.45 horas.

3. Con carácter xeral, a adxudicación das prazas en réxime de residencia en pensión completa, aterase ao procedemento establecido no capítulo II.

4. Cando o número de solicitudes sexa igual ou inferior ao número de prazas de residencia ofertadas, os/as interesados/as deberán cumprir os requisitos exixidos nesta orde e presentar a correspondente solicitude de acordo co establecido no artigo 17.

5. No caso de determinar que o número de solicitudes é superior ao número de prazas ofertadas, procederase á adxudicación de prazas por medio do baremo establecido no capítulo II.

Prazas en réxime de media pensión e xantar diario non regular.

1. Estas prazas dan dereito a xantar na sala de comedor do centro.

2. Poderán solicitar praza en réxime de media pensión e xantar diario non regular as persoas que, cursando estudos no centro, cumpran cos requisitos xerais do artigo 2 desta orde; teñan o seu domicilio habitual a unha distancia superior a 15 km do centro docente; ou ben que, aínda sendo unha distancia menor, acrediten a súa imposibilidade de chegar coa puntualidade requirida ás clases.

3. Sempre que exista dispoñibilidade, a adxudicación das prazas de media pensión e xantar diario non regular será realizada polos centros residenciais, logo de presentar a correspondente solicitude de acordo co artigo 17 e comprobado que reúne os requisitos recollidos nesta orde, así como o pagamento da taxa correspondente.

Poderá ser beneficiario/a das prazas de residencia ou de comedor todo o alumnado que, durante o curso escolar, estea matriculado nos centros de formación dependentes desta consellería e realice os seguintes estudos:

a) Marítimo-Pesqueiros:

– Ciclos formativos de grao medio e superior da familia profesional Marítimo-Pesqueira.

b) Náutico-Pesqueiros:

– Capitán de pesca, patrón costeiro polivalente, patrón local de pesca e mariñeiro pescador.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Subdirección Xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais

Servizo de Coordinación e Apoio á Xestión

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546151

Fax: 981546138

Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es

http://webpesca.xunta.es.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 2 - 5º ANDAR

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182029

Fax: 981182027

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro

RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO

27863  Viveiro  (Lugo)

Teléfono: 982555002

Fax: 982555005

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

Xefatura Comarcal de Pontevedra

Rúa Fernández Ladreda, nº 43 - 4ª Planta

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805470

Fax: 986805512

Email: delegación.mar.pontevedra@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817113

Fax: 986817160

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

Xefatura Comarcal de Ferrol

PRAZA CAMILO JOSÉ CELA,S/N,

15403  Ferrol  (Coruña, A)

Teléfono: 981337315

Fax: 981337318

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

Xefatura Comarcal de Ribeira

PRAZA DOS MARIÑEIROS, S/N

15960  Ribeira  (Coruña, A)

Teléfono: 881997155

Fax: 881997151

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

Xefatura Comarcal de Vilagarcía de Arousa

Alto da Rosa s/n - Carril

36610  Vilagarcía de Arousa  (Pontevedra)

Teléfono: 886206308

Fax: 886206314

Email: xefatura.cmar.vilagarcia@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro

Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira

Praia de Coroso, s/n

15950  Ribeira  (Coruña, A)

Teléfono: 981874476

Fax: 981874368

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro

Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol

R/ Aneiros, s/n Serantes

15405  Ferrol  (Coruña, A)

Teléfono: 981317611

Fax: 981328005

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro

Instituto Politécnico Marítimo-pesqueiro del Atlántico de Vigo

Beiramar, nº 55

36202  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986235609

Fax: 986201286

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro

Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa

Niño do Corvo, s/n

36626  Vilanova de Arousa  (Pontevedra)

Teléfono: 986527101

Fax: 986527161

Servizo de Coordinación e Apoio á Xestión
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

22/07/2017 00:00 - 11/08/2017 23:59

1. O prazo de presentación das solicitudes será de quince días contados desde o seguinte ao da publicación desta orde.
2. Resoltas as solicitudes indicadas no punto anterior, no caso de existiren prazas vacantes, establécese un prazo extraordinario de presentación de solicitudes para o caso dos ciclos formativos que será do 20 ao 29 de setembro de 2017.

a) Ser cidadáns de calquera país da Unión Europea ou estranxeiros/as que acrediten a residencia ou estean dentro dun programa de cooperación internacional.

b) Ter cumpridos os 16 anos de idade no ano da convocatoria.

c) Estar matriculado no centro durante o curso escolar.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación que pode ser requirida pola comisión de valoración para xustificar cada un dos puntos declarados no artigo 10 desta orde:

    • a) Anexo II. Comprobación dos datos doutras persoas que compoñen a unidade familiar, de ser o caso.

    • b) Certificado de convivencia das persoas que compoñen a unidade familiar, se é o caso. A data da súa expedición será posterior á da entrada en vigor da convocatoria.

    • c) Documentación acreditativa da condición de orfandade, se é o caso.

    • d) Documentación acreditativa de familia monoparental mediante certificado de convivencia e sentenza de separación/divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno/materno filiais, no caso de ser expedido por outra comunidade autónoma.

    • e) Copia da certificación académica na cal figuren as notas correspondentes ao curso escolar inmediatamente anterior a esta convocatoria para aqueles/as solicitantes que procedan doutro centro formativo. Estará exento de presentar esta certificación o alumnado dos cursos especificados no artigo 2, letra b).

    • f) Certificado da Axencia Estatal de Administración Tributaria de non ter a obriga de declarar. No suposto de que non sexa posible achegar a dita certificación na data de presentación da solicitude, por non estar dispoñible, a selección quedará condicionada á presentación desta certificación con anterioridade á incorporación no centro.

    • g) Título de familia numerosa, no caso de ser expedido por outra comunidade autónoma.

    • h) Documentación acreditativa do grao de discapacidade igual ou superior ao 33% de calquera das persoas que compoñen a unidade familiar, no caso de ser expedido por outra comunidade autónoma.

    • i) Documentación acreditativa dos estudos de bacharelato, formación profesional específica ou universitarios que estean cursando os irmás ou irmáns das persoas solicitantes, de ser o caso.

Cando este título fose emitido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, non será preciso achegalo sempre e cando se autorice expresamente no anexo I o acceso telemático a estes datos.

Non será necesario achegar os documentos que xa foxen presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

  • b) DNI ou NIE da persoa representante, se é o caso.

  • c) DNI ou NIE do resto das persoas da unidade familiar, se é o caso.

  • d) Declaración do IRPF tanto da persoa solicitante como dos demais membros que compoñen a unidade familiar obrigadas a declarar (anexo I no caso do solicitante, e anexo II para os demais membros que compoñen a unidade familiar).

  • e) Título de familia numerosa, de ser o caso.

  • f) Grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % de calquera das persoas que compoñen a unidade familiar cando sexa expedida pola Xunta de Galicia, de ser o caso (anexo II).

  • g) Certificado monoparental de convivencia e sentenza de separación/divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno/materno filiais, expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no anexo I e anexo II, respectivamente, e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

  • Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Tamén poderán presentala directamente nas secretarías dos centros residenciais correspondentes.

  • Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • Ademais, poderanse presentar solicitudes ao longo do curso escolar. Neste caso, o prazo para a presentación de solicitudes finalizará o mesmo día en que rematen os prazos de matrícula de cada modalidade de curso.

  • As persoas que no curso académico anterior tivesen praza de residencia conservarán esta para o seguinte curso dun ciclo formativo, logo da presentación da correspondente solicitude, de acordo co prazo establecido no punto 5, e sempre que acrediten o cumprimento dos requisitos académicos para o curso e non sexa repetidor/a deste.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 12 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para o acceso ás prazas de residencia e de comedor nos centros residenciais desta consellería e se convoca a oferta de prazas para o curso académico 2017/18 (DOG nº 139 do 21 de xullo de 2017).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED011A

Actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Aberto todo o ano

ED301A

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301C

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano