Guía de procedementos e servizos

ED504B

Actividades de formación en linguas estranxeiras.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 28/02/2017 00:00 - 27/03/2017 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento
O obxecto desta orde é establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2017.

Actividades de formación convocadas.

1. As actividades que se convocan, cuxo contido se especifica en canto a número de prazas, destino e réxime de aloxamento no anexo IV, son actividades de formación para a mellora na competencia no uso da lingua inglesa.

2. O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2017.

As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.

3. A xestión e organización das actividades levarase a cabo por medio de empresas coa debida cualificación, contratadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Ocuparanse de ofrecer os recursos materiais e humanos necesarios para o seu desenvolvemento, así como da contratación dunha póliza de seguros para a cobertura das persoas asistentes.

As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade, de acordo coas contías establecidas no anexo IV.

4. O custo total de cada actividade inclúe:

a) Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.

b) Os gastos de docencia e o material escolar.

c) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.

d) Os gastos de mantenza e aloxamento.

e) O certificado de realización da actividade.

f) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

Pais, nais ou titores legais, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Servizo de Programas de Formación

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546504

Fax: 981546550

http://www.edu.xunta.es/web

Servizo de Programas de Formación
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

28/02/2017 00:00 - 27/03/2017 23:59

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia

a) Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2016/17, na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2015/16.

c) Ter acadado no curso 2015/16 e na área ou materia de Lingua Inglesa, unha cualificación mínima de «Ben» no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.

d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

e) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou pasaporte. No caso do alumnado menor de 14 anos que non dispoña de documento de identidade farase constar, como documento identificativo, o do pai ou da nai ou do titor ou titora legal.

  • Coa solicitude (anexo I, modelo normalizado ED504B) achegarase a documentación que se relaciona a continuación:

    • a) Certificación de matrícula do curso 2016/17.

    • b) Certificación academica das cualificacións de todas as áreas ou materias cursadas no ano academico 2015/16 e da nota media obtida. No caso dos centros concertados, as certificacións correspondentes á educación primaria e educación secundaria obrigatoria serán asinadas polo director ou directora do centro docente co visto e prace da Inspección educativa, e no caso das ensinanzas de bacharelato, a certificación asinaraa o secretario ou secretaria do centro público en que se atope o expediente academico e co visto e prace do director ou directora dese centro.

    • c) Fotocopia do DNI ou do NIE do/a solicitante e da nai, do pai ou do titor ou titora, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

    • d) Autorización do pai, da nai ou do titor ou titora para coñecer os ingresos totais da unidade familiar, coa finalidade de poder solicitar datos de carácter tributario ou económicos da Axencia Tributaria relativos ao nivel de renda (IRPF) ou certificación, expedida pola Axencia Tributaria, dos ingresos correspondentes ao ano 2015, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

    • e) Autorización do pai, da nai ou do titor ou titora para solicitar as certificacións que deban emitir a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 20.3, en relación co artigo 10.2.e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou certificacións emitidas polas administracións correspondentes, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

      As autorizacións ás que se refiren as alíneas c) d) e e) cubriranse segundo o anexo II. Estas autorizacións, no caso de alumnado menor de idade, deberán ser asinadas polo cónxuxe ou persoa de análoga relación coa persoa representante, cuxa sinatura do anexo I comportará as autorizacións.

    • f) Fotocopia do libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar. No caso de non ter libro de familia terá que presentarse documento ou documentos que acrediten o número de membros da unidade familiar. No suposto de non convivencia de ambos os dous proxenitores, deberase acreditar que o solicitante convive cos fillos e/ou fillas.

      No caso de alegar circunstancias familiares especiais, indicadas no anexo I, deberán acreditalas documentalmente.

      No caso de divorcio ou separación legal dos pais, non se considerará membro computable aquel deles que non conviva co alumno ou alumna. Non obstante, se e o caso, terá a consideración de membro computable e sustentador principal o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación, as rendas e patrimonio se incluirán dentro do cómputo da renda e patrimonio familiar. Na medida en que a traves deste sistema a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria poida dispoñer destas informacións, non se lles exixirá ás persoas interesadas a achega individual de certificacións expedidas polas administracións correspondentes.

      No caso de viuvez, xustificarase mediante a copia do rexistro correspondente.

      No caso de titoría legal, xustificarase mediante a copia da disposición correspondente.

      Para aquelas solicitudes que non acheguen os documentos anteriormente sinalados, requirirase o interesado ou interesada para que, nun prazo de dez días naturais, emende as faltas ou remita os documentos preceptivos. De non facelo, considerarase que desistiu da súa petición e arquivarase o expediente.

    • g) No caso de alegarse, certificado de familia numerosa, só no caso de denegar expresamente a súa consulta ou cando sexa emitido por outra comunidade autónoma.

    • h) No caso de alegarse, certificado de discapacidade da persoa solicitante, da nai, do pai, ou do titor ou titora, ou de irmáns/ás menores de 25 anos ou de persoas tuteladas, que deberá acreditarse só no caso de denegar expresamente a súa consulta (anexo II) ou de ser expedidos por outra comunidade autónoma, ou certificación de pensionista de grande invalidez, que deberá acreditarse só no caso de denegar expresamente a súa consulta (anexo II).

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

    Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

    Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.

  • As persoas que desexen completar «en liña» o formulario electrónico que corresponda en función da actividade en que desexan participar, a traves da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle, unha vez cuberto este formulario, gravarán os datos na aplicación «en liña», o que xerará un documento en formato Adobe Acrobat, correspondente aos anexos I e II, que a persoa interesada deberá imprimir. A solicitude (anexo I), deberá asinala o representante (o pai, a nai ou a persoa que exerce a titoría, no caso de alumnado menor de idade) ou polo alumno ou alumna maior de 18 anos. Posteriormente e antes do remate do prazo establecido neste artigo, deberá facerse o rexistro desta solicitude, xunto co anexo II, debidamente asinado, así como a documentación complementaria necesaria, por calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse preferentemente por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamen poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo cardinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 2 de febreiro de 2017 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 40 do 27 de febreiro de 2017).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano

ED317B

Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral

Aberto todo o ano

ED434A

Homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.

ED434B

Equivalencia de estudos estranxeiros coa escolaridade dos cursos 2º ou 3º de educación secundaria obrigatoria para efectos laborais ou profesionais.