Guía de procedementos e servizos

AU208A

Concesión de augas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2016 - Prazo pechado: 05/07/2016 00:00 - 14/07/2019 23:59

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento
Se vostede, como particular ou representando unha persoa xurídica, desexa realizar un uso privativo das augas superficiais ou subterráneas para algún dos seguintes fins:

- Usos domésticos dende 50 ata 2000 persoas, constitúan ou non un núcleo habitado.

- Rega con caudal comprendido entre 4 e 8 litros/segundo.

- Acuicultura ata 100 litros/segundo.

- Outros destinos non enerxéticos, con caudal comprendido entre 2 e 5 litros/segundo.

Debe solicitar da Xunta de Galicia o inicio do procedemento e a apertura do trámite de competencias de proxectos, se fose procedente. A concesión outorgarase con carácter temporal e prazo non superior a setenta e cinco anos, segundo as previsións dos plans hidrolóxicos, e non poderá ser aplicado a outros usos distintos.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Augas de Galicia

Zona Hidrográfica de Galicia Norte

Rúa Vicente Ferrer, 2, 9ª planta

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182531 / 981182536

Fax: 981182532

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Augas de Galicia

Zona Hidrográfica de Galicia Centro

Rúa Tomiño, 16 - baixo

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544726 / 981543959

Fax: 981545347

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Augas de Galicia

Zona Hidrográfica de Galicia Sur

San Salvador,2 oficinas 4ª planta

36207  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986817141 / 986817159

Fax: 986817155

Augas de Galicia
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

05/07/2016 00:00 - 14/07/2019 23:59

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 5 de xullo de 2016.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Copia do NIF, DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.

  • Só no caso de concesión para rega, relación de parcela/s destinatarias da auga e plano/s parcelarios do Catastro só no caso de denegar a súa consulta.

  • Taxas administrativas devengadas pola tramitación da solicitude.

  • Calquera outra documentación que se considere oportuno presentar.

  • Proxecto subscrito por tecnico competente. Definiranse as obras e instalacións, indicando as propiedades particulares que se atravesen coas conducións. Xustificarase a necesidade do caudal solicitado. Indicaranse as coordenadas U.T.M. dos puntos de toma e o detalle de potabilización adoptado, cando proceda. Plano donde figurarán claramente o punto ou puntos de toma e o esquema das instalacións.

  • Certificación da non existencia de abastecemento municipal (no caso de concesión para abastecemento).

  • Xustificación da capacidade de actuar. (Nos supostos de Concellos solicitantes, de acordo coa lexislación de rexime local ou co regulamento da entidade constituída pola asociación de corporacións locais. Neste último caso, xustificarase a aprobación do regulamento).

  • Informe sanitario da Administración competente (no caso de concesión para abastecemento).

  • Censos de poboación e gandeiro (cando proceda segundo o destino das augas).

Despois de presentar

Contra a resolución deste procedemento poderá interpoñerse recurso a través de "IF321D. Recurso en materia de augas"

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (DOG nº 222 do 18 de novembro de 2010).

    • Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2016).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do Dominio Público Hidráulico, que desenvolve os títulos preliminar I, IV, V, VI e VII da Lei 29/1985, do 2 de agosto, de Augas (BOE nº 103 do 30 de abril de 1986).

    • Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Augas (BOE nº 176 do 24 de xullo de 2001).

    • Corrección de erros do texto refundido da Lei de Augas, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo (BOE nº 287, do 30 de novembro de 2001).

    • Real Decreto-Lei 4/2007, do 13 de abril, polo que se modifica o texto refundido da Lei de Augas, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo (BOE nº 90, do 14 de abril de 2007).

    • Real Decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano (BOE nº 45, do 21 de febreiro de 2003).

    • Corrección de erratas do Real Decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano (BOE nº 54, do 4 de marzo de 2003).

    • Real Decreto 1120/2012, do 20 de xullo, polo que se modifica o Real Decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano (BOE nº 207, do 29 de agosto de 2012).

    • Real Decreto 1332/2012, do 14 de setembro, polo que se aproba o Plan Hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa (BOE nº 223, do 15 de setembro de 2012).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU209A

Recoñecemento do dereito a un uso privativo de augas por disposición legal e de inscrición no libro de rexistro.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano