Guía de procedementos e servizos

PR410B

Actualización de méritos nas bolsas para a provisión temporal mediante interinidade de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional das entidades locais galegas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2026 - Prazo pechado: 04/06/2026 00:00 - 25/06/2026 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sobre o procedemento

Efectúase a presente convocatoria para a actualización das tres bolsas de ámbito autonómico que entraron en vigor o 24 de decembro de 2024 para a provisión temporal, mediante interinidade, de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia en cada unha das seguintes subescalas:

a) Secretaría-Intervención.

b) Secretaría categoría de entrada.

c) Intervención-Tesouraría categoría de entrada.

2. A presente convocatoria réxese polas disposicións contidas na Orde do 30 de novembro de 2017, da entón denominada Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se establece o procedemento para a selección e o nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional, en especial polo disposto no seu capítulo II, que establece as bases das bolsas para a selección de persoal interino.

3. Non teñen obriga de presentar nova solicitude as persoas que xa forman parte de calquera das listas correspondentes ás subescalas de Secretaría-Intervención, Secretaría categoría de entrada e Intervención-Tesouraría categoría de entrada, en virtude da Resolución do 19 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Administración Local (DOG núm. 246, do 23 de decembro), que poderán presentar únicamente solicitude de actualización de méritos, se así o consideran, de conformidade co disposto no artigo 8 desta resolución. No caso de que decidan presentar nova solicitude para mellorar a puntución obtida anteriormente ocuparán, nas novas listas refundidas que se aproben, o posto que lles corresponda conforme á puntuación que obtiveran nos procesos selectivos realizados con anterioridade ou, de ser o caso, a superior que obteñan no actual proceso selectivo.

Non obstante, aqueles que, en virtude de chamamento polas bolsas convocadas no ano 2024, estean excluídos das listas por renunciar ao destino adxudicado sen a conformidade da entidade local ou por calquera outra das causas de exclusión establecidas na Orde do 30 de novembro de 2017, da entón Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG núm. 229, do 1 de decembro), para volver formar parte das bolsas terán que presentar nova solicitude de inclusión dentro dos prazos establecidos nesta convocatoria.

4. Este procedemento habilítase na sede electrónica da Xunta de Galicia, co código PR410A para a presentación de solicitudes de novas inclusións, e co código PR410B para a presentación de solicitudes de actualización de méritos. Os formularios correspondentes están dispoñibles no enderezo https://sede.xunta.gal.

As persoas que forman parte das listas xa existentes.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Administración Local

Rúa Madrid, nº 2-4, 2º andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546579

Email: administracionlocal@xunta.gal

Dirección Xeral de Administración Local
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

04/06/2026 00:00 - 25/06/2026 23:59

O prazo para a presentación das solicitudes será de 15 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Non se admitirá actualización de méritos nos casos de exclusión definitiva por renuncia ao destino sen a conformidade da entidade local ou por calquera outra das causas de exclusión establecidas na citada Orde do 30 de novembro de 2017.

Solicitudes

1. Para a actualización de méritos deberán presentar a súa solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado PR410B, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e que se incorpora a esta resolución como anexo II.

A titulación e a formación exixidas para participar neste procedemento permite aos aspirantes acceder e dispoñer dos medios necesarios para a presentación de solicitudes e realización doutros trámites regulados nesta resolución utilizando só medios electrónicos, dando así cumprimento á previsión do artigo 14.3 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

1. As solicitudes de actualización de méritos virán acompañadas da documentación acreditativa dos novos méritos alegados:

a) Certificado da secretaría da corporación local correspondente sobre os servizos prestados en postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional en virtude de nomeamento accidental ou interino.

b) Certificación acreditativa emitida polo órgano competente dos exercicios superados da oposición de acceso á escala de funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional, onde conste a orde de convocatoria a que corresponden, así como os exercicios superados en cada caso.

2. A documentación acreditativa dos novos méritos alegados deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a citada documentación acreditativa presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código (PR410B) e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4 Neste procedemento non se require o aboamento de taxas.

Trámites administrativos posteriores

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación das solicitudes deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orden de 30 de noviembre de 2017 por la que se establece el procedimiento para la selección y nombramiento de personal interino para el desempeño de puestos reservados a personal funcionario de la Administración local con habilitación de carácter nacional (DOG nº 229 del 1 de diciembre de 2017).

    • Resolución do 19 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se efectúa a convocatoria para novas inclusións e actualización de méritos nas bolsas para a provisión temporal, mediante interinidade, de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional das entidades locais galegas (DOG nº 102 do 03 de xuño de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PR462A

Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA701C

Inicio de actividade, cese de actividade e modificación da actividade de formación do persoal encargado da realización de operacións de mantemento hixiénico-sanitario de: instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, prácticas de tatuaxe, micropigmentación, piercing e outra práctica de decoración persoal que implique a perforación da pel, mucosa ou tecidos, e aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA701D

Inicio de cursos para o personal encargado da realización de operacións de mantemento hixiénico-sanitario de: instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, prácticas de tatuaxe, micropigmentación, piercing e outras prácticas de decoración persoal que impliquen a perforación da pel, mucosas ou tecidos, e manexo de aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA850A

Solicitude de acreditación de actividades no sistema acreditador da formación continuada das profesións sanitarias a través de Saga.

Aberto todo o ano