Guía de procedementos e servizos

VI476B

Declaración responsable do laboratorio de ensaios para o control de calidade da edificación (LECCE)

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

O obxecto do presente decreto é regular as condicións exixibles para a presentación da declaración responsable das entidades de control de calidade da edificación e dos laboratorios de ensaios para o control de calidade da edificación (en diante ECCE e LECCE) con sede na Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de iniciar a súa actividade, así como regular a súa inscrición no rexistro correspondente.

O órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia para a verificación, o control e a inspección das ECCE e dos LECCE, así como para a recepción da declaración responsable que habilita para o exercicio da actividade e as consecuencias administrativas derivadas dela é o Instituto Galego da Vivenda e Solo, en diante IGVS.

Auditorías técnicas e de calidade.

1. As auditorías técnicas e de calidade son as que realizan organismos independentes para asegurar de forma voluntaria a calidade dos servizos que prestan as ECCE e os LECCE por medio de avaliacións e certificacións técnicas.

2. O IGVS, como órgano competente para fomentar e velar por un elevado nivel de calidade dos servizos que prestan as ECCE e os LECCE, poderá reducir as inspeccións cando estes axentes de control de calidade acheguen avaliacións e certificacións técnicas de auditorías. Para estes casos o IGVS establecerá mediante resolución da Dirección Xeral:

a) As condicións en que actuarán estes organismos independentes para a realización das auditorías técnicas ás ECCE e aos LECCE.

b) O recoñecemento e a inscrición destes organismos no rexistro de ECCE e LECCE da Comunidade Autónoma de Galicia como asentos complementarios, de acordo co artigo 16º deste decreto.

Unha vez presentada a declaración responsable, de acordo co artigo 8º deste decreto, xunto co xustificante de pagamento das taxas correspondentes, a Dirección Técnica de Construcións e Calidade do IGVS tramitará a alta no Rexistro de ECCE e LECCE da Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Área Central. Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541982

Email: dx.igvs@xunta.es

http://www.igvs.es

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Os laboratorios, co obxecto de exerceren a súa actividade, deberán cumprir as seguintes condicións:

a) Presentar a declaración responsable de acordo ao anexo II do presente decreto ante o IGVS, xunto co xustificante do pagamento de taxas relativas á declaración responsable de LECCE, establecidas no anexo 2 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cumprir os requisitos xerais, técnicos e de calidade establecidos para a realización dos ensaios e as probas de servizo en que vaian prestar a súa asistencia de acordo co anexo II do Real Decreto 410/2010, do 31 de marzo, polo que se desenvolven os requisitos exixibles ás ECCE e aos LECCE, para o exercicio da súa actividade.

  • Declaración responsable e modificación da declaración responsable, de laboratorios de ensaios de control de calidade e de entidades de control de calidade da edificación ( 31.22.03)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Xustificante de pagamento das taxas correspondentes (código 31.22.03)

  • Xustificante de pagamento do seguro de responsabilidade, avais ou fianzas

  • Relación dos ensaios e as normas de aplicación para as cales presta servizos, agrupados en áreas.

  • Organigrama funcional da empresa e organigrama do persoal do laboratorio, coa súa titulación, formación e experiencia.

  • Lista de maquinaria ou equipos de que dispón e as súas características técnicas.

  • De ser o caso:

  • Xustificante de selos ou certificados de calidade.

COMPROBACIÓN DE DATOS

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.

  • NIF da entidade declarante

  • DNI/NIE da persoa representante

  • NIF da entidade representante

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 31/2011, do 17 de febreiro, polo que se regulan as condicións xerais exixibles para o exercicio da actividade das entidades e dos laboratorios de ensaios para o control de calidade da edificación e a súa inscrición no rexistro correspondente (DOG nº 41 do 1 de marzo de 2011).

Outros procedementos relacionados

IN413C

Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

VI433B

Procedemento especial de innovación tipolóxica e construtiva.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

VI470B

Inscrición no directorio de axentes colaboradores en materia de rehabilitación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

VI476A

Declaración responsable da entidade de control de calidade da edificación (ECCE)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano