Guía de procedementos e servizos

TU987D

Cesamento da actividade ou reformas non substanciais dos albergues turísticos.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Este decreto ten por obxecto a ordenación dos albergues turísticos situados no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os cambios de titularidade, cambios na escritura social e aqueles outros que non supoñan reformas substanciais, así como os cesamentos de actividade, tan só requirirán da súa comunicación á Área da Axencia da provincia na que se sitúe o establecemento.

O/a empresario/a turístico que pretenda desenvolver a actividade de aloxamento turístico na modalidade de albergue turístico.

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Dirección de Competitividade

Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial

A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3

15896  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546360/ 981546364

Fax: 981546371

http://turismo.xunta.es

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Área Provincial de Turismo da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184674/ 981184681

Fax: 981184678

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Área Provincial de Turismo de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294220/ 982294227

Fax: 982889053

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Área Provincial de Turismo de Ourense

Avenida da Habana nº 81

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386043/ 988386035

Fax: 988214976

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Área Provincial de Turismo de Pontevedra

María Victoria Moreno 43 – 6º andar

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805553

Fax: 986805575

Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Este decreto entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no DOG e a comunicación efectuarase no prazo máximo de 10 días desde que se tivesen producido para os efectos da súa anotación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

Quedan excluídos do ámbito de aplicación deste decreto:

a) Os albergues de peregrinos de titularidade pública, que se rexen pola súa normativa específica.

b) Os albergues xuvenís integrados na rede de albergues de xuventude, que se rexerán pola súa normativa específica.

c) Os establecementos dedicados a aloxamentos en habitacións colectivas por motivos escolares, docentes ou sociais, tales como áreas provisionais destinadas a eventos culturais, deportivos ou recreativos, que se rexerán polas súas normas específicas.

  • Venda de libros oficiais de Levanza Obrigatoria que non teñan tarifa específica. ( 33.01.00)
  • Dilixenciado de libros. ( 30.01.00)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Comunicación segundo o Anexo V.

  • As comunicacións deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común e no artigo 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes, comunicacións e declaracións responsables será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Opcionalmente, tamen se poderán presentar as comunicacións en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia terá á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos procedementos regulados no decreto máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 48/2016, do 21 de abril, polo que se establece a ordenación dos albergues turísticos (DOG nº 85 do 4 de maio de 2016).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA002A

Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Aberto todo o ano

FA002B

Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos

Aberto todo o ano

FA004A

Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.

Aberto todo o ano