Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TU985D
Tarxeta Bono Turístico #QuedamosEnGalicia
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Presidencia da Xunta de Galicia
1. Estas bases reguladoras teñen por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a concesión do Bono turístico #QuedamosenGalicia22. Este bono turístico consistirá nunha tarxeta prepagamento para a súa utilización nos establecementos e/ou para as prestacións turísticas ofertadas polas empresas adheridas ao programa Bono turístico #QuedamosenGalicia22 e que se atopan publicadas na web da Axencia Turismo de Galicia no portal promocional de Turismo de Galicia, https://www.turismo.gal/quedamosengalicia22
2. O procedemento de concesión do Bono turístico #QuedamosenGalicia22 é de outorgamento de subvencións en concorrencia non competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, atendendo á orde de presentación de solicitudes ata o esgotamento do crédito previsto na presente resolución.
3. Non obstante, naqueles supostos en que se lles requira aos solicitantes a emenda de erros ou omisións na solicitude ou na documentación presentada, de ser o caso, ou se presenten documentos posteriores, entenderase por rexistro de entrada da solicitude a data en que o dito requirimento estea correctamente atendido.
Persoas físicas maiores de idade.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Xerencia da Axencia de Turismo de Galicia
A Barcia. Estrada Santiago Noia, km. 3
15897 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 012 e o 900815334
Email: info-galiciadestinoseguro@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
21/03/2022 00:00 - 02/05/2022 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes desta convocatoria comezará ás 00.00 horas do día 21 de marzo e rematará o día 2 de maio de 2022.
1. Poderán ser beneficiarias deste Bono turístico #QuedamosenGalicia22 as persoas físicas maiores de idade que estean empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Cada persoa física unicamente poderá solicitar e ser adxudicataria dun Bono turístico #QuedamosenGalicia22.
3. Non poderán solicitar nin ser beneficiarias desta nova edición do Bono turístico #QuedamosenGalicia22 as persoas que xa resultaron beneficiarias na segunda edición do Bono turístico (#QuedamosenGalicia21).
Solicitudes.
1. As persoas interesadas que desexen optar ao Bono turístico #QuedamosenGalicia22 deberán presentar a súa solicitude, conforme o modelo do anexo II, obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Para estes efectos, enténdese que queda acreditado que as persoas solicitantes gozan do acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios por razón da súa capacidade técnica en virtude do artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. As solicitudes presentadas ao abeiro da presente resolución terán o carácter de declaración responsable, segundo o disposto no artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
De conformidade co dito precepto, a inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial de calquera dato ou información que se incorpore a unha declaración responsable ou a unha comunicación, así como a non presentación ante a Administración competente da declaración responsable, da documentación que sexa, se é o caso, requirida para acreditar o cumprimento do declarado ou da comunicación, determinará a imposibilidade de continuar co exercicio do dereito ou actividade afectada desde o momento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades que correspondan.
Igualmente, a Administración pública poderá determinar a obrigación do interesado de restituír a situación xurídica ao momento previo ao recoñecemento ou ao exercicio do dereito ou ao inicio da actividade correspondente.
3. No anexo II recóllense as seguintes declaracións:
a) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
b) Non estar incursa en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiario dunha subvención, particularmente as referidas a estar ao día nas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e estar ao día no pagamento das obrigas por reintegro de subvencións.
c) Que todos os datos contidos nesta solicitude son certos.
4. As persoas solicitantes poderán consultar o estado da súa solicitude na mesma sede electrónica (https://sede.xunta.gal/chave365), a través de «A miña sede», consultando o estado do procedemento.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.
‒ DNI/NIE da persoa solicitante.
‒ DNI/NIE da persoa representante.
‒ Certificado de empadroamento en vigor no momento da presentación da solicitude.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes, sen que este feito afecte a preferencia derivada da presentación inicial.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
Prazo de resolución: Non especificado
Sentido do silencio:
Negativo
- Finalización
- Renuncia (Anexo III)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 17 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, da tarxeta Bono turístico #QuedamosenGalicia22 e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 54 do 18 de marzo de 2022).
-
Extracto da Resolución do 17 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, da tarxeta Bono turístico #QuedamosenGalicia22 e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 54 do 18 de marzo de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.
Aberto todo o ano
Permiso de apertura e inscrición da autorización de instalación dunha sala de bingo en Galicia.
Aberto todo o ano
Autorización modificación de sala de bingo.
Aberto todo o ano
Cancelación da inscrición de sala de bingo.
Aberto todo o ano