Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TU400A
Declaración de municipio turístico.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Presidencia da Xunta de Galicia
Regular os requisitos, os elementos de valoración e os efectos da declaración de municipio turístico, así coma o procedemento para obter tal declaración, a súa vixencia e a perda da condición de municipio turístico.
Municipios que, por contar con recursos ou servizos turísticos de especial relevancia e cumprir os requisitos e servizos mínimos establecidos neste decreto, presenten un gran potencial turístico para Galicia.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Secretaría de Coordinación Económica e Administrativa
A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546366/ 881997594
Fax: 981546647
Email: secretaria.turismo@xunta.es
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Área Provincial de Turismo da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184674/ 981184681
Fax: 981184678
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Área Provincial de Turismo de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294220/ 982294227
Fax: 982889053
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Área Provincial de Turismo de Ourense
Avenida da Habana nº 81
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386069/ 988386035
Fax: 988214976
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Área Provincial de Turismo de Pontevedra
María Victoria Moreno 43 – 6º andar
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805553
Fax: 986805575
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Aberto todo o ano. O decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade co artigo 27 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, poderán solicitar a declaración de municipios turísticos aqueles que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que a media ponderada anual de poboación turística sexa superior ao 25 % do número de veciños/as.
b) Que o número de prazas de aloxamento turístico e de prazas de segunda residencia sexa superior ao 50 % do número de veciños/as.
c) Que acrediten contar, dentro do seu territorio, con algún recurso ou servizo turístico susceptible de producir unha atracción turística que xere unha cantidade de visitantes cinco veces superior á súa poboación, computada ao longo dun ano e repartida, cando menos, en máis de trinta días.
Os municipios turísticos deberán prestar, como mínimo, os servizos previstos no artigo 28 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
Certificación municipal do acordo plenario referente á formulación da solicitude.
Respecto da poboación e número de prazas:
Certificación municipal do número de veciños/as que conforman o padrón municipal de habitantes.
Certificación municipal acreditativa da afluencia turística anual ao concello, desagregada por meses, e na cal se describirán os criterios utilizados para efectuar esa cuantificación.
Certificación municipal do número de prazas de segunda residencia.
Certificación municipal da relación de prazas de aloxamento turístico do municipio, segundo a enumeración que se efectúa no artigo 55 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, ás cales se lles teña outorgado a licenza municipal de apertura cando esta sexa preceptiva.
No referente aos recursos turísticos do municipio:
Relación dos recursos ou servizos turísticos susceptibles de produciren unha atracción turística de visitantes.
Certificación municipal acreditativa do número de visitantes atraídos por tales recursos turísticos nunha cantidade cinco veces superior á poboación do municipio. Tal cantidade computarase durante un ano e repartirase, cando menos, en máis de trinta días. Deberán constar os criterios utilizados para efectuar esa cuantificación.
Certificación ou certificacións municipais acreditativas da prestación dos servizos mínimos a que se refire o número 2 do artigo 5 por parte do municipio, en que se constate o seguinte:
1º. Rede de sumidoiros existente, con descrición da súa cobertura no termo municipal.
2º. Respecto ao tratamento de augas residuais: sistema de depuración utilizado, estacións depuradoras que se atopen en funcionamento e descrición da súa cobertura no termo municipal.
3º. Prestación do servizo de recollida e tratamento de residuos con descrición da súa cobertura no termo municipal. Especificarase a incorporación ou non do concello ao Plan de residuos da Xunta de Galicia.
4º. En relación coa protección da salubridade pública e da hixiene: servizos que se atopan en funcionamento e medidas adoptadas polo concello, especialmente naquelas datas en que se produce unha maior afluencia turística.
5º. No referente á seguridade cidadá en lugares públicos: existencia ou non dun corpo de policía local, con descrición do seu esquema organizativo, cadro de efectivos e plan de actuación vixente, especialmente nas epocas de maior afluencia turística; e existencia ou non dunha xunta local de seguridade.
6º. En canto á protección civil: sistema organizativo existente e plans municipais homologados.
7º. Respecto da ordenación urbanística: desenvolvemento de políticas activas en infraestruturas e urbanismo para favorecer contornos agradables e turisticamente atractivos, especialmente nos núcleos históricos, conservando os tipos arquitectónicos galegos.
8º. En relación coas funcións ambientais: medidas efectivas adoptadas e efectuadas polo concello en relación cos espazos naturais con algún tipo de protección ambiental do seu termo municipal, así como aqueloutras medidas tendentes á protección, recuperación, conservación e posta en valor do seu patrimonio natural.
9º. En canto á protección dos recursos turísticos do concello: medidas efectivas adoptadas e efectuadas polo concello para a defensa, acondicionamento e restauración do patrimonio cultural e urbano, en relación cos bens que integran o patrimonio cultural de Galicia, segundo a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, que así figuren no planeamento municipal ou nas normas complementarias e subsidiarias de planeamento da provincia correspondente.
10º. Sobre a sinalización turística e de información xeral: xustificación por parte do concello do cumprimento do Decreto 85/2012, do 16 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 138/2008, do 22 de maio, polo que se regula a sinalización turística de Galicia, e se aproba o Manual de sinalización turística de Galicia.
11º. A existencia no concello dunha oficina de información turística, que deberá estar aberta todo o ano e contar con persoal cualificado para desempeñar esta tarefa, así coma un servizo de acceso á internet, de utilización momentánea, na devandita oficina ou noutros puntos de consulta abertos ao público.
12º. Promoción dos recursos turísticos do concello: actuacións en materia de promoción do municipio nos distintos soportes.
Se e o caso, documentación acreditativa dos elementos de valoración establecidos no artigo 6.
Calquera outro documento que, a xuízo da corporación local, se considere conveniente achegar co fin de xustificar o cumprimento dos requisitos exixidos legalmente para a declaración de municipio turístico.
A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
No caso de que algún dos documentos que presente o/a solicitante supere os tamaños límite establecidos ou estea en formatos non admitidos pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
- Inicio
- Documento de solicitude
Prazo de resolución: 5 meses.
Sentido do silencio: Negativo.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 32/2015, do 19 de febreiro, polo que se regula a declaración de municipio turístico (Dog, nº 41, do 2 de marzo de 2015).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para espectáculos públicos e actividades recreativas.
Aberto todo o ano
Declaración de festa de interese turístico de Galicia.
Aberto todo o ano
Alta / baixa / modificación de datos na Ruta dos Xardíns da Camelia.
Aberto todo o ano
Cesión do uso de instalacións xuvenís da administración galega para a realización de programas de lecer educativo e de tempo libre.
Prazo pechado: 02/05/2025 00:00 - 12/05/2025 23:59