Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TU200C
Bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalería de Galicia (bolsas excelencia académica)
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Presidencia da Xunta de Galicia
A concesión de 8 bolsas para o grao en Xestión de Empresas Hostaleiras para o alumnado que acredite unha cualificación na proba de acceso á universidade (PAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 8 puntos. A bolsa supón un desconto do 100 % do prezo da matrícula ordinaria e o desconto do 100 % no prezo do aloxamento na residencia do CSHG en cuarto compartido con pensión completa.
Alumnado do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG).
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Dirección de Profesionalización
A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3
15896 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981542559/ 981542593
Email: info.cshg@xunta.gal
http://www.cshg.gal
Prazo de presentación: PECHADO
04/06/2026 00:00 - 03/07/2026 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Requisitos xerais
Para poder optar á concesión dunha bolsa de nova adxudicación ou renovación deberán cumprirse as seguintes condicións:
1. Ter nacionalidade española, ou posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. Neste último caso requirirase que o/a propio/a estudante ou os seus proxenitores/titores ou representante legal se encontren traballando en España. De conformidade co disposto na Lei 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, na redacción dada pola Lei orgánica 8/2000, do 22 de decembro, os/as estudantes estranxeiros/as non comunitarios/as deberán acreditar a súa condición de residentes, e quedará excluído de concorrer a estas bolsas quen se encontre en situación de estancia.
2. Ter solicitada a preadmisión no curso 2026/27 nalgunha das titulacións que imparte o CSHG (formulario dispoñible en www.cshg.gal).
3. Non ter unha exención de matrícula establecida normativamente.
4. Non estar incurso/a en ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Requisitos específicos segundo o tipo de bolsas e titulación
a) Becas de excelencia académica para estudios de grado en gestión de empresas hosteleras:
• Acreditar una calificación en la prueba de acceso a la universidad (PAU) o en otras enseñanzas que le permitan el acceso, con exclusión de la calificación de la fase específica, igual o superior a 8 puntos antes de que finalice el plazo de solicitud de estas becas.
b) Renovación de las becas de excelencia:
• Cumplir los requisitos para matricularse en el curso completo 2026/27.
• Obtener una nota media en el curso anterior de un 20 % igual o superior a la media del curso.
Solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ( anexo III) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Debido á capacidade técnica das persoas físicas beneficiarias das presentes bolsas, que deben reunir a condición de alumnado que reúne os requisitos para o acceso á universidade ou xa é alumnado universitario, considérase que teñen acceso e dispoñibilidade suficiente aos medios electrónicos necesarios para realizar todos os trámites electronicamente no presente procedemento.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. As persoas solicitantes deberán declarar responsablemente, consonte o cadro de declaración do anexo II e anexo III:
a) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
b) Que se compromete a cumprir a normativa estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións.
c) Que, en relación con outras subvencións, axudas, recursos ou ingresos concedidos ou solicitados procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, solicitaron e/ou se lle concederon outras subvencións, axudas, recursos ou ingresos que financien o custo da matrícula solicitada, ou non.
d) Que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
e) Que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme ao artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ao artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
g) Que está ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
h) Que ten solicitada a preadmisión no curso 2026/27 nalgunha das titulacións que imparte o CSHG.
Documentación complementaria
1. No caso das bolsas de excelencia académica para o grao en xestión de empresas hostaleiras, as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo III), a cualificación na proba de acceso á universidade (PAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 8 puntos.
2. No caso das persoas solicitantes que aspiren á renovación da bolsa de excelencia académica para o grao en xestión de empresas hostaleiras, deberán achegar a solicitude (anexo III).
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitárselle novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente, para todas as persoas solicitantes, os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto de membros da unidade familiar.
– DNI ou NIE da persoa representante.
– NIF da entidade representante.
– Certificado de residencia con data da última variación do padrón da persoa solicitante e de todos os membros da unidade familiar, no caso das bolsas ordinarias.
– Certificacións catastrais literais da persoa solicitante e de todos os membros da unidade familiar, no caso das bolsas ordinarias.
– Certificación de que a persoa solicitante está ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
– Certificación de que a persoa solicitante está ao día no pagamento coa Seguridade Social.
– Certificación de que a persoa solicitante está ao día no pagamento coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).
– Comprobación de subvencións e axudas públicas concedidas.
– Certificado de inhabilitación para obter subvencións e axudas.
– Nivel de renda da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade familiar, no caso das bolsas ordinarias.
– Nota media obtida no curso anterior, no caso de renovación das bolsas de excelencia académica.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente, e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase Posterior
- Documento de Renuncia (Anexo V)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 19 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o curso 2026/27 (DOG nº 102 do 03 de xuño de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema Universitario de Galicia.
Prazo aberto: 06/08/2026 00:00 - 06/10/2026 23:59
Formación práctica de alumnos en centros asistenciais dependentes do Servizo Galego de Saúde.
Aberto todo o ano
Premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado universitario
Prazo pechado: 27/01/2026 00:00 - 26/02/2026 23:59
Axudas ao alumnado das universidades do SUG para estadías noutros países co obxecto de coñecer a súa lingua durante o verán.
Prazo pechado: 04/02/2026 00:00 - 03/03/2026 23:59