Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TU100A
Axudas en réxime de concorrencia non competitiva destinadas a concellos de Galicia para a reposición da sinalización turística afectada polos incendios do mes de outubro de 2017.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Presidencia da Xunta de Galicia
Convócanse as axudas en réxime de concorrencia non competitiva destinadas a concellos de Galicia para a reposición da sinalización turística afectada polos incendios.
As subvenciones reguladas por estas bases teñen por obxecto o outorgamento de axudas específicas para sufragar os gastos derivados da reposición da sinalización turística danada como consecuencia dos incendios.
Poderán ser beneficiarios das subvencións convocadas os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia afectados pola vaga de incendios que se produciron en Galicia no mes de outubro de 2017.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3
15896 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546363/ 981546364
Fax: 981546371
Email: xerencia.turismo@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
31/10/2017 00:00 - 30/11/2017 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Solicitude segundo o Anexo I.
Certificación emitida pola persoa secretaria da entidade local solicitante , na cal se faga constar:
O acordo do órgano competente da entidade local polo cal se solicita a subvención para as actuacións que se pretenden executar ao abeiro desta orde, no que deberá constar expresamente que se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na orde, e consignar a denominación e o orzamento de cada unha das actuacións que integren o proxecto, así como o orzamento total.
A remisión das contas da entidade local ao Consello de Contas de Galicia, correspondentes ao exercicio orzamentario de 2015.
A plena dispoñibilidade da entidade solicitante sobre os inmobles onde se pretenden realizar as actuacións.
Memoria xustificativa da necesidade das actuacións de reparación dos danos para as cales solicitan subvención, asinada polo/a representante da entidade local.
Nas solicitudes para obras deberá achegarse o proxecto ou anteproxecto da/s obra/s que se vaian realizar co seguinte contido mínimo:
Memoria explicativa.
Orzamento detallado.
Planos a escala suficiente.
No suposto de obras realizadas con anterioridade a entrada en vigor desta Orde, documentación xustificativa que acredite a súa execución.
A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365
(https://sede.xunta.gal/chave365).
Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada.
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017 (DOG nº 200 do 20 de outubro de 2017).
-
Orde conxunta do 27 de outubro de 2017 mediante a que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017 (DOG nº 206 do 30 de outubro de 2017).
-
Resolución do 20 de xuño de 2018 pola que se dá publicidade ás axudas destinadas a concellos de Galicia para a reposición da sinalización afectada polos incendios, concedidas ao amparo da sección segunda da Orde conxunta do 27 de outubro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro de 2017 (TU100A) (DOG nº 124 do 29 de xuño de 2018).
-
Corrección de erros. Resolución do 20 de xuño de 2018 pola que se dá publicidade ás axudas destinadas a concellos de Galicia para a reposición da sinalización afectada polos incendios, concedidas ao abeiro da sección segunda da Orde conxunta do 27 de outubro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro de 2017 (DOG nº 134 do 13 de xullo de 2018).
-
Resolución do 3 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade das solicitudes de axuda denegadas tramitadas ao abeiro da Orde conxunta do 27 de outubro de 2017, mediante a cal se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017, dentro das axudas destinadas á reparación dos danos nas explotacións agrícolas e gandeiras polos incendios correspondentes ao ámbito competencial desta consellería (DOG nº 77 do 23 de abril de 2019).
-
Resolución do 3 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade das solicitudes de axuda denegadas tramitadas ao abeiro da Orde conxunta do 27 de outubro de 2017, mediante a cal se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017, dentro das axudas destinadas á reparación dos danos nas explotacións agrícolas e gandeiras polos incendios correspondentes ao ámbito competencial desta consellería (DOG nº 77 do 23 de abril de 2019).
-
Corrección de erros. Resolución do 3 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade das solicitudes de axuda denegadas tramitadas ao abeiro da Orde conxunta do 27 de outubro de 2017, mediante a cal se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017, dentro das axudas destinadas á reparación dos danos nas explotacións agrícolas e gandeiras polos incendios correspondentes ao ámbito competencial desta consellería (DOG nº 82 do 30 de abril de 2019).
-
Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade da relación das persoas ou entidades beneficiarias de varios programas de axudas concedidos ao abeiro das convocatorias realizadas no ano 2018 (DOG nº 140 do 24 de xullo de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración de concello emprendedor.
Aberto todo o ano
Colaboración entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o plan HURBE.
Aberto todo o ano
Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia destinadas ás entidades locais.
Prazo aberto: 04/12/2025 00:00 - 11/09/2026 23:59
Declaración urxente de ocupación de bens de expropiación.
Aberto todo o ano