Guía de procedementos e servizos

TR820H

Solicitude de prórroga de ERTE.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 01/10/2021 00:00 - 15/10/2021 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Sobre o procedemento

Esta orde ten por obxecto regular o procedemento e aprobar e dar publicidade ao modelo normalizado (código de procedemento TR820H) para a súa tramitación por medios electrónicos, sobre a solicitude de prórroga nos expedientes de regulación temporal de emprego que estean vixentes a data de 30 de setembro de 2021 en base ao disposto nos artigos 1 e 2 do Real Decreto-lei 11/2021, de 27 de maio, sobre medidas urxentes para a defensa do emprego, a reactivación económica e a protección dos traballadores autónomos e de aqueles aos que resulte de aplicación o artigo 23 do Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer frente ao impacto económico e social do COVID-19.

Persoas físicas (traballadores autónomos) e xurídicas (empresas).

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Subdirección Xeral de Relacións Laborais

Ed. Administrativo San Lázaro, s/n - planta 0

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544615

Email: relacionslaborais.emprego@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º - Centro comercial de Elviña

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981185895/ 981185896/ 981185897

Email: stes.ctb.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Lugo

Ronda da Muralla nº 70 baixo

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294331, 982294329

Email: stes.traballo.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense

Avda. da Habana, nº 79 - 7ª E

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386402/ 988386815/ 988386401

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo

Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817685, 986817009

Email: relacions-laborais.emprego.vigo@xunta.gal

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

01/10/2021 00:00 - 15/10/2021 23:59

O prazo de presentación da solicitude comezará o día 1 de outubro de 2021 e rematará o 15 de outubro de 2021

Forma e prazo de presentación.

A solicitude de prórroga deberá facerse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I), dispoñible na Sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das  Administracións Públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase  como data de presentación da comunicación aquela na que fora realizada a emenda.

Para  a presentación electrónica poderase  empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica de a Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar xunto á solicitude os seguintes documentos:

- Relación das horas ou días de traballo suspendidos ou reducidos durante os meses de xullo, agosto e setembro de 2021 de cada unha das persoas traballadoras, debidamente identificadas en relación con cada un dos centros de traballo.

- No caso de expedientes aos que resulte de aplicación o artigo 23 do RD-lei 8/2020, de 17 de marzo, informe da representación das persoas traballadoras coas que se negociou o ERTE.

2. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, se lle requirirá para que a emenda a través  da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fora realizada a emenda.

As persoas interesadas  responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento ou esixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que  poderán requirir a exhibición do documento ou da a información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente si se dispón  del.

4. No caso de que algún  dos documentos para presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia,  permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia

Comprobación de datos.

1. Para  a tramitación deste procedemento  consultaranse  automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder de a Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas salvo que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– Documento acreditativo da personalidade da persoa solicitante, consistente no NIF no caso de persoas xurídicas e DNI ou NIE no caso de traballadores/as autónomos/as con persoas traballadoras contratadas.

– DNI, ou NIE da persoa representante.

– NIF da entidade representante.

2.  No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude  deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica  da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Segundo a disposición adicional cuarta do Real Decreto-Lei 18/2021, do 28 de setembro, de medidas urxentes para a protección do emprego, a recuperación económica e a mellora do mercado de traballo, as empresas deberán presentar ante a sede electrónica do Ministerio de Traballo e Economía Social unha listaxe de persoas traballadoras previa á solicitude das medidas extraordinarias en materia de cotización e de prestacións por desemprego.

Nesta ligazón atópase toda a información relativa a esta comunicación ao Ministerio de Traballo e Economía Social.

Esta relación de persoas traballadoras non se enviará á Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

A autoridade laboral dictará resolución no prazo de dez días hábiles dende a presentación da solicitude por parte da empresa.

Sentido do silencio:

Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 30 de setembro de 2021 pola que se regula o procedemento e se aproba e se dá publicidade ao modelo de solicitude de prórroga de expedientes relativos a procedementos de regulación de emprego vinculados á COVID-19 vixentes na data do 30 de setembro de 2021 (DOG nº 190 do 1 de outubro de 2021).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto-ley 18/2021, de 28 de septiembre, de medidas urgentes para la protección del empleo, la recuperación económica y la mejora del mercado de trabajo (BOE nº 233 de 29 de septiembre de 2021)

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

TR803B

Desprazamento de persoas traballadoras no marco dunha prestacion de servizos transnacional.

Aberto todo o ano

TR820A

Inicio de expedientes de regulación de emprego.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR820B

Decisión empresarial de expedientes de regulación de emprego.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR820C

Expedientes de regulación de emprego-constatación causa de forza maior.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano