Guía de procedementos e servizos

TR806A

Depósito de actas de eleccións sindicais.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Aberto todo o ano

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Acceda ao taboleiro de eleccións sindicais de Galicia a través desta ligazón.

Que é e para que serve

A partir do 2 de xaneiro de 2025, a habilitación dos libros de subcontratación solicitarase obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento TR350D.

Para a habilitación do libro de subcontratación a persoa contratista deberá ter previamente comunicada a apertura ou reanudación da actividade no centro de traballo.

Ten por finalidade establecer as bases para promover a realización de eleccións a delegados de persoal e membros de comités de empresa. Os promotores comunicarán á oficina pública dependente da autoridade laboral e á empresa o seu propósito de levar a cabo eleccións nun prazo mínimo dun mes de antelación ó inicio do proceso electoral.

* Unha vez realizado o proceso electoral, o presidente da mesa presentará, na oficina pública de rexistro da provincia e no prazo de 3 días, a acta electoral, as papeletas dos votos nulos ou impugnados e a acta de constitución da mesa. O presidente poderá delegar por escrito nalgunha persoa que forme parte da mesa.

Quen pode solicitalo
Os seguintes colectivos:

- Organizacións sindicais mais representativas.

- Organizacións sindicais que conten cun mínimo dun 10% de representantes na empresa.

- Traballadores do centro de traballo por acordo maioritario.

Requisitos

Deberán comunicarllo á dirección de empresa e o Servizo de Relación Laborais. Tras este comunicado constituirase a Deberán comunicarllo á dirección da empresa e ao Servizo de Relacións Laborais. Tras este comunicado constituirase a mesa electoral marcando o inicio do proceso electoral. Toda a información obtida no proceso electoral débelle ser comunicada á autoridade laboral, quedando así debidamente arquivada e rexistrada na oficina pública de Rexistro de eleccións sindicais dependente das xefaturas territoriais desta consellería.
Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Como se tramita

Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:

  • Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.

Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:

  • Persoas xurídicas.
  • Entidades sen personalidade xurídica.
  • Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
  • Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
  • Traballadores e traballadoras autónomos.
  • Estudantes universitarios.
  • Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.

Tramitar en liña

A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña:

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.

Tramitar presencialmente

Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.

Podes presentar a solicitude en:

  • As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
  • As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
  • As oficinas de Correos.
  • As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
  • Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.

As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Que documentación hai que presentar

A partir do 2 de xaneiro de 2025, a habilitación dos libros de subcontratación solicitarase obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento TR350D.

Para a habilitación do libro de subcontratación a persoa contratista deberá ter previamente comunicada a apertura ou reanudación da actividade no centro de traballo.

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • DOCUMENTOS DE ELECCIÓNS SINDICAIS A REPRESENTANTES NUNHA EMPRESA:

    • Copia do DNI ou NIE, só no caso de non autorizar a súa consulta.

    • Preaviso de eleccións sindicais.

    • Acta de constitución da mesa electoral.

    • Acta de escrutinio de delegados de persoal.

    • Acta de escrutinio de membros de comites de empresa.

    • Acta global de escrutinio de membros de comites de empresa.

    • Datos referidos ao proceso electoral.

    • Presentación de candidaturas.

    • Certificado da mesa electoral sobre resultado das eleccións.

    • Copia do NIF de persoa xurídica, só no caso de non autorizar a súa consulta.

  • DOCUMENTOS DE ELECCIÓNS SINDICAIS A REPRESENTANTES DE FUNCIONARIOS/AS:

    • Copia do DNI ou NIE, só no caso de non autorizar a súa consulta.

    • Comunicación da realización das eleccións.

    • Lista de electores.

    • Acta de constitución da mesa electoral.

    • Eleccións a órganos de representación dos/as funcionarios/as públicos.

    • Presentación de candidaturas.

    • Acordo de proclamación de candidaturas.

    • Acta de escrutinio para delegados de persoal.

    • Acta parcial de escrutinio de xuntas de persoal.

    • Acta global de escrutinio de xuntas de persoal.

    • Acta global de escrutinio de membros de comite de empresa.

    • Remisión da acta global de escrutinio.

    • Certificado dos resultados electorais.

Anexos

Que vai pasar despois de que o presente

A partir do 2 de xaneiro de 2025, a habilitación dos libros de subcontratación solicitarase obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento TR350D.

Para a habilitación do libro de subcontratación a persoa contratista deberá ter previamente comunicada a apertura ou reanudación da actividade no centro de traballo.

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Subdirección Xeral de Relacións Laborais

Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957752/ 981544615

Fax: 981957751

Email: dxtes.ctb@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña

Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.M.A.C.) - A Coruña

Travesía Victoria Fernández España, s/n

15002  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182388/ 981182393

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Lugo

Ronda da Muralla nº 70 baixo

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294385

Fax: 982294258

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense

Avda. da Habana, nº 79 - 6º

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386196/ 988386839

Fax: 988386838

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo

Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817008

Fax: 986817010

Órgano responsable

Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015). Ligazón á normativa

    • Orde do 4 de setembro de 2013 pola que se regula o rexistro das actas de designación de delegados e delegadas de prevención de riscos laborais (DOG nº 185 do 27 de setembro de 2013). Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal
    • Lei Orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de Liberdade Sindical (BOE nº 189 do 8 de agosto de 1985). Ligazón á normativa

    • Lei 9/1987, do 12 de maio, de Organos de Representación, Determinación das Condicións de Traballo e Participación do Persoal ao servizo das Administracións Públicas (BOE nº 144 do 17 de xuño de 1987). Ligazón á normativa

    • Real Decreto 1844/1994, do 9 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de eleccións a órganos de representación dos traballadores na empresa (BOE nº 219 do 13 de setembro de 1994). Ligazón á normativa

    • Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores (BOE nº 75 do 29 de marzo de 1995). Ligazón á normativa

    • Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público (BOE nº 89 do 13 de abril de 2007). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

DE500A

Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

DE500B

Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR701H

Actuacións dos GDR Programa LEADER PEPAC 2023-2027.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59

MR701I

Actuacións de animación, formación e cooperación (ICE).

Tramitar en liña

Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59