Guía de procedementos e servizos

TR805A

Depósito de estatutos de organizaciones empresariales y sindicales.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento
Os estatutos constitúen a norma interna fundamental das organizacións tanto empresariais como sindicais e deberán observar un contido mínimo que asegure o seu correcto funcionamento sen que se requiran intervencións legais.

O presente procedemento regula o depósito dos estatutos das organizacións empresariais e sindicais para a consecución da súa personalidade xurídica e a plena capacidade de obrar.

Os/as promotores/as dunha organización empresarial ou sindical que se acaba de constituír e que o seu ámbito territorial estea dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Subdirección Xeral de Relacións Laborais

Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957752/ 981544615

Fax: 981957751

Email: dxtes.ctb@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º - Centro comercial de Elviña

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881582/ 981185893

Fax: 981881581

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Lugo

Ronda da Muralla nº 70 baixo

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294385

Fax: 982294258

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense

Avda. da Habana, nº 79 - 6º

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386196/ 988386839

Fax: 988386838

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo

Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817008/ 986817016

Fax: 986817010

Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Presentar os seus estatutos e a acta de constitución (tres orixinais de cada) ante o correspondente rexistro das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar ou da Dirección Xeral de Relacións Laborais, segundo o ámbito territorial ao que corresponda, para que este rexistro proceda á súa revisión e posterior depósito adquirindo así, personalidade xurídica e plena capacidade de obrar. Do depósito de estatutos darase publicidade no BOP ou no DOG, respectivamente.

Para a constitución de calquera organización, tanto empresarial como sindical, o número mínimo de persoas (físicas ou xurídicas, segundo o caso) deberá ser de tres.

No caso das organizacións sindicais:

- As persoas que as promovan deberán acreditar, de xeito efectivo, a condición de traballadoras por conta allea en activo, polo tanto, as que teñan a condición de autónomas, como desempregadas e xubiladas, non poden ser promotoras dunha organización sindical.

No caso das organizacións empresariais:

- Para que unha organización teña a consideración de empresarial deberá estar integrada por empresarios no sentido laboral do termo; isto é, con traballadores ao seu cargo, polo que, os promotores deste tipo de asociación haberán acreditar a súa condición de empresarios mediante a oportuna achega dos respectivos modelos TC2 de cotización a Seguridade Social ou calquera outra documentación que o acredite.

- Así mesmo, deberán acreditar que as organizacións que a compoñen pertencen ao ámbito territorial e funcional correspondente.

- Ao tratarse dun rexistro regulado pola normativa laboral, estas organizacións, segundo a Sentenza do Tribunal Supremo, Sala do Social, do 25.01.1999:

“As asociacións empresariais han de estar proxectadas para intervir nas relacións laborais, contribuíndo, como di o artigo 7 CE, en paralelo cos sindicatos, á defensa e promoción dos intereses económico e sociais que lle son propios. Os medios típicos de acción das asociacións empresariais son a negociación colectiva laboral, o plantexamento de conflictos colectivos de traballo, o diálogo social e a participación institucional nos organismos públicos das Administracións laborais.

(...) unha asociación de empresarios que non estea deseñada para desenvolver estas actividades no campo das relacións laborais non é unha asociación empresarial no sentido estricto que ten a expresión no noso ordenamento, polo que queda fóra, por razón da materia da competencia da xurisdicción social”.

En consecuencia, para que unha asociación sexa considerada empresarial, entre outros fins, deberá incluír o sinalado pola TST de 25.01.1999, que interpreta que son fins propios das asociacións empresariais:

”A defensa e promoción dos intereses económicos e sociais que lle son propios, sendo os medios típicos de acción a negociación colectiva laboral, a presentación de conflitos colectivos de traballo, o diálogo social e a participación institucional nos organismos públicos das administracións laborais”.

- Non obstante, e no caso de que os compoñentes desta asociación sexan autónomos, a Lei 20/2007, de 11 de xullo, do Estatuto do traballador autónomo, no seu artigo 20 establece “As asociacións profesionais de traballadores autónomos constituiranse e se rexerán polo previsto na Lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación...”. Neste mesmo artigo, apartado 3 di “... as asociacións profesionais de traballadores autónomos deberán inscribirse e depositar os seus estatutos no rexistro especial da oficina pública establecida ao efecto... Dito rexistro será específico e diferenciado do de calquera outras organizacións sindicais, empresariais ...”

Actualmente, o Servicio dos Autónomo, Inserción Laboral e Calidade do Emprego, dependente da Dirección Xeral de Promoción do Emprego desta Consellería de Traballo e Benestar, é a oficina pública á que lle compete o rexistro e depósito das citadas asociacións de traballadores autónomos.

Así mesmo, as normas estatutarias deben conter polo menos:

- A denominación da organización, que non poderá coincidir con outra legalmente inscrita, deberá expresar a súa condición de empresarial ou sindical, o ámbito territorial e o ámbito funcional.

- Domicilio

- Ámbito territorial.

- Ámbito funcional, é dicir, a delimitación concreta do sector ou actividade económica na que se desenvolven as súas actuacións.

- Órganos de representación, goberno e administración e o seu funcionamento, que deberá estar suxeito a principios democráticos.

- Requisitos e procedementos para a adquisición e perda da condición de afiliados.

- Réxime de modificación de estatutos, fusión e disolución.

- Réxime económico da organización:

 Carácter dos recursos.

 Procedencia

 Destino

 Medios que permitan a quen se afilie coñecer a situación económica da organización de que se trate.

  • Organizacións empresariais:

    • Impreso de solicitude cos datos debidamente cubertos.

    • Documento acreditativo do pagamento das taxas de inscrición.

    • Fotocopia do DNI da persoa lexitimada para presentar a documentación, no caso de que esta non autorice expresamente a comprobación dos datos por medio do acceso telemático ao sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio da Presidencia.

    • Tres (3) exemplares orixinais, da acta ou certificado do acordo de constitución asinados en todas as súas follas polos promotores da organización.

    • Tres (3) exemplares orixinais dos estatutos asinados en todas as súas follas polos promotores da organización.

    • Fotocopia do DNI das persoas que asinan como promotoras ou representantes legais destas, no caso de que ditas persoas non autoricen expresamente, mediante escrito asinado por elas, a comprobación dos datos por medio do acceso telemático ao sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio da Presidencia.

    • Copia da escritura de constitución das entidades que actúan como promotoras onde figuren as persoas que asinan no seu nome.

    • Modelos TC2 (relación nominal de traballadores) de cada entidade que acredite a condición de empresa desde o punto de vista do artigo 1.1 do Estatuto dos traballadores.

  • Organizaciones sindicais:

    • Impreso de solicitude cos datos debidamente cubertos.

    • Documento acreditativo do pagamento das taxas de inscrición.

    • Fotocopia do DNI da persoa lexitimada para presentar a documentación, no caso de que esta non autorice expresamente a comprobación dos datos por medio do acceso telemático ao sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio da Presidencia.

    • Tres (3) exemplares orixinais, da acta ou certificado do acordo de constitución asinados en todas as súas follas polos promotores da organización.

    • Tres (3) exemplares orixinais dos estatutos asinados en todas as súas follas polos promotores da organización.

    • Fotocopia do DNI das persoas que asinan como promotoras ou representantes legais destas, no caso de que ditas persoas non autoricen expresamente, mediante escrito asinado por elas, a comprobación dos datos por medio do acceso telemático ao sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio da Presidencia.

    • Documentos acreditativos da condición de traballadores por conta allea das persoas promotoras.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Estatal
    • ORGANIZACIÓNS EMPRESARIAIS

    • Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical (BOE nº 80 do 4 de abril de 1977).

    • Real decreto 873/1977, do 22 de abril, sobre depósito dos Estatutos das Organizacións constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, reguladora do dereito de asociación sindical (BOE nº 101 do 28 de abril de 1977).

    • Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores (BOE nº 75 do 29 de marzo de 1995).

    • Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, que regula o dereito de asociación, que na súa disposición final segunda establece o carácter supletorio respecto de calquera outra norma, excepto leis orgánicas, que regulen tipos específicos de asociacións, ou que incidan no ámbito do dereito de asociación recoñecido no art. 22 da Constitución española (BOE nº 73 do 26 de marzo de 2002).

    • ORGANIZACIÓNS SINDICAIS

    • Artigo 28.1 e 127.1 da Constitución española (BOE nº 311 do 29 de decembro de 1978).

    • Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical (BOE nº 189 do 8 de agosto de 1985).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

DE500A

Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

DE500B

Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR701H

Actuacións dos GDR Programa LEADER PEPAC 2023-2027.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59

MR701I

Actuacións de animación, formación e cooperación (ICE).

Tramitar en liña

Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59