Guía de procedementos e servizos

TR802O

Certame Cooperativismo no ensino

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2026 - Prazo aberto: 24/01/2026 00:00 - 30/04/2026 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Sobre o procedemento

Difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.

Poden participar no certame os centros educativos de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial, presentando os traballos elaborados polo seu alumnado.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social

Subdirección Xeral de Economía Social

Servizo de Promoción da Economía Social

Edificio Administrativo San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881 999 268

Email: economiasocial.emprego@xunta.gal

Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: ABERTO

24/01/2026 00:00 - 30/04/2026 23:59

O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e remata o 30 de abril de 2026.

Con carácter xeral as persoas e entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

b) Estar ao día nas súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.

c) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.

d) Non estar incursas nas prohibicións para obter a condición de beneficiaria sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e reunir os restantes requisitos previstos nesta.

Solicitudes

1. Para os procedementos do programa I (TR802O) as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I para o procedemento TR802O) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

2. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

1. Para o programa I, as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da representación da persoa que asina como solicitante.

b) Traballos que se presentan ao certame segundo se indica:

• Modalidade de actividades artísticas: debuxos, pinturas, maquetas, fotografías, vídeos ou calquera tipo de creación dixital, de conformidade co sinalado no artigo 21.

• Modalidade de actividades cooperativizadas: memorias das actividades realizadas cooperativamente, segundo o sinalado no artigo 22.

• Modalidade de proxectos empresariais cooperativos: proxectos, ficha resumo e currículo do grupo, segundo o sinalado no artigo 23.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente, con excepción dos traballos aos que se refire a letra a) do parágrafo 5 do artigo 21 (debuxos, pinturas ou maquetas que non sexan de creación dixital), que se deberán entregar, debidamente identificados, na Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social (Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Edificio Administrativo de San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela). Poderase utilizar calquera tipo de envío sempre que garanta a entrega no lugar e no prazo previsto na convocatoria.

3. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación do procedemento do programa I consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude a súa participación na modalidade de actividades artísticas ou na modalidade de actividades cooperativizadas:

Só para as modalidades de actividades artísticas e actividades cooperativizadas, a seguinte documentación:

c) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

d) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral de Seguridade Social.

e) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia.

f) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

Consultaranse ademais, na fase de xustificación e pagamento, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude a súa participación na modalidade de proxectos empresariais cooperativos:

g) DNI/NIE das persoas participantes.

h) DNI/NIE da persoa representante.

i) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

j) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral de Seguridade Social.

k) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia.

l) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino e os premios á cooperación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 15 do 23 de xaneiro de 2026).

    • Extracto da Orde do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do certame cooperativismo no ensino e os premios á cooperación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 15 do 23 de xaneiro de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

TR801A

Cualificación como Centros Especiais de Emprego.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR801B

Recoñecemento ou baixa da condición de carencia de ánimo de lucro e/ou iniciativa social nun centro especial de emprego xa existente

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR801C

Cancelación da inscrición do centro especial de emprego

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR801D

Inscrición de novos centros de traballo ou cambio de localización, ampliación ou cambio de actividades

Tramitar en liña

Aberto todo o ano