Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR790A
Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Establécese unha modalidade de axuda para as persoas traballadoras autónomas que cesaron na súa actividade e van volver emprender un negocio como persoas traballadoras autónomas e son demandantes de emprego no momento previo á nova alta como persoa traballadora autónoma.
1. Serán beneficiarias deste programa as persoas autónomas que fosen autónomas con anterioridade, que queren volver a emprender, e cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter causado alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, no período do 1 de outubro de 2025 ao 30 de setembro de 2026, e atoparse de alta no momento da solicitude.
b) Estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego no momento da alta en vida laboral como persoa autónoma ou, no caso de mutualistas, mediante certificado da mutua correspondente, e carecer de ocupación efectiva segundo o disposto artigo 5.1, excluídas as persoas autónomas colaboradoras.
c) Ter unha alta inicial no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade, antes desta nova alta, dentro dos últimos 5 anos desde a data da publicación desta orde, excluídos os autónomos colaboradores.
d) Ter cotizado anteriormente a esta nova alta, polo menos durante 3 meses ininterrompidos na súa vida laboral no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional e ter desenvolvido a actividade nese período (alta IAE).
e) Transcorrer un período mínimo de seis (6) meses entre a nova alta como persoa traballadora autónoma no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou na mutualidade correspondente, e a anterior baixa no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou na mutualidade correspondente.
f) Ter o domicilio fiscal en Galicia, con anterioridade á nova alta como persoa traballadora autónoma, e desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia, tal e como se indica no artigo 7 desta orde.
g) Ter iniciado a actividade con anterioridade á presentación da solicitude de subvención.
h) Estar dado de baixa no imposto de actividades económicas da actividade precedente.
2. As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude e, en todo caso, con data posterior ao 1 de outubro de 2025.
3. Quedan excluídas das axudas reguladas neste programa as persoas traballadoras autónomas que xa foron beneficiarias con anterioridade desta axuda (TR790A), así como as persoas traballadoras autónomas membros de entidades de economía social e as persoas autónomas administradoras que non acrediten participación na empresa ou negocio. Tamén quedan excluídas as persoas autónomas colaboradoras e os membros das sociedades mercantís e sociedades laborais.
4. Enténdese que a persoa solicitante desiste da solicitude cando causa baixa no RETA, ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, en data anterior á resolución da concesión da axuda. A persoa solicitante está obrigada a comunicar esta situación ao órgano ante o cal solicitou a axuda.
Requisitos xerais.
As persoas traballadoras autónomas deberán cumprir os seguintes requisitos xerais á hora de solicitar as axudas:
a) Ter feitos os 18 anos.
As persoas beneficiarias das axudas do programa I e do programa II deben figurar inscritas como demandantes de emprego desempregadas no Servicio Público de Emprego, carecendo de ocupación efectiva segundo informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e manterse nesa situación ata o momento en que se produza a alta no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou, se é o caso, na mutualidade correspondente.
b) As persoas beneficiarias das axudas de todos os programas deberán desenvolver a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para os efectos destas axudas de todos os programas, entenderase que a persoa beneficiaria desenvolve a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia cando o domicilio da actividade e o centro de traballo estean situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para determinar onde se desenvolve a actividade económica, para os efectos desta orde, considerarase:
– Se a actividade se desenvolve nun establecemento físico, no domicilio deste.
– Se a actividade se desenvolve sen establecemento físico, no domicilio fiscal do beneficiario ou causante, se é o caso.
Para a comprobación do cumprimento do requisito de desenvolver a súa actividade de persoa traballadora autónoma na Comunidade Autónoma de Galicia, consideraranse os datos recollidos no Censo de Empresarios, Profesionais e Retedores e os datos do domicilio fiscal, ambos rexistrados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria, e o informe de vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Emprego
Servizo de Emprego Autónomo
San Lázaro, s/n
15708 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957728/ 881958621/ 981957590/ 981957725/ 981545612/ 981545625
Email: autonomos.emprego@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
11/02/2026 09:00 - 30/09/2026 20:00
O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará ás 9.00 horas do quinto día hábil posterior ao seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e rematará ás 20.00 horas do 30 de setembro de 2026.
Solicitudes.
1. As solicitudes de subvención deberán presentarse por separado para cada un dos programas desta orde nos modelos de solicitude que figuran como anexos, xunto coa documentación e no prazo establecido para cada tipo de programa.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do formulario normalizado dispoñible na dita sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
4. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365.
5. A presentación da solicitude supón a aceptación das obrigas reguladas nesta orde para ser beneficiarias da axuda, así como a aceptación da subvención de ser persoa beneficiaria dela.
6. Ao ser válida unha única solicitude por persoa en cada un dos programas que recolle esta convocatoria, no caso de que algunha persoa presente unha nova solicitude entenderase que desiste da anterior, salvo que xa estivese resolta favorablemente. No caso das sociedades só se poderá presentar unha única solicitude por sociedade e, igualmente, no caso de que se presenten dúas ou máis solicitudes, entenderase que desisten da anterior, salvo que xa estivese resolta favorablemente.
7. No anexo I de cada procedemento vén recollida unha declaración responsable da persoa solicitante, de obrigatorio cumprimento, onde manifestará:
a) Declaración responsable do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, así como das axudas concedidas en réxime de minimis, de acordo co artigo 6 desta orde, ou, de ser o caso, de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.
b) Que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
c) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
d) Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Estar ao día no pagamento das obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Que non foi excluído/a do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46.2 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba a o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións no orde social.
g) Que coñece que as axudas solicitadas no programa I desta orde están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027.
h) Que posúe a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
i) Que coa presentación da axuda acepta a subvención e as obrigas reguladas nesta orde.
j) Que cumpre todos os requisitos necesarios para a concesión e o pagamento destas axudas e que, no caso de ser beneficiaria das axudas, as aplicará aos gastos subvencionables.
k) De ser o caso, que presentou ante o rexistro correspondente ou ben en aprobadas pola asemblea xeral, segundo corresponda, as contas anuais do último exercicio.
l) De ser o caso, que a entidade solicitante cumpre cos criterios de definición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no Regulamento (UE) núm. 651/2014, do 17 de xuño (DOUE L 187, do 26 de xuño), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.
8. Enténdese que a persoa solicitante desiste da solicitude cando causa baixa no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou na mutualidade, en data anterior á resolución de concesión da axuda. A persoa solicitante está obrigada a comunicar esta situación ao órgano a que solicitou a axuda.
Documentación complementaria para o Programa II.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I.2), a seguinte documentación:
a) Documentación que acredite a posta en marcha da actividade: facturas de compra de maquinaria, de alugueiro, de compra de mercadorías ou de calquera outro documento que acredite suficientemente a actividade e a posta en marcha da empresa ou do negocio.
b) Cando se actúe mediante representación, acreditación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna, só no caso que non estea inscrito no Rexistro Xeral de Apoderamentos de Galicia.
c) Acreditación de baixa no imposto de actividades económicas da actividade precedente (modelo 036 da actividade anterior) e certificación censual da nova actividade.
d) No caso de persoas mutualistas no momento da presentación da solicitude, certificado de alta como mutualista.
e) No caso de persoas mutualistas, certificado de baixa como mutualista e certificado do tempo que pasou en situación de mutualista.
f) Contrato ou documento da creación da comunidade de bens, sociedade civil ou entidade sen personalidade xurídica, se é o caso.
Documentación complementaria para todos os programas
1. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude: anexo I.1, anexo I.2, anexo I.3, anexo I.4 ou anexo I.5, segundo o programa de que se trate, a documentación específica que se recolle no capítulo correspondente a cada un dos programas previstos nesta orde.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante e, se é o caso, do representante.
b) NIF da entidade representante, de ser o caso.
c) Vida laboral das persoas traballadoras autónomas dos últimos 5 anos.
d) Inscrición no Servizo Público de Emprego previamente á nova alta.
e) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.
f) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia.
g) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
h) Certificado de domicilio fiscal.
i) Consulta de concesión de subvencións e axudas.
j) Consulta de concesións pola regra de minimis.
k) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.
l) Alta no imposto de actividades económicas.
m) Consulta de todos os códigos conta de cotización.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axudas ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 23 do 04 de febreiro de 2026).
-
Extracto da Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axudas ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 23 do 04 de febreiro de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Prazo aberto: 26/01/2026 09:00 - 30/09/2026 14:00
Axudas Leader PEPAC 2023-2027
Prazo aberto: 03/02/2026 00:00 - 06/04/2026 23:59
Proxectos de investimento en actividades empresariais para a diversificación agraria
Prazo aberto: 20/01/2026 00:00 - 19/02/2026 23:59
Curso para a expedición da certificación profesional para extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo.
Aberto todo o ano