Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR358F
Axudas para a rehabilitación de vivendas destinadas a persoas traballadoras na Comunidade Autónoma de Galicia solicitadas por concellos
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Esta liña de axudas está destinada, para a rehabilitación de vivendas das que sexan propietarios, usufrutuarios ou cesionarios do seu uso por un prazo mínimo de 10 anos, a concellos que teñan subscrito con empresas que dispoñan de centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia o oportuno instrumento xurídico onde acorden destinar a vivenda a rehabilitar a vivenda habitual de persoas traballadoras que teñan subscrito ou subscriban un contrato de traballo con esa empresa.
Poderán solicitar as subvencións previstas para a liña con código de procedemento TR358F os concellos que dispoñan de vivendas, das cales sexan propietarias, usufrutuarias ou cesionarias do seu uso por un prazo mínimo de 10 anos e que teñan subscrito con algunha das empresas referidas na letra a) do punto 1 do artigo 6 da Orde do 5 de maio de 2026, o oportuno instrumento xurídico onde acorden destinar a vivenda a rehabilitar a vivenda habitual de persoas que teñan subscrito ou subscriban contrato de traballo con esa empresa.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Santiago de Compostela
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981 545 675 / 981 545 552
Email: axudasvivenda.emprego@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
16/05/2026 00:00 - 15/07/2026 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Para poder ser beneficiario destas axudas os concellos deberán cumprir co deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
Solicitudes
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do correspondente formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Deberá empregarse o anexo I.II para o procedemento TR358F.
A presentación electrónica será obrigatoria para os concellos e para as persoas xurídicas, de acordo co artigo 3.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público e co artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de persoa usuaria e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Estes formularios soamente terán validez se están debidamente asinados pola persoa que ten a representación legal da persoa xurídica correspondente ou persoa debidamente acreditada.
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación complementaria
1. Os concellos que presenten solicitudes para o procedemento TR358F deberán presentar, xunto coa solicitude da axuda (anexo I.II), a seguinte documentación:
a) Documentación acreditativa da representación da persoa que presente a solicitude. En representación do concello, a solicitude deberá formalizala a persoa titular da alcaldía ou a persoa en que esta delegue.
b) Certificado do acordo municipal de solicitar a subvención, aceptando os termos desta resolución e da correspondente convocatoria, de conformidade coa memoria, o orzamento e o prazo de execución propostos na documentación que se acompaña á solicitude.
c) Certificado da Secretaría municipal en que se acredite que a edificación ou vivenda obxecto da rehabilitación é de titularidade municipal ou ten cedido o seu uso, así como de que se cumpren os requisitos recollidos nesta orde para ser beneficiarios desta subvención.
No caso de propietarios ou usufrutuarios múltiples, deberá achegarse declaración responsable das demais persoas propietarias ou usufrutuarias do inmoble sobre a súa conformidade coa solicitude da subvención. Neste suposto deben figurar todas as persoas propietarias ou usufrutuarias ata completar o 100 % da propiedade ou usufruto.
Ademais, no caso de usufruto, deberá achegarse a conformidade dos/das nus/núas propietarios/as coa solicitude de subvención.
Do mesmo xeito, no caso de cesión de uso, deberá achegarse a conformidade da persoa propietaria do inmoble coa solicitude de subvención.
d) Proxecto técnico ou memoria relativa á actuación que se vai realizar co orzamento de execución material, que deberá especificar o calendario de execución da actuación.
O proxecto ou a memoria deberá incluír a información e os documentos necesarios para acreditar, de ser o caso, os criterios de valoración establecidos no artigo 17, segundo consta a continuación:
1º. Acreditación da distancia da vivenda, segundo proceda, co centro de traballo, cunha parada de transporte público e cunha vía de alta capacidade.
2º. Memoria asinada por un técnico cualificado en que se indique a valoración da mellora de eficiencia enerxética en termos porcentuais de redución do consumo de enerxía primaria non renovable e a utilización de materiais de baixo impacto ambiental e técnicas de construción ecolóxica para a valoración dos criterios establecidos no artigo 17, letra b).
3º. Memoria en que se incluirá a relación entre o investimento total e a axuda solicitada, así como a indicación do tipo de actividade económica da empresa empregadora para a valoración do criterio establecido no artigo 17, letra c.2).
Así mesmo, deberá achegar:
– Informe asinado polo/a correspondente técnico/a municipal relativo á localización da edificación ou vivenda, ao ámbito en que se inclúe, ás súas características e ao seu estado de deterioración. Este informe conterá unha reportaxe fotográfica en cor da edificación ou da vivenda e unha xustificación da necesidade e idoneidade das actuacións propostas.
– Informe do/a técnico/a municipal de que a actuación proposta cumpre coa lexislación vixente.
e) Instrumento xurídico asinado coas empresas que teñan subscrito ou subscriban contrato de traballo cos potenciais traballadores aos cales vaia destinada a vivenda obxecto de rehabilitación.
f) Compromiso de destinar a vivenda obxecto da rehabilitación a alugamento ou cesión de uso como vivenda habitual de persoas con contrato de traballo.
g) No caso de que a vivenda para rehabilitar sexa destinada a persoas con contrato de traballo derivado da súa participación nos programas Retorna Cualifica Emprego e Bolsas Excelencia Mocidade Exterior, deberá achegarse xustificación da empresa de que participa nos referidos programas, así como do contrato de traballo derivado deste coa persoa destinataria da vivenda obxecto da actuación.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou estes documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
6. Sen prexuízo do disposto nos puntos anteriores, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais poderá requirir á persoa solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarias para a tramitación e resolución do procedemento.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente, con carácter previo á concesión, os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña a súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade representante.
d) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.
e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
f) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
g) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.
h) Comprobación de subvencións e axudas públicas concedidas.
i) Consulta de subvencións e axudas públicas afectadas pola regra de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos pertinentes.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da empresa ou da persoa representante para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás empresas ou ás persoas traballadoras autónomas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 5 de maio de 2026, conxunta da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, pola que se establecen as bases reguladoras destinadas á concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a rehabilitación de vivendas destinadas a vivenda habitual de persoas traballadoras con contrato de traballo con empresas que dispoñan de centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2026 e 2027 (DOG nº 89 do 15 de maio de 2026).
-
Extracto da Orde do 5 de maio de 2026, conxunta da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, pola que se establecen as bases reguladoras destinadas á concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a rehabilitación de vivendas destinadas a vivenda habitual de persoas traballadoras con contrato de traballo con empresas que dispoñan de centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2026 e 2027 (DOG nº 89 do 15 de maio de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición/acreditación de centros de formación para o emprego.
Aberto todo o ano
Mantemento da inscrición / acreditación por cambio de titularidade dun centro de formación.
Aberto todo o ano
Habilitación do Libro de subcontratación para o sector da construción
Aberto todo o ano
Subvención a obradoiros duais de emprego
Prazo aberto: 27/05/2026 00:00 - 26/06/2026 23:59