Guía de procedementos e servizos

TR342C

Programa de incentivos á contratacion por conta allea.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais

Convocatoria 2026 - Próxima apertura: 17/02/2026 09:00 - 30/09/2026 20:00

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Sobre o procedemento

As axudas teñen por obxecto favorecer a contratación por conta allea de persoas desempregadas na empresa ordinaria e entidades sen ánimo de lucro, e especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral establecidas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, así como a formación destas persoas no ámbito empresarial. Incentivase a contratación por conta allea dos seguintes colectivos vulnerables:

A. Persoa moza: 6.000 €

B. Muller vítima de violencia de xénero; vítima de trata de seres humanos; muller con fillo/s menor/es de 3 anos desempregada/s de longa duración ou inactiva nos últimos 3 anos: 10.000 €

C. Mulleres en ocupacións masculinizadas: 10.000 €

D. Persoa parada de longa duración: 6.000 €

E. Persoa de 52 anos ou máis: 6.000 €

F. Persoa emigrante retornada ou persoa estranxeira: 6.000 €

G. Persoa con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social: 10.000 euros. Neste suposto, se o contrato é a tempo parcial, a contía do incentivo será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.

H. Persoas desempregadas que nos últimos 2 anos remataran e superaran a formación conducente á obtención dun certificado profesional no marco de accións de  AFD (TR301K) ou de Obradoiros de emprego (TR335A), e persoas desempregadas que nos últimos 2 anos remataran un Programa Integrado de Emprego (TR332A): 10.000 €

I. Persoas desempregadas que desenvolveran contratos formativos ao abeiro do programa de primeira experiencia profesional  (TR353C) nos 2 anos previos á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia:  10.000 €

Incentivos á contratación por conta allea que inclúe catro modalidades:

a) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.

b) Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.

c) Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses.

d) Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.

e) Transformación de contratos formativos subvencionados con cargo ao programa de primeira experiencia profesional (TR353C), nos 2 anos previos á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, en contratos indefinidos.

Poderán ser beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten persoas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e coas condicións que se establecen nesta orde. Tamén poden ser entidades beneficiarias dos incentivos os centros especiais de emprego, excepto para facer contratos con persoas con discapacidade, e as empresas de inserción laboral, salvo para facer contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Rúa Concepción Arenal, nº 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817077/ 986817768

Email: axudasacontratacion.traballo.vigo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881584/ 881881577

Email: axudascontratacionallea.traballo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense

Avda. Habana, 79

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386823/ 988386825

Email: emprego.igualdade.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982 294 688 / 982 294 288

Email: emprego.lugo@xunta.gal

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

17/02/2026 09:00 - 30/09/2026 20:00

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará ás 9.00 horas do quinto día hábil posterior ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e rematará ás 20.00 horas do 30 de setembro de 2026.

1. No caso de sociedades civís, comunidades de bens e unións temporais de empresas, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada unha delas, que terán igualmente a consideración de beneficiarias. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de unións temporais de empresas, cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.

2. As empresas que teñan cincuenta ou máis persoas traballadoras deberán cumprir a cota de reserva para persoas con discapacidade, conforme se lle dea ocupación, polo menos, ao 2 % de traballadores e traballadoras con discapacidade sobre o total das persoas traballadoras ou, na súa falta, as medidas de carácter excepcional establecidas no artigo 42 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, e reguladas no Real decreto 364/2005, do 8 de abril (BOE núm. 94, do 20 de abril). Para o cómputo do número de persoas traballadoras da empresa teranse en conta as regras previstas na disposición adicional primeira do devandito real decreto.

3. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas e as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.

4. Non poderán obter a condición de persoa ou entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. En ningún caso poderán obter a condición de entidade beneficiaria as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos números 5 e 6 do artigo 4 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, nin as asociacións respecto das cales se suspendeu o procedemento administrativo de inscrición por atoparse indicios racionais de ilicitude penal, en aplicación do disposto no artigo 30.4 da Lei orgánica 1/2002, mentres non se dite resolución xudicial firme en cuxa virtude poida efectuarse a inscrición no correspondente rexistro.

6. Non poderán obter a condición de persoa ou entidades beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde as persoas empregadoras ou empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 31 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.

Esta circunstancia acreditarase no momento da solicitude mediante declaración responsable da persoa solicitante, sen prexuízo de que as sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada deberán acreditar o cumprimento dos prazos legais de pagamento mediante certificación, emitida por unha auditora rexistrada no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.

7. Non poderán obter a condición de persoa ou entidade beneficiaria as solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido nos artigos 46 e 46.bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

8. No caso de que a entidade solicitante sexa unha institución sen ánimo de lucro, a xustificación de non estaren incursas na prohibición contida no número 3.e) anterior poderá ser substituída por unha declaración responsable a que se refire o artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

9. Non poderán obter a condición de persoa ou entidade beneficiaria aquelas que non teñan elaborado e aplicado un plan de igualdade, cando resultase obrigatorio de acordo co establecido no artigo 45 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva entre homes e mulleres.

Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Deberán cubrirse, necesariamente, todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, sendo unicamente válidas as solicitudes que se presenten no modelo establecido.

As solicitudes deberán presentarse ante o departamento territorial onde teña o centro de traballo a persoa contratada. No caso de que nunha única solicitude se soliciten contratos con contas de cotización en distintas provincias da comunidade autónoma, a solicitude poderá presentarse ante o departamento territorial que elixa a persoa ou entidade solicitante, sempre que algunha das contas de cotización corresponda á provincia do dito departamento territorial.

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas ou entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. A presentación das solicitudes supón a aceptación das obrigas reguladas nesta orde para ser beneficiarias da axuda, así como a aceptación da subvención, de ser persoa ou entidade beneficiaria dela.

Documentación complementaria

1. As persoas ou entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Cando se actúe mediante representación, acreditación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna, só no caso de que non estea inscrito no Rexistro Xeral de Apoderamentos de Galicia.

b) No caso de solicitar a axuda polo colectivo de persoa con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social, documentación acreditativa da exclusión social, da incapacidade ou discapacidade recoñecida fóra de Galicia, se for o caso, da persoa traballadora contratada.

c) No caso de solicitar a axuda polo colectivo de persoa emigrante retornada, documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa traballadora contratada e ademais, no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite o vínculo con esta.

d) No caso de solicitar a axuda polo colectivo de persoa emigrante retornada, certificado de persoa emigrante retornada, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España.

e) No caso de solicitar a axuda polo colectivo de mulleres con fillos e fillas menores de 3 anos, acreditación do parentesco directo co libro de familia ou certificado do Rexistro Civil ou, se é o caso, resolución de acollemento.

f) No caso de solicitar o incremento por persoa trans, documentación que xustifique ter obtido ante o Rexistro Civil a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun diferente ao do sexo rexistrado ao nacer.

g) No caso de solicitar o incremento por persoa beneficiaria das bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME), título ou certificado que acredite a superación dos estudos de master.

h) No caso de solicitar a axuda para a adaptación de postos, a memoria explicativa segundo o disposto na letra d) do artigo 23.2, e conforme o modelo publicado na sede electrónica da Xunta de Galicia.

i) No caso de solicitar a axuda para os incrementos da duración anual dos contratos fixos-descontinuos, declaración responsable na que conste a data en que se produce o incremento.

j) No caso de que as persoas traballadoras se opuxeran á comprobación dos datos, documentos acreditativos das condicións necesarias para que o contrato sexa subvencionable.

k) No caso de que a persoa ou entidade solicitante sexa unha sociedade civil, unha comunidade de bens ou unha unión temporal de empresas, declaración responsable en que se indiquen os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da subvención que se vai aplicar para cada un deles, segundo o modelo que figura na sede electrónica.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa ou entidade interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa ou entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán acadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa ou entidade interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitárselle novamente á persoa ou entidade interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas ou entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.

As persoas ou entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa ou entidade interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código do procedemento (TR342C) e o órgano responsable, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento, o órgano xestor da axuda consultará automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa ou entidade interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) NIF da entidade representante.

d) Certificado de estar ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia.

f) Certificado de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

g) Consulta de todos os códigos da conta de cotización.

h) Consulta das concesións polo réxime de minimis.

i) Consulta das concesións de subvencións e axudas.

j) Consulta da inhabilitación para obter subvencións.

k) DNI ou NIE da persoa traballadora contratada.

l) Consulta de períodos de inscrición no Servizo Público de Emprego de Galicia da persoa traballadora contratada.

m) Consulta da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social da persoa traballadora contratada.

n) Contrato laboral da persoa traballadora pola que se solicita a subvención.

ñ) Consulta da condición de vítima de violencia de xénero ou vítima de trata de seres humanos da persoa traballadora contratada.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Certificado de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia da persoa traballadora contratada.

b) Consulta de datos de residencia con data da última variación padroal da persoa traballadora contratada.

2. No caso de que as persoas ou entidades interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa ou entidade interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas ou entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A persoa solicitante asinará na declaración responsable que forma parte da solicitude que dispón dos documentos asinados pola persoa ou persoas contratadas, en que autoriza ou se opón á comprobación dos seus datos, conforme o modelo do anexo III. O devandito documento poderá ser requirido pola Administración pública en calquera momento.

Así mesmo, no caso de que algunha persoa contratada pola que se solicita subvención se opoña á comprobación de datos, farao constar na dita declaración responsable e consecuentemente presentará os documentos que os acrediten.

Trámites administrativos posteriores

Todos os trámites administrativos que as persoas ou entidades interesadas deban realizar logo da presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á carpeta Cidadá da persoa ou entidade interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Galicia Suma Talento: Emprégate, de incentivos á contratación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 27 do 10 de febreiro de 2026).

    • Extracto da Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Galicia Suma Talento: Emprégate, de incentivos á contratación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 27 do 10 de febreiro de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

DE500A

Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

DE500B

Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IG402A

Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Prazo aberto: 26/01/2026 09:00 - 30/09/2026 14:00

IN612A

Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano