Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.

Disculpe as molestias que poida ocasionarle.

TR341N - Progama de mantemento e adaptación de postos de traballo nos Centros Especiais de Emprego.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Datos da solicitude

Prazo de presentación: 05/10/2017 - 10/11/2017.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 10 de novembro de 2017.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

  • Solicitude segundo o Anexo VI, acompañada da seguinte documentación:
    • Memoria explicativa do obxecto da axuda e xustificación da súa necesidade.
    • Memoria que recolla a titularidade do centro.
    • Certificación da relación de persoas con discapacidade polas que solicita a subvención (segundo modelo anexo VII).
    • Contratos de traballo das persoas polas que se solicita a subvención.
    • Informe de datos para a cotización (IDC) da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
    • Facturas e, no caso de estaren efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento ou, na súa falta, facturas pro forma e orzamentos expedidos polos provedores ou acredores do gasto que se vai realizar.
    • Memoria e tres orzamentos aos que se refire o artigo 39.7, de ser o caso.
    • Consentimento para a comprobación de datos das persoas polas que se solicita a subvención (anexo XVI).
    • Declaración responsable da idoneidade do posto (anexo XVII).
    • No caso de actuar por medio de representante, poder suficiente da persoa representante e asinante da solicitude para actuar en nome da persoa ou entidade solicitante.
    • Certificados de discapacidade das persoas traballadoras polas cales se solicita subvención, cando o certificado fose expedido por unha administración distinta á da Comunidade Autónoma de Galicia (artigo 5.1).
  • Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás Administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar unha copia dos devanditos documentos:
    • DNI ou NIE da persoa solicitante.
    • DNI ou NIE da persoa representante.
    • NIF do CEE solicitante.
    • Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Seguridade Social.
    • Certificación de estar ao día coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
    • Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

SUBDIRECCIÓN XERAL DE EMPREGO

SERVIZO DE INTEGRACIÓN LABORAL
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981544716 / 981957727 Fax: 981544678
Email: secretaria-xeral.emprego@xunta.es

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria plurianual das subvencións a CEE, establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, co fin de garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade, a través do seguinte programa:

- Programa II: programa de axudas á creación, ampliación, mantemento e adaptación de postos de traballo nos CEE, regulado no capítulo III.

O obxecto deste programa é incentivar a creación, ampliación e mantemento de emprego nos CEE mediante o financiamento parcial de iniciativas ou proxectos técnica, económica e financeiramente viables que xeren emprego estable, para traballadores e traballadoras con discapacidade.

Beneficiarios:

1. Poderán ser beneficiarios das subvencións que se regulan nesta orde os CEE que, na data da solicitude da subvención, figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento (DOG núm. 138, do 19 de xullo), e sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda nos capítulos II a IV desta orde.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarios os CEE en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

3. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarios os CEE solicitantes que estean excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o disposto nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

4. A xustificación por parte dos CEE solicitantes de non estar incursos nas prohibicións contidas nos números 2 e 3 anteriores para obteren a condición de beneficiarios realizarase mediante declaración responsable no anexo de solicitude de cada tipo de axuda.

Requisitos:

a) Destinar a subvención ao plan de investimento polo que se concedeu a axuda. No caso de que se dea un destino distinto ás axudas concedidas procederá o reintegro do 100 % da subvención concedida.

b) Manter os postos de traballo creados con carácter indefinido un mínimo de 2 anos. No caso de cesamentos da actividade laboral por baixa voluntaria da persoa traballadora ou despedimento procedente, deberá substituírse a vacante polo tempo que reste ata completar os dous anos. De non facelo procederá o reintegro da parte proporcional. A substitución farase nun prazo máximo de 3 meses e deberá comunicarse ao órgano xestor da axuda.

c) O despedimento improcedente das persoas traballadoras obxecto de subvención antes de que transcorran dous anos dará lugar ao reintegro do 100 % da axuda.

d) Para os efectos do seguimento da estabilidade no emprego o CEE deberá presentar na Secretaría Xeral de Emprego, nos meses de decembro dos dous anos seguintes á concesión de axudas a relación nominal das persoas traballadoras (RNT) incluídas na cotización á Seguridade Social e recibo de liquidación de cotizacións (RLC), así como os documentos bancarios de transferencia acreditativos do seu pagamento.

e) Dispoñer dos informes favorables da Inspección de Traballo, sobre a necesidade de adaptación ou de medios especiais de protección persoal e presentar declaración responsable do CEE de idoneidade do posto de traballo e compatibilidade coa discapacidade da persoa traballadora.

AUTONÓMICA

Corrección de erros. Orde do 20 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2017-2018 (DOG nº 210 do 6 de novembro de 2017).

AUTONÓMICA

Orde do 20 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2017-2018 (DOG nº 189 do 4 de outubro de 2017).

Anexos asociados

Prazo de presentación pechado (05/10/2017 - 10/11/2017)

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional