Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR341D
Promoción do emprego autónomo das persoas traballadoras autónomas.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Apoiar ás persoas desempregadas que inicien a súa actividade empresarial como persoas traballadoras autónomas.
1. Serán beneficiarias aquelas persoas que cumpran os requisitos xerais establecidos no artigo 7 desta orde e que causen alta definitiva no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, entre o 1 de outubro de 2025 e o 30 de setembro de 2026, sempre que cumpran as seguintes condicións:
1.1. Para a liña 1:
a) Estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego no momento da alta na Seguridade Social como persoa autónoma ou, no caso de mutualistas, no momento de alta na correspondente mutua, e carecer de ocupación efectiva segundo o disposto no artigo 5.1.
b) Ser titular ou cotitular do negocio ou explotación e ter iniciada a actividade laboral con anterioridade á presentación da solicitude da subvención, e non ter ningunha alta inicial anterior como persoa traballadora autónoma nos cinco (5) anos inmediatamente anteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG, salvo que a dita alta fose como persoa autónoma colaboradora.
c) Atoparse de alta no imposto de actividades económicas.
d) Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036.
e) Ter o domicilio fiscal en Galicia no momento da solicitude da axuda.
Quedan excluídas desta liña as persoas socias de sociedades que teñan personalidade xurídica (sociedades mercantís, sociedades laborais, cooperativas de traballo asociado, sociedade civil profesionais), así como os administradores e as persoas autónomas colaboradoras.
1.2. Para a liña 2:
a) Ser persoa autónoma beneficiaria da cota reducida regulada no número 1 do artigo 38 ter da Lei 20/2007, do 11 de xullo, no momento de presentación da solicitude.
b) Estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego no momento da alta na Seguridade Social como persoa autónoma, e carecer de ocupación efectiva segundo o disposto no artigo 5.1.
c) Ter iniciada a actividade, segundo a definición do artigo 5.3), con anterioridade á presentación da solicitude da subvención.
d) Atoparse de alta no imposto de actividades económicas.
e) Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036.
f) Ter o domicilio fiscal en Galicia no momento da solicitude da axuda.
g) Ter alta nun CNAE correspondente ao sector agrícola (01), gandeiro (01) ou silvícola (02), no caso da solicitar a axuda da letra b.2) prevista no artigo 24.
h) No suposto de persoas socias de sociedades mercantís, sociedades laborais, cooperativas de traballo asociado e administradores destas, estas deberán ser de nova creación, isto é, aquelas que inicien a actividade empresarial desde o 30 de setembro de 2025, segundo a data que figure no imposto de actividades económicas ou, se é o caso, na data de alta no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
2. As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa, cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal e cumpran cos requisitos establecidos nesta orde. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.
3. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei concursal, sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
c) Dar lugar, por causa da cal fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.
d) Estar incursa a persoa física, as persoas administradoras das sociedades mercantís ou aquelas que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
e) Non acharse ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.
f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
g) Non acharse ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.
h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.
4. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias as persoas solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
5. A xustificación por parte das persoas solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos números 4 e 5 anteriores para obter a condición de persoa beneficiaria realizarase mediante declaración responsable, a excepción do recollido no número 4.e), que se xustificará de conformidade co disposto nas letras f), g) e h) do artigo 28 deste programa.
6. Enténdese que a persoa solicitante desiste da solicitude cando cause baixa no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, en data anterior á resolución da concesión da axuda. A persoa solicitante está obrigada a comunicar esta situación ao órgano ante o cal solicitou a axuda.
Requisitos xerais.
As persoas traballadoras autónomas deberán cumprir os seguintes requisitos xerais á hora de solicitar as axudas:
a) Ter feitos os 18 anos.
As persoas beneficiarias das axudas do programa I e do programa II deben figurar inscritas como demandantes de emprego desempregadas no Servicio Público de Emprego, carecendo de ocupación efectiva segundo informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e manterse nesa situación ata o momento en que se produza a alta no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou, se é o caso, na mutualidade correspondente.
b) As persoas beneficiarias das axudas de todos os programas deberán desenvolver a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para os efectos destas axudas de todos os programas, entenderase que a persoa beneficiaria desenvolve a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia cando o domicilio da actividade e o centro de traballo estean situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para determinar onde se desenvolve a actividade económica, para os efectos desta orde, considerarase:
– Se a actividade se desenvolve nun establecemento físico, no domicilio deste.
– Se a actividade se desenvolve sen establecemento físico, no domicilio fiscal do beneficiario ou causante, se é o caso.
Para a comprobación do cumprimento do requisito de desenvolver a súa actividade de persoa traballadora autónoma na Comunidade Autónoma de Galicia, consideraranse os datos recollidos no Censo de Empresarios, Profesionais e Retedores e os datos do domicilio fiscal, ambos rexistrados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria, e o informe de vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70 baixo
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294912/ 982294890/ 982294910
Email: emprego.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña
Rúa Gregorio Hernández, nº 2-4
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182391/ 981182390/ 881881592
Email: axudasautonomos.traballo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense
Avda. da Habana, nº 79
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386822/ 988386818
Email: axudasautonomos.traballo.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)
Rúa Concepción Arenal, nº 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817073/ 986817034/ 986817755
Email: autonomos.emprego.vigo@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
11/02/2026 09:00 - 30/09/2026 20:00
O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará ás 9.00 horas do quinto día hábil posterior ao seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e rematará ás 20.00 horas do 30 de setembro de 2026.
Solicitudes.
1. As solicitudes de subvención deberán presentarse por separado para cada un dos programas desta orde nos modelos de solicitude que figuran como anexos xunto coa documentación e no prazo establecido para cada tipo de programa.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do formulario normalizado dispoñible na dita sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
4. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365.
5. A presentación da solicitude supón a aceptación das obrigas reguladas nesta orde para ser beneficiarias da axuda, así como a aceptación da subvención de ser persoa beneficiaria dela.
6. Ao ser válida unha única solicitude por persoa en cada un dos programas que recolle esta convocatoria, no caso de que algunha persoa presente unha nova solicitude entenderase que desiste da anterior, salvo que xa estivese resolta favorablemente. No caso das sociedades só se poderá presentar unha única solicitude por sociedade e, igualmente, no caso de que se presenten dúas ou máis solicitudes, entenderase que desisten da anterior, salvo que xa estivese resolta favorablemente.
7. No anexo I de cada procedemento vén recollida unha declaración responsable da persoa solicitante, de obrigatorio cumprimento, onde manifestará:
a) Declaración responsable do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, así como das axudas concedidas en réxime de minimis, de acordo co artigo 6 desta orde, ou, de ser o caso, de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.
b) Que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
c) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
d) Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Estar ao día no pagamento das obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Que non foi excluído/a do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46.2 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba a o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións no orde social.
g) Que coñece que as axudas solicitadas no programa I desta orde están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027.
h) Que posúe a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
i) Que coa presentación da axuda acepta a subvención e as obrigas reguladas nesta orde.
j) Que cumpre todos os requisitos necesarios para a concesión e o pagamento destas axudas e que, no caso de ser beneficiaria das axudas, as aplicará aos gastos subvencionables.
k) De ser o caso, que presentou ante o rexistro correspondente ou ben en aprobadas pola asemblea xeral, segundo corresponda, as contas anuais do último exercicio.
l) De ser o caso, que a entidade solicitante cumpre cos criterios de definición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no Regulamento (UE) núm. 651/2014, do 17 de xuño (DOUE L 187, do 26 de xuño), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.
8. Enténdese que a persoa solicitante desiste da solicitude cando causa baixa no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou na mutualidade, en data anterior á resolución de concesión da axuda. A persoa solicitante está obrigada a comunicar esta situación ao órgano a que solicitou a axuda.
Documentación complementaria para o Progaram I.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I.1) a seguinte documentación:
1.1. Para a Liña 1:
a) Alta definitiva no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria (modelo 036). No caso de comunidades de bens ou sociedades sen personalidade xurídica, modelo 036 da entidade.
No suposto das actividades que se desenvolven fóra de local, cando no modelo 036 non conste expresamente o lugar en que se desenvolve fundamentalmente a actividade, entenderase que se realiza no concello do domicilio fiscal.
b) De ser o caso, certificado do colexio profesional de alta no dito colexio, con indicación de se presupón ou non exercicio da actividade e certificado da mutualidade do colexio profesional con indicación dos períodos de alta nela.
c) Documentación acreditativa do colectivo polo cal se opta (para os casos de exclusión social discapacidade ou dependencia recoñecida fóra de Galicia).
d) Documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa solicitante e, ademais, no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite o vínculo con esta, no caso de solicitar o incremento de persoa emigrante retornada, de ser o caso.
e) Certificado de persoa emigrante retornada, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España, no caso de solicitar o incremento de persoa emigrante retornada.
f) No caso de que as persoas solicitantes teñan a condición de trans, documentación que xustifique ter obtido ante o Rexistro Civil a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun diferente ao do sexo rexistrado ao nacer.
g) Cando se actúe mediante representación, acreditación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna. Quedan exceptuadas da dita presentación as persoas inscritas no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia que garantan representación para este procedemento.
h) Contrato ou documento de creación da comunidade de bens, sociedade civil ou entidades sen personalidade xurídica, onde conste a porcentaxe de participación das persoas socias ou comuneiras, se é o caso.
1.2. Para a Liña 2:
A documentación recollida nos números 1.1.a) e 1.1.g) anteriores.
Documentación complementaria para todos os programas
1. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude: anexo I.1, anexo I.2, anexo I.3, anexo I.4 ou anexo I.5, segundo o programa de que se trate, a documentación específica que se recolle no capítulo correspondente a cada un dos programas previstos nesta orde.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña a súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.
b) NIF da entidade representante, de ser o caso.
c) Vida laboral dos últimos 5 anos.
d) Alta no imposto de actividades económicas.
e) Informe de períodos de inscrición no Servizo Público de Emprego.
f) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.
g) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
h) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
i) Certificado de domicilio fiscal en Galicia no momento da solicitude da axuda.
j) Condición ser persoa beneficiaria da bonificación ou redución prevista no número 1 do artigo 38 ter da Lei 20/2007, do 11 de xullo.
k) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.
l) Consulta de concesión de subvencións e axudas.
m) Consulta de concesións pola regra de minimis.
n) Consulta de todos os códigos de conta de cotización.
Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Certificado de discapacidade ou dependencia recoñecida pola Xunta de Galicia ou, se é o caso, certificado das prestacións que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas das persoas con discapacidade.
b) Consulta de datos de residencia con data de última variación do padrón.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. Por tratarse de axudas cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027 que inclúen algún requisito de mantemento do emprego ou da actividade, a persoa solicitante da axuda autoriza a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o organismo intermedio do programa FSE+ Galicia 2021-2027 (actualmente, a Dirección Xeral de Cohesión e Fondos Europeos) para consultar a información (da Administración pública competente) relativa ao cumprimento do mantemento do emprego e da forma xurídica.
No caso de axudas cofinanciadas polo FSE+ que inclúan algún requisito de mantemento do emprego ou da actividade, deberá incorporarse unha autorización do solicitante da axuda en favor do organismo intermedio do programa FSE+ Galicia 2021-2027 (actualmente, a Dirección Xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos) para consultar a información (da Administración pública competente) relativa ao cumprimento do mantemento
Trámites administrativos posteriores.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Declaración expresa dos gastos subvencionables (Anexo II.1)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axudas ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 23 do 04 de febreiro de 2026).
-
Extracto da Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axudas ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 23 do 04 de febreiro de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Prazo aberto: 26/01/2026 09:00 - 30/09/2026 14:00
Axudas Leader PEPAC 2023-2027
Prazo aberto: 03/02/2026 00:00 - 06/04/2026 23:59
Proxectos de investimento en actividades empresariais para a diversificación agraria
Prazo aberto: 20/01/2026 00:00 - 19/02/2026 23:59
Curso para a expedición da certificación profesional para extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo.
Aberto todo o ano