Guía de procedementos e servizos

SI500B

Inscrición no rexistro de persoal docente acreditado para a formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Política Social e Igualdade

Sobre o procedemento

1. O obxecto desta orde é regular o Rexistro de persoal docente acreditado para impartir a dita formación e o procedemento de inscrición no rexistro para aquelas persoas que o soliciten (SI500B).

2. Para os efectos desta orde, considerarase formación en igualdade entre mulleres e homes e en prevención e loita contra a violencia de xénero os contidos que aborden estas materias baixo calquera das denominacións utilizadas polos organismos autonómicos, nacionais e internacionais, tales como igualdade de xénero, mainstreaming, perspectiva de xénero, feminismo, conciliación, corresponsabilidade, sexismo, violencia de xénero, violencia machista ou violencia contra as mulleres, trata de seres humanos con fins de explotación sexual, acoso sexual ou por razón de xénero ou calquera outra denominación que implique visibilizar a situación de desvantaxe social das mulleres.

Poderán solicitar a súa inscrición no Rexistro de persoal docente acreditado para impartir a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero todas as persoas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 6 desta orde.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Promoción da Igualdade

Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade

Edificio Administrativo de San Lázaro s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881995044

Email: xestion.igualdade@xunta.es

Dirección Xeral de Promoción da Igualdade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

- Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

- O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 8 de maio de 2019 e permanecerá aberto durante todo o ano.

1. A docencia da formación poderá ser impartida por persoas capacitadas na materia pola posesión de coñecementos específicos en xénero, igualdade entre mulleres e homes, integración da perspectiva de xénero en plans, programas e proxectos, prevención e loita contra a violencia de xénero ou outros estudos de xénero.

2. A posesión destes coñecementos entenderase acreditada mediante algún dos seguintes requisitos:

a) Ter cursado e superado un mínimo de 750 horas de formación nas materias sinaladas no artigo 1 desta orde, impartida por algún dos seguintes organismos públicos oficiais: Escola Galega de Administración Pública, Academia Galega de Seguridade Pública, Escola Galega de Administración Sanitaria, Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, consellerías da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e órganos e/ou entidades públicas instrumentais adscritos a elas, estruturas de formación permanente do profesorado, Instituto Nacional de Administración Pública, escolas oficiais de formación das comunidades autónomas, ministerios e/ou os seus departamentos adscritos, administracións autonómicas, administracións locais, universidades, ou formación impartida no marco do acordo de formación para o emprego das administracións públicas.

b) Ter cursado e superado un mínimo de 500 horas de formación nas materias sinaladas no artigo 1 desta orde, impartida por algún dos organismos citados na alínea anterior, e unha experiencia laboral mínima de dous anos no ámbito da igualdade de xénero e/ou prevención da violencia de xénero.

3. Non precisarán acreditar os requisitos exixidos no parágrafo anterior:

a) As persoas que polo seu exercicio profesional en ámbitos tales como o xudicial, policial, docente, sanitario, social ou administrativo, acrediten un coñecemento suficiente en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. Para os efectos desta orde, considerarase que teñen un coñecemento suficiente aquelas persoas que prestaran servizos nos ámbitos referidos durante un período mínimo de tres anos.

b) As persoas que con anterioridade á entrada en vigor desta orde xa tiveran impartido un mínimo de 500 horas de docencia en cursos e actividades formativas en materia igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero, organizados por algún dos organismos previstos no artigo 8.2 desta orde.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo V) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

  • Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

  • Para a presentación das solicitudes poderá utilizarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

Documentación adicional para a inscrición no rexistro.

  • Coa finalidade de xustificar o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 6 desta orde, as persoas interesadas deberán achegar coa súa solicitude a seguinte documentación:

    • a) Título que acredite a formación recibida ou certificación oficial que acredite tela superado, no suposto previsto na alínea a) do artigo 6.2.

    • b) Título que acredite a formación recibida ou certificación oficial que acredite tela superado, así como certificado de vida laboral e/ou calquera outra documentación acreditativa das tarefas realizadas, no suposto previsto na alínea b) do artigo 6.2.

    • c) Certificado de vida laboral e/ou calquera outra documentación acreditativa das tarefas realizadas, no suposto previsto na alínea a) do artigo 6.3.

    • d) Certificación oficial do nomeamento como docente ou documento equivalente, no suposto previsto na alínea b) do artigo 6.3.

Comprobación de datos para a inscrición no rexistro.

1. Para a tramitación do procedemento regulado nesta sección consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

  • b) DNI ou NIE da persoa representante, de ser o caso.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Documentación complementaria.

  • A documentación complementaria tamén deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberá indicarse o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos poderá consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

  • Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

  • Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 12 de abril de 2019 pola que se establece o procedemento de recoñecemento e validación previsto no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e se regula o Rexistro de persoal docente acreditado para impartir a formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero (DOG nº 86 do 7 de maio de 2019).

    • Correción de erros. Orde do 12 de abril de 2019 pola que se establece o procedemento de recoñecemento e validación previsto no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e se regula o Rexistro de persoal docente acreditado para impartir a formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero (DOG nº 117 do 21 de xuño de 2019).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS105A

Presentación directa de reclamacións en materia de centros, servizos e programas de servizos sociais

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS105B

Remisión polas entidades prestadoras de servizos sociais de reclamacións presentadas no seu libro de reclamacións

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS309A

Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS312A

Recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano