Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
SI451B
Subvencións mobilidade xeográfica mulleres vítimas de violencia de xénero.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Política Social e Igualdade
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Facilitar a mobilidade xeográfica das mulleres vítimas de violencia de xénero cando, a causa desa situación de violencia, se viran obrigas a cambiar a súa residencia habitual como consecuencia da súa contratación por conta allea ou establecemento por conta propia.
As mulleres vítimas de violencia de xénero.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Loita Contra a Violencia de Xénero
Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero
Servizo de Planificación e Mellora da Coordinación
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545361/ 981957268
Email: vx.igualdade@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
26/10/2024 00:00 - 02/12/2024 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 2 de decembro de 2024.
a) Que acrediten a súa situación por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
En todo caso, a documentación acreditativa da situación de violencia de xénero debe estar emitida no prazo dos 24 meses anteriores ao cambio de residencia.
Para os efectos desta orde, tamén terán a condición de vítima de violencia de xénero as mulleres que padecesen violencia vicaria ou violencia por interposita persona.
b) Que cesasen a relación de convivencia co seu agresor.
c) Que a media dos ingresos brutos mensuais da solicitante non supere o límite do importe de 3,5 veces o Indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente nos 6 meses anteriores á data de presentación da solicitude.
Unicamente se terán en conta as rendas ou ingresos de que dispoña ou poida dispoñer a solicitante da axuda, sen que se computen para estes efectos as rendas ou ingresos doutros membros da unidade familiar que convivan coa vítima.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, asinado pola persoa solicitante ou pola persoa representante legal, de ser o caso.
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Documentación común para todas as subvencións:
1º. Documentación acreditativa da condición de vítima de violencia de xénero por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo.
2º. Documentación que acredite os ingresos da persoa solicitante declarados no anexo I a través de nóminas, recibos ou calquera outro documento acreditativo.
3º. Copia do libro de familia, certificación expedida polo Rexistro Civil ou calquera outro documento que acredite fidedignamente a relación materno-filial e de parentesco coa persoa familiar dependente, se é o caso.
4º. Certificado histórico de empadroamento.
5º. Contrato de traballo ou documento acreditativo da contratación onde se indique a data de inicio e a data de fin.
6º. Documento de alta no réxime especial de traballadores autónomos a través do modelo 036 ou 037.
b) Documentación específica para cada tipo de subvención:
1º.Para a axuda de gastos de desprazamento, o/os billete/s, pasaxe/s e peaxes, se é o caso, e xustificante/s do seu pagamento.
2º. Para a axuda de gastos de transporte de mobiliario e enxoval, as facturas acreditativas do gasto realizado no transporte de mobiliario e enxoval e documentos acreditativos do seu pagamento.
3º. Para a axuda de gastos de aloxamento:
3º.1. Facturas ou recibos correspondentes aos gastos derivados da hospedaxe, así como a documentación acreditativa do seu pagamento, se é o caso.
3º.2. Contrato de alugueiro e documentos acreditativos do seu pagamento, se é o caso.
3º.3. Contrato de compravenda de vivenda, se é o caso.
4º. Para a axuda de gastos de escolas infantís e de atención a persoas dependentes:
4º.1. Facturas correspondentes ao transporte ou comedor das escolas infantís e centros de ensino durante o primeiro ciclo de educación infantil e documentación acreditativa do seu pagamento, se é o caso.
4º.2. Facturas correspondentes aos gastos derivados do coidado de persoas dependentes e documentación acreditativa do seu pagamento, se é o caso.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. As solicitantes deberán comunicar á Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, calquera modificación que se produza nos datos indicados na súa solicitude ou en calquera dos documentos que a acompañan. Esta variación comunicarase no momento en que se produza, co fin de axilizar a instrución do procedemento.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro (NIE) da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificado de residencia legal da persoa solicitante estranxeira.
d) Certificado de datos de residencia con data da última variación.
e) Informe de vida laboral dos últimos 12 meses.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente, e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 16 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para facilitar a mobilidade xeográfica das mulleres vítimas de violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 207 do 25 de outubro de 2024).
-
Extracto da Orde do 16 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para facilitar a mobilidade xeográfica das mulleres vítimas de violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 207 do 25 de outubro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e acccións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia
Prazo aberto: 06/02/2026 00:00 - 05/03/2026 23:59
Programa EMEGA.
Prazo pechado: 15/07/2025 00:00 - 14/08/2025 23:59
Renovación das vogalías correspondentes ás entidades no Consello Galego das Mulleres.
Prazo pechado: 04/10/2018 00:00 - 18/10/2018 23:59
Programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.
Prazo pechado: 21/09/2023 00:00 - 20/10/2023 23:59