Guía de procedementos e servizos

SI450A

Renovación das vogalías correspondentes ás entidades no Consello Galego das Mulleres.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 04/10/2018 00:00 - 18/10/2018 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

Sobre o procedemento

O obxecto desta orde é a renovación das vogalías integrantes do Consello Galego das Mulleres en representación das asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas cuxo ámbito de actuación estea dentro da Comunidade Autónoma de Galicia (procedemento SI450A) de acordo co establecido no Decreto 157/2012, do 5 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero no relativo aos órganos consultivos e de participación.

As asociacións de mulleres e as federacións por elas constituídas.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Loita Contra a Violencia de Xénero

Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero

Servizo de Apoio Técnico-Administrativo

San Lázaro, s/n,

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545362/ 881995063

Email: xestion.igualdade@xunta.gal

Dirección Xeral de Promoción da Igualdade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

04/10/2018 00:00 - 18/10/2018 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será de dez días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

As asociacións de mulleres e as federacións por elas constituídas que pretendan concorrer a este procedemento poderán participar como votantes e/ou como candidatas e deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Estar formadas exclusivamente por mulleres.

b) Ter o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Estar legalmente constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.

d) Ter sido creadas con carácter estable para a realización, sen ánimo de lucro, de fins específicos relacionados cos intereses das mulleres.

A concorrencia a este procedemento dunha federación, confederación ou agrupación de asociacións excluirá a das súas organizacións asociadas.

  • As entidades que non figuren inscritas no RUEPSS nas áreas de muller e/ou igualdade, ou que se opoñan á consulta no dito rexistro, deberán acompañar a solicitude da seguinte documentación:

    • a) Documento acreditativo da representación legal da persoa que subscriba a solicitude.

    • b) Copia dos estatutos da entidade, coa finalidade de acreditar que están legalmente constituídas, que os seus fins estatutarios se enmarcan dentro do ámbito da igualdade e os intereses das mulleres e que o seu ámbito de actuación está comprendido dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

    • c) Memoria descritiva das actividades que desenvolve a entidade, que deberán ter relación directa con algún destes ámbitos: defensa da igualdade de xénero, loita contra a discriminación das mulleres, loita contra a violencia de xénero.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) NIF da entidade solicitante.

  • b) DNI ou NIE da persoa representante.

  • c) Inscrición da entidade no RUEPSS, de ser o caso.

2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As entidades que desexen concorrer a este procedemento deberán presentar para tal efecto, debidamente cuberto, o anexo I que acompaña a presente orde e no que deberán indicar no cadro correspondente se se presentan como candidatas e/ou como votantes.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá utilizarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberá indicarse o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos poderá consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

  • Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 19 de setembro de 2018 pola que se convocan as asociacións de mulleres e as federacións constituídas por estas para o procedemento de renovación das vogalías que lles corresponden no Consello Galego das Mulleres (DOG nº 189 do 3 de outubro de 2018).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS423A

Título de familia numerosa / Carné familiar.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SI433A

Recoñecemento e acreditación de centros de información á muller.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SI433B

Extinción do recoñecemento e acreditación de centros de información á muller.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SI434A

Prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/01/2025 00:00 - 31/12/2025 23:59