Guía de procedementos e servizos

SA434A

Informe sanitario para concesión de augas para abastecemento.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Aberto todo o ano

Consellería de Sanidade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Regular o procedemento de solicitude do informe sanitario relativo á idoneidade da captación, á cualificación sanitaria das augas e ós mínimos precisos para a súa potabilización a fin do obter a concesión de augas para o servicio público de abastecemento dunha ou varias poboacións.

Os suxeitos obrigados a relacionarse por medios electrónicos coas administracións públicas, de acordo co artigo 14 da Lei 39/2015, así como as persoas físicas que non estando obrigadas a relacionarse electronicamente, elixan empregar esta vía.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de A Coruña

Servizo de Control de Riscos Ambientais de A Coruña

R/ Durán Loriga, 3-7ª

15003  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981155832

Fax: 981155813

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo

Servizo de Control de Riscos Ambientais de Lugo

Montevideo, 9

27001  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982292087

Fax: 982292128

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense

Servizo de Control de Riscos Ambientais de Ourense

Avda. Zamora, 13

32005  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988066325

Fax: 988066331

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra

Servizo de Control de Riscos Ambientais de Pontevedra

R/Fernández Ladreda, 43-1º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986885878

Fax: 986505610

Dirección Xeral de Saúde Pública
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará ou día 24 de agosto de 2016.

  • Informes técnicos e outras actuacións facultativas realizadas por persoal técnico ao servizo da administración xeral e das entidades públicas instrumentais dependentes dela, cando deban facerse como consecuencia de disposicións en vigor ou dos termos propios das concesións e autorizacións outorgadas ( 32.01.00)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Solicitude segundo o Anexo I.   

 Para todas as solicitudes:

  • Xustificante do pagamento das taxas (32.01.00 sen saída de campo) .

  • Memoria na que se inclúa:

    • Denominación da captación, localización e coordenadas.

    • Esquema ou plano de principio e memoria explicativa. Categoría da auga (subterránea, superficial río, superficial lago), tipo (galería, manancial, pozo entubado, pozo escavado, lago, río, presa), punto de mostraxe previsto, medidas de sinalización (modelo de cartel de sinalización a excepción das captacións para casa particulares ) e materiais de construción.

    • Denominación e código da masa da auga e zona protexida onde se situará a nova captación; profundidade e características do chan e tipo de rocha encaixante.

    • Posibles focos de contaminación augas arriba, no caso de orixe superficial e do terreo, no caso de orixe subterráneo.

    • Medidas de protección previstas e perímetros de protección solicitados.

    • Zonas de abastecemento a abastecer e tratamento de potabilización posterior que se ten previsto.

    • Caudal medio anual previsto en m³.

  • A. SE A CAPTACIÓN PERTENCE A UNHA ZONA DE ABASTECEMENTO TIPO 0 (captacións pertencentes a unha zona de abastecemento que subministra 10 m3/día ou menos e non ten unha actividade pública ou comercial).

    • Analítica da auga realizada por un laboratorio que cumpra co descrito no artigo 20 do Real Decreto 3/2023, do 10 de xaneiro, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios da calidade da auga de consumo, o seu control e subministro (BOE» núm. 9, do 11 de xaneiro do 2023).

Na que se analicen os seguintes parámetros: Escherichia coli, Clostridium perfringens (incluídas as esporas), Bacterias coliformes, amonio, aluminio, ferro, manganeso, arsénico, nitratos, nitritos, oxidabilidade, color, conductividade, pH, turbidez, actividade alfa, actividade beta e radon (so en augas subterráneas).

  • B. SE A CAPTACIÓN PERTENCE A UNHA ZONA DE ABASTECEMENTO TIPO 1, 2, 3, 4, 5 ou 6 (captacións pertencentes a unha zona de abastecemento que subministra máis de 10 m3/día ou ten unha actividade pública ou comercial).

    • Analítica da auga realizada por un laboratorio que cumpra co descrito no artigo 20 do Real Decreto 3/2023, do 10 de xaneiro, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios da calidade da auga de consumo, o seu control e subministro (BOE» núm. 9, do 11 de xaneiro do 2023).

Análise cos parámetros do anexo I, partes A, B e C; excepto os seguintes parámetros: clorito e clorato, Trihalometanos, Ácidos Haloacéticos, cloro libre residual e cloro combinado residual. Engadirase tamén un control de radioactividade segundo sinala o anexo II, parte B.

Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • NIF da entidade solicitante.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 28 de xullo de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Sanidade (DOG nº 147 do 4 de agosto de 2016).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do Dominio Público Hidráulico, que desenvolve os títulos preliminar I, IV, V, VI e VII da Lei 29/1985, do 2 de agosto, de Aguas (BOE nº 103 do 30 de abril de 1986).

    • Real Decreto 3/2023, do 10 de xaneiro, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios da calidade da auga de consumo, o seu control e subministro. (BOE nº 9 de 11 de xaneiro de 2023)

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

SA301A

Recoñecemento de interese sanitario para actos de carácter científico.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA431C

Reinicio/peche de actividade nunha piscina.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA431D

Inicio de actividade nunha piscina ou variación de datos previos declarados.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA431E

Situación de Incidencia nunha piscina.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano