Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
SA301A
Recoñecemento de interese sanitario para actos de carácter científico.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Entidades locais
Consellería de Sanidade
2. Esta orde será de aplicación a aqueles actos, reunións, cursos, congresos e xornadas organizadas no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Quedan excluídas do procedemento para o recoñecemento de interese sanitario as actividades de formación continuada acreditadas, dirixidas a profesionais sanitarios, de conformidade co disposto no capítulo IV do título II da Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias.
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de A Coruña
Servizo de Xestión de A Coruña
R/ Durán Loriga 3
1507 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981155863
Fax: 981155801
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo
Servizo de Xestión de Lugo
Montevideo, 9
27001 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982296908
Fax: 982292088
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense
Servizo de Xestión de Ourense
Avda. Zamora, 13
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988066374
Fax: 988066302
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra
Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de Pontevedra
Fernández Ladrera, nº 43, 1º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986885880
Fax: 986814186
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra
Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios de Pontevedra (Vigo)
Concepción Arenal, 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817624
Fax: 986817627
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), de conformidade co establecido nos artigos 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A dita solicitude, dirixida á xefatura territorial da consellería con competencia en materia de sanidade que corresponda en función da provincia en que teña lugar a actividade ou, no caso de cursos impartidos exclusivamente por medios telemáticos, a correspondente á sede física da entidade organizadora, será subscrita polas persoas organizadoras do acto ou os/as seus/súas representantes legais, axustándose ao modelo que figura no anexo I. Esta solicitude deberá presentarse, polo menos, con tres meses de antelación ao inicio da actividade de que se trate.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada.
Xunto coa solicitude, incorporarase a seguinte documentación:
a) Copia do NIF da entidade solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
b) Número de membros e composición da xunta directiva.
c) Publicacións que edita a entidade organizadora.
d) Actos científicos organizados pola entidade nos dous últimos anos.
e) Memoria en que se expoña o lugar e data previstos de realización da actividade, tipo de actividade que se vai desenvolver, obxectivos que se perseguen con esta, número de participantes previsto e linguas oficiais do procedemento.
f) Programa científico que inclúa un avance das conferencias, charlas, relatorios ou comunicacións que en cada caso vaian ter lugar, así como a relación dos/das conferenciantes ou profesorado e a súa cualificación profesional.
g) Declaración responsable de que a entidade dispón de orzamento económico suficiente para o desenvolvemento da actividade.
h) Declaración responsable de que a actividade será desenvolvida con pleno cumprimento da normativa laboral, da Seguridade Social, de prevención de riscos laborais, de protección de datos persoais e demais normativa aplicable que estea vixente en cada momento.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a traves da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
Prazo de resolución: Un mes
Sentido do silencio: Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 27 de decembro de 2016 pola que se regula o recoñecemento de interese sanitario para actos de carácter científico destinados a promover o estudo, difusión, formación ou especialización das ciencias e técnicas relacionadas coa saúde (DOG nº 6 do 10 de xaneiro de 2017)
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de veterinario/a para expedición de autorizacións de traslado de animais
Aberto todo o ano
Fusións de agrupacións de defensa sanitaria gandeiras.
Aberto todo o ano
Integración de explotacións pertencentes a un concello diferente daquel onde unha ADSG estea recoñecida.
Aberto todo o ano
Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia destinadas ás asociacións inscritas no rexistro galego de asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía.
Prazo aberto: 22/01/2025 00:00 - 12/09/2025 23:59