Guía de procedementos e servizos

SA304C

Axudas do programa Traslaciona Covid-19. Reforzo da investigación sanitaria de Galicia.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 09/07/2020 00:00 - 29/07/2020 23:59

Consellería de Sanidade

Sobre o procedemento

A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria extraordinaria das axudas do programa Translaciona COVID-19. Reforzo da investigación sanitaria de Galicia, convocatoria que ten como finalidade apoiar a investigación sanitaria na súa vertente translacional, co financiamento de proxectos, iniciativas ou ideas xurdidas dentro do Sistema público de saúde de Galicia no eido da investigación sanitaria, orientadas á prevención, diagnóstico ou tratamento da enfermidade da COVID-19 (código de procedemento SA304C), e realizar a convocatoria para o ano 2020. 

Actividades subvencionables

1. Serán obxecto de subvención ao abeiro desta convocatoria os proxectos que se relacionen coas actividades de prevención, diagnóstico ou tratamento (ou complementarias delas) da COVID-19, que poderán estar incluídos nalgunha das seguintes liñas a título enunciativo e non limitativo:

• Técnicas de diagnóstico virolóxico rápido e aplicables á asistencia sanitaria.

• Detección e destrución do virus, sistemas de desinfección masivos, etc.

• Desenvolvemento de terapias innovadoras, novas moléculas antivirais, antisépticos e desinfectantes fronte ao SARS-CoV-2019 (SARS-2) .

• Caracterización do virus SARS-CoV-2019 (SARS-2), coñecemento da variación xenética e antixénica do SARS-CoV-2019 (SARS-2), así como da resposta inmunolóxica ao virus SARS-CoV-2019 (SARS-2) e da interacción virus-hóspede.

• Impacto socioeconómico da enfermidade COVID-19.

• Análise das consecuencias clínicas da enfermidade COVID-19.

• Intelixencia artificial e análise masiva de datos integrados orientados ao control epidemiolóxico da enfermidade COVID-19, a coñecer en tempo real a dispoñibilidade de recursos sanitarios ou diagnósticos por imaxe e a mellorar a resposta cidadá ante a crise sanitaria.

2. Considéranse gastos subvencionables aqueles que de maneira indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido nesta orde. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

2.1. Só serán subvencionables os custos directos asociados á realización das actividades. Consideraranse custos directos os seguintes:

a) Gastos directamente relacionados coa execución das actividades, tales como os custos de utilización dalgúns servizos centrais e xerais de apoio á investigación da entidade beneficiaria, colaboracións externas, asistencia técnica, gastos externos de consultoría e servizos relacionados cos proxectos; todos debidamente xustificados e necesarios para o bo fin do proxecto.

b) Gastos de adquisición de material inventariable e equipamento científico-técnico indispensable para a realización do proxecto; as adquisicións de material funxible e demais gastos complementarios directamente relacionados coa execución do proxecto.

c) Gastos de publicación e difusión de resultados. Inclúense: gastos de revisión de manuscritos; gastos de publicación en revistas científicas, incluídos os relacionados coa publicación en revistas de acceso aberto; e os gastos derivados da incorporación a repositorios de libre acceso.

Estes gastos poderán ser imputados co límite máximo do 2 % do orzamento e deberán estar exclusiva e unicamente dirixidos á difusión dos resultados do proxecto.

d) Gastos de contratación de persoal técnico ou co grao necesario para a realización do proxecto, e que poderán incorporarse a este durante todo ou parte do tempo de duración previsto.

Os custos máximos de contratación imputables á subvención serano unicamente para o aboamento da retribución bruta salarial.

O persoal poderá ser contratado baixo calquera modalidade de contratación acorde coa lexislación vixente e coas normas a que estea sometida a entidade ou persoa beneficiaria, sen que iso implique ningún compromiso en canto á súa posterior incorporación ao dito organismo ou entidade.

e) Serán subvencionables os gastos derivados do informe de auditoría da conta xustificativa exixida para a comprobación da presente subvención.

Non se subvencionarán aquelas subcontratacións nas cales non se motive con precisión o obxecto, alcance e necesidade delas para a realización das actividades do proxecto de investigación presentado.

Serán beneficiarios os institutos de investigación sanitaria de Galicia, que poderán solicitar as axudas da presente convocatoria a través das súas entidades de xestión de acordo co disposto no artigo 4.c) do Real decreto 279/2016, do 24 de xuño, sobre acreditación de institutos de investigación biomédica ou sanitaria.

A través destes institutos poderá presentar proxectos de investigación calquera profesional sanitario, investigador ou grupo de investigación vinculado ao Sistema público de saúde de Galicia na súa respectiva área sanitaria.

Son obrigas das persoas beneficiarias das subvencións:

a) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención. En todo caso, os organismos de investigación sanitaria beneficiarios quedan obrigados a destinar a axuda recibida a usos relacionados coas actividades non económicas relativas a actuacións de I+D+i e de que así quede reflectido na súa contabilidade, conforme o establecido no número 2.1.1 do Marco comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (2014/C 198/01).

b) Someterse ás actuacións de comprobación, que efectuará a ACIS, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

c) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas persoas beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberase efectuar tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

d) Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a se ditar a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.

e) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

f) Adoptar as medidas adecuadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas.

De acordo con esta obriga, a persoa beneficiaria deberá anunciar que está sendo subvencionada pola ACIS. Para isto incorporarán un cartel informativo dun tamaño mínimo de A3 nun lugar destacado e visible durante o período mínimo dun ano desde o pagamento da subvención. O dito cartel estará dispoñible no portal de ACIS http://acis.sergas.es

g) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

Xerencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

Área de Planificación e Promoción da Investigación Sanitaria

Avda. Fernando de Casas Novoa nº 37 1º

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981568061/ 981568054

Email: investigacion.acis@sergas.es

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

09/07/2020 00:00 - 29/07/2020 23:59

O prazo de presentación de solicitudes deste procedemento en que a concesión é en réxime de concorrencia competitiva será de 15 días, e comezará o seu cómputo o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Só serán admitidas as solicitudes que fosen gravadas na sede electrónica da Xunta antes das 24.00 horas do último día de prazo de presentación.

- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia http://sede.xunta.gal

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e chave Chave365 (https://xunta.gal/chave365).

Documentación que se deberá presentar para tramitar o procedemento

1. Deberase presentar o formulario de solicitude normalizado onde se recolle un resumo do proxecto de investigación, descrición das líñas de investigación principais do proxecto e cronograma, calidade e capacidade investigadora dos solicitantes e orzamento solicitado segundo o modelo recollido no anexo I, que se considerará parte integrante e contido mínimo da solicitude, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal e, só para os efectos informativos, na páxina web da ACIS http://acis.sergas.es.

A ausencia de descrición detallada do contido da memoria ou do orzamento do proxecto implicará, en función da súa natureza, unha menor puntuación na avaliación do proxecto, a redución do orzamento presentado ou, mesmo, a denegación da axuda solicitada.

2. A solicitude comprenderá a declaración responsable relativa ao cumprimento por parte do solicitante dos requisitos a que se refire o artigo 4 das bases reguladoras. A presentación da declaración responsable faculta a Administración para verificar en calquera momento a veracidade dos datos declarados.

3. O formulario de solicitude incluirá unha declaración expresa de aceptación, por parte da entidade solicitante, das condicións e obrigas do programa recollidas nesta orde.

Comprobación de datos

1. Para tramitar o procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante da entidade.

c) Certificado de estar ao día das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

d) Certificado de estar ao día no pagamento da Axencia Tributaria de Galicia.

e) Certificado de estar ao día no pagamento da Seguridade Social.

f) Poder da persoa representante que presente a solicitude inscrito no rexistro correspondente.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos datos citados, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 2 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras, se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas a proxectos de investigación sanitaria translacional, programa Translaciona COVID-19. Reforzo da investigación sanitaria de Galicia, e se dá publicidade da encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde para a tramitación e xestión das citadas axudas (DOG nº 135 do 8 de xullo de 2020).

    • Extracto da Orde do 2 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras, se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas a proxectos de investigación sanitaria translacional, programa Translaciona COVID-19. Reforzo da investigación sanitaria de Galicia, e se dá publicidade da encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde para a tramitación e xestión das citadas axudas (DOG nº 135 do 8 de xullo de 2020).

    • Resolución do 23 de outubro de 2020 pola que se conceden as axudas da Orde do 2 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a proxectos de investigación sanitaria traslacional, programa Traslaciona COVID-19. Reforzo da investigación sanitaria de Galicia, e se dá publicidade da encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde para a tramitación e xestión das citadas axudas (DOG nº 223 do 4 de novembro de 2020).

    • Resolución do 21 de xuño de 2021 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 2 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras, se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas a proxectos de investigación sanitaria translacional, programa Translaciona COVID-19. Reforzo da investigación sanitaria de Galicia, e se dá publicidade da encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde para a tramitación e xestión das citadas axudas (DOG nº 134 do 15 de xullo de 2021).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR516C

Programas sanitarios excepcionais e de investigación ou experimentación en apicultura.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA203A

Autorización dos estudos observacionais con medicamentos de uso humano de seguimento prospectivo que se realicen nos centros sanitarios do sistema de saúde de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA203B

Autorización de modificación substancial dos estudos observacionais con medicamentos de uso humano de seguimento prospectivo que se realicen nos centros sanitarios do Sistema de Saúde de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA301A

Recoñecemento de interese sanitario para actos de carácter científico.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano