Guía de procedementos e servizos

SA300A

Participación no concurso público para a adxudicación de novas oficinas de farmacia.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 09/07/2018 00:00 - 06/08/2018 23:59

Consellería de Sanidade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Acordar o inicio da fase de adxudicación de novas oficinas de farmacia autorizadas consonte o sinalado no Decreto 27/2017, do 23 de novembro, polo que se aproba o mapa farmacéutico de Galicia, se planifica a autorización de novas oficinas de farmacia e se fixa a delimitación territorial para a súa localización.

O procedemento de axudicación desenvolverase de conformidade co establecido no Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, peche e transmisión de oficinas de farmacia, modificado polo Decreto 66/2018, do 14 de xuño (DOG núm. 121, do 26 de xuño.

Poderán participar neste concurso as persoas licenciadas ou graduadas en farmacia. Non entanto, debe terse en conta que aquelas que teñan a condición de titulares ou cotitulares de oficinas de farmacia, non poderán ser adxudicatarios/as dunha nova oficina de farmacia na mesma zona farmacéutica na estea instalada a súa, de conformidade co disposto no artigo 19.5 da Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade

Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Administrativo

San Lázaro, s/n

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881542726

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de A Coruña

Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de A Coruña

R/ Durán Loriga 3

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981155823

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo

Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de Lugo

R/ Montevideo, 9

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982292106

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense

Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de Ourense

Avda. Zamora, 1

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988066327

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra

Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, 43-1

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986885880

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade

Prazo de presentación: PECHADO

09/07/2018 00:00 - 06/08/2018 23:59

O prazo para a súa presentación será de 20 días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Non poderán participar no concurso os/as farmacéuticos/as que estean inhabilitados/as ou incapacitados/das para o exercicio da profesión por sentenza xudicial firme penal ou civil, nin tampouco quen o teña prohibido en virtude do disposto no artigo 57.5 da Lei 5/1999, do 21 de maio.

  • Solicitude para participar no concurso público de autorización de novas oficinas de farmacia. ( 31.14.03)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • As solicitudes deberán ir acompañadas, polo menos, das seguintes copias ou documentos:

    • a) Copia do documento acreditativo da representación, en caso de actuar mediante ela.

    • b) Xustificante acreditativo do pagamento da taxa.

    • c) Certificado de colexiación no correspondente Colexio Oficial de Farmacéuticos ou compromiso formal de colexiarse unha vez obtida a adxudicación da oficina de farmacia.

    • d) Anexo IV (relación detallada dos méritos alegados susceptibles de valoración) debidamente cuberto.

    • e) Anexo V (folla de autobaremación) debidamente cuberto.

    • f) Certificado de estudos de lingua galega (Celga 4 ou equivalente) cando non sexa expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    • g) Certificado de discapacidade cando non sexa expedido pola Xunta de Galicia.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

    • a) DNI/NIE da persoa solicitante.

    • b) DNI/NIE da persoa representante.

    • c) Título oficial universitario en Farmacia.

    • d) Certificado de estudos de lingua galega (Celga 4 ou equivalente) cando sexa expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    • e) Certificado de discapacidade cando sexa expedido pola Xunta de Galicia.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • A taxa para poder participar no concurso público de oficinas de farmacia é de 225,23 euros, conforme o disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

A persoa solicitante poderá realizar o pagamento dun dos seguintes xeitos:

  • a) Pagamento presencial: poderá efectuar o pagamento cubrindo o correspondente impreso de pago (modelo de tramitación presencial 731 ou modelo de autoliquidación de taxas AI), o cal poderá descargar a través da web da Axencia Tributaria de Galicia https://ovt.atriga.gal/. O ingreso do importe da taxa poderá realizarse en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle facilitará un exemplar selado como xustificante.

Os códigos para cubrir o dito impreso son:

Consellería de Sanidade: código 11.

Delegación de Servizos Centrais: código 13.

Servizo de Planificación e Ordenación: código 02.

Taxa: denominación: solicitude para participar no concurso público de autorización de novas oficinas de farmacia: código 311403.

  • b) Pagamento electrónico: poderá realizarse a través da OV Tributaria da Axencia Tributaria de Galicia, á cal poderá acceder con ou sen certificado dixital, e seguindo as súas instrucións. O pagamento poderá efectuarse en calquera das entidades colaboradoras neste método de pagamento, as cales poderán ser consultadas na web da dita axencia.

Tanto no caso do pagamento presencial como no caso do pagamento electrónico, considerarase como data válida de presentación da solicitude a de realización da operación de ingreso da taxa, sen que sexa necesario presentar ningún dos documentos xerados nos lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

O importe da taxa seralles reintegrado ás persoas aspirantes que así o soliciten e que figuren como excluídas na lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no concurso, sempre e cando cubrisen os datos bancarios necesarios para facer a devolución.

Non procederá a devolución do importe aboado en concepto de taxa nos supostos de renuncia a participar no concurso público de adxudicación por parte das persoas participantes admitidas provisional ou definitivamente.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • As solicitudes, que irán dirixidas á persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, presentaranse segundo o modelo normalizado recollido no anexo III, preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas tituladas ou graduadas en Farmacia que na data de presentación da súa solicitude estean colexiadas no correspondente colexio oficial de farmacéuticos.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderán empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica (DOG nº 99 do 26 de maio de 1999).

    • Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, cerramento e transmisión de oficinas de farmacia (DOG nº 125 do 28 de xuño de 2001).

    • Corrección de erros.-Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, cerramento e transmisión de oficinas de farmacia (DOG nº 66 do 5 de abril de 2002).

    • Decreto 193/2005, do 30 de xuño, polo que se modifica o Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, cerramento e transmisión de oficinas de farmacia (DOG nº 133 do 12 de xullo de 2005).

    • Decreto 127/2017, do 23 de novembro, polo que se aproba o mapa farmacéutico de Galicia, se planifica a autorización de novas oficinas de farmacia e se fixa a delimitación territorial para a súa localización (DOG nº 237 do 15 de decembro de 2017)

    • Decreto 66/2018, do 14 de xuño, polo que se modifica o Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, peche e transmisión de oficinas de farmacia (DOG nº 121 do 26 de xuño de 2018).

    • Resolución do 2 de xullo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se convoca concurso público para a adxudicación de novas oficinas de farmacia (DOG nº 129 do 6 de xullo de 2018).

Outros procedementos relacionados

MR435D

Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR553C

Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades

Tramitar en liña

Prazo aberto: 16/01/2025 00:00 - 28/11/2025 23:59

MR561A

Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR561B

Renovación da autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano