Guía de procedementos e servizos

SA431C

Reinicio/peche de actividade nunha piscina.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Sanidade

Que é e para que serve

1. A persoa titular dunha piscina de uso público ou de uso privado tipo 3A, excepto as de comunidades de persoas propietarias, deberá comunicar á xefatura territorial da consellería competente en materia de sanidade correspondente segundo a localización xeográfica da instalación as seguintes situacións:

a) O peche da instalación cando teña lugar durante un período superior a dúas semanas.

b) O reinicio da actividade tras o peche superior a dúas semanas en piscinas de uso continuo e a reapertura nas piscinas de uso descontinuo.

Na comunicación previa indicaranse os datos da instalación e o tipo de comunicación que se realiza.

Tamén se indicarán os datos da actividade relativos á data prevista do reinicio da actividade ou peche da piscina e o período previsto no que a instalación permanecerá aberta ou pechada.

2. A presentación da comunicación previa por parte das persoas físicas ou xurídicas interesadas titulares no suposto da letra b) do número 1 considerarase condición suficiente para o reinicio da actividade e o seu exercicio por tempo indefinido, sen prexuízo das facultades de comprobación, control e inspección que se poidan levar a cabo con posterioridade.

3. A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se acompañe ou incorpore á comunicación previa, ou a non presentación ante a Administración competente da comunicación previa, determinará a imposibilidade de continuar co exercicio da actividade afectada dende o momento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que houbese lugar.

Quen pode solicitalo

Persoas titulares de piscinas localizadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 28 de outubro de 2019 e permanecerá aberto durante todo o ano.

Como se tramita

Esta solicitude débese presentar por internet a través da sede electrónica. 

Tramitar en liña

A solicitude débela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña: 

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón. 

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

  • Comunicación segundo o Anexo II.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • NIF da entidade comunicante.

  • DNI/NIE da persoa comunicante.

Anexos

Que vai pasar despois de que o presente

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de A Coruña

Servizo de Control de Riscos Ambientais de A Coruña

R/ Durán Loriga 3

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981155832

Fax: 981155813

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo

Servizo de Control de Riscos Ambientais de Lugo

Montevideo, 9

27001  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982292087

Fax: 982292128

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense

Servizo de Xestión de Ourense

Avda. Zamora, 13

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988066325

Fax: 988066331

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra

Servizo de Control de Riscos Ambientais de Pontevedra

Avda. M.ª Victoria Moreno, 43-1º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986885878

Fax: 986505610

Órgano responsable

Dirección Xeral de Saúde Pública
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Decreto 119/2019, do 19 de setembro, polo que se regulan os criterios hixiénico-sanitarios das piscinas de Galicia (DOG nº 191 do 8 de outubro de 2019). Ligazón á normativa

    • Corrección de erros. Decreto 119/2019, do 19 de setembro, polo que se regulan os criterios hixiénico-sanitarios das piscinas de Galicia (DOG nº 204 do 25 de outubro de 2019). Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal
    • Real Decreto 742/2013, do 27 de setembro, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios das piscinas (BOE nº 244 do 11 de outubro de 2013). Ligazón á normativa

    • Corrección de erros do Real Decreto 742/2013, do 27 de setembro, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios das piscinas (BOE nº 271 do 12 de novembro de 2013). Ligazón á normativa

    • Corrección de erros do Real Decreto 742/2013, do 27 de setembro, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios das piscinas (BOE nº 156 do 27 de xuño de 2014). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR435D

Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR553C

Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades

Tramitar en liña

Prazo aberto: 09/01/2026 00:00 - 30/11/2026 23:59

MR561A

Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano