Guía de procedementos e servizos

SA304F

Participación no Living Lab de Saúde de Vigo da Rede de Living Labs de Saúde de Galicia (LABSAÚDE)

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 19/08/2025 00:00 - 20/10/2025 23:59

Consellería de Sanidade

Sobre o procedemento

A selección de entidades que participarán no Living Lab de Vigo da Rede de Livings Labs de Saúde de Galicia (LABSAÚDE), no marco do proxecto Innov4life do Programa de cooperación Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, no ámbito de actuación do Sistema público de saúde de Galicia, coa finalidade de crear un ecosistema de innovación no ámbito da saúde que impulse a cooperación segundo o modelo da cuádrupla hélice (administracións públicas, academia, empresas e usuarios).

1.Poderán participar na convocatoria as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais. As empresas participantes poderán ter a consideración de pequenas, medianas ou grandes empresas, segundo as definicións contidas no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, sen que isto afecte a solicitude de participación nesta convocatoria.

2.Poderán tamén participar na convocatoria os organismos de investigación, centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica ou universidades públicas.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

AVDA FERNANDO DE CASA NOVOA. NÚMERO 37. PORTAL A

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981555103

Email: INNOVACION.ACIS@SERGAS.ES

Servizo de Xestión (ACIS)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

19/08/2025 00:00 - 20/10/2025 23:59

O prazo para a presentación de solicitudes será de dous (2) meses e comezará a contar o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Os solicitantes deberán conservar no seu poder a documentación acreditativa da súa presentación.

As entidades participantes deberán estar ao día nas súas obrigacións coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e non ser consideradas empresas en crise. Para estes efectos, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as grandes empresas figura no punto 2.2 das Directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras (DOUE C 249, do 31 de xullo de 2014) e que para as pemes aparece no punto 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión.

Tampouco poderán ser participantes aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal, co código de procedemento SA304F.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

A información que debera figurar xunto coa solicitude, segundo o anexo I, é a seguinte:

1) Identificación do proxecto.

2) Liña de innovación.

3) Necesidade detectada.

4) Obxectivos do proxecto.

5) Descrición do proxecto.

6) Prioridades cos que se aliña o proxecto.

7) Potencial comercial da solución.

8) Comité de ética, se é o caso.

9) Asunción de gastos para a posta en marcha do proxecto de I+D+i.

10) Motivo do seu interese en participar neste Living Lab e profesionais da área sanitaria de Vigo interesados en colaborar no desenvolvemento do proxecto.

Documentación complementaria

1. Todas as entidades interesadas deberán presentar, de forma obrigada, xunto coa solicitude, o anexo II, modelo exixido de memoria técnica do proxecto e explicativa das necesidades/plan de actuación en relación co proxecto, que describirá, ademais, os elementos necesarios para a fase de experimentación, os aspectos desexados para validar/testar e a forma de recoller os posibles resultados.

2. No caso de proxectos que previamente contasen cun informe favorable dun comité de ética de investigación que sexa competente poderano achegar como documentación complementaria.

3. Pódese incluír como outra documentación complementaria a achegar cartas de apoio por parte de profesionais sanitarios da área sanitaria de Vigo interesados en colaborar no desenvolvemento do proxecto.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

f) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado para iso no formulario de solicitude e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos datos citados, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores

Todos os trámites administrativos que as persoas ou entidades interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente, a través da súa Carpeta cidadá, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 28 de xullo de 2025 pola que se aproban e se publican as bases reguladoras do procedemento para a selección das entidades que participarán no Living Lab de Vigo da Rede de Living Labs de Saúde de Galicia (LABSAÚDE), no marco do proxecto Innov4life do Programa de cooperación Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 156 do 18 de agosto de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IN608B

Rexistro de posta en servizo de guindastre torre para obras ou outras aplicacións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR435D

Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR560B

Inscrición no rexistro dos centros de cría, subministradores e usuarios de animais de experimentación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano