Guía de procedementos e servizos

SA001A

Creación da carpeta persoal de saúde.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Sanidade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Que é e para que serve
1. O obxecto da presente orde é a creación e regulación da carpeta persoal de saúde, así como os requisitos e as condicións para a súa xestión, tanto por parte da persoa usuaria como por parte de persoas autorizadas distintas da persoa interesada.

2. Ademais da carpeta persoal de saúde, o Servizo Galego de Saúde poderá poñer á disposición das súas persoas usuarias, a través do seu portal web, outros servizos telemáticos sanitarios, de acordo coas condicións e cos requisitos que en cada momento se determinen.

Quen pode solicitalo
Poderá acceder á carpeta persoal de saúde a propia persoa usuaria, así como as persoas autorizadas expresamente para o efecto por aquela nos termos que se indican a seguir:

a) Cando se trate de persoas menores de 18 anos, poderán acceder á súa carpeta persoal o seu pai, nai ou titor/a legal.

b) Cando se trate de persoas incapacitadas, poderá acceder á súa carpeta o seu representante legal ou a persoa autorizada por este expresamente para os efectos desta orde.

c) Cando se trate de persoas maiores de idade que, non estando incapacitadas xudicialmente, sexan pacientes crónicos/as e debido ás limitacións propias da idade ou da enfermidade, poderá acceder á súa carpeta a persoa autorizada expresamente pola persoa interesada para os efectos desta orde.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Como se tramita

Debes de presentar esta solicitude de forma presencial.

Tramitar presencialmente

Podes presentar a solicitude en:

  • As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
  • As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
  • As oficinas de Correos.
  • As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
  • Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.

As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

  • As solicitudes de creación da carpeta persoal de saúde deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel. Utilizarase o anexo, no cal, ademais de recoller os seus datos identificativos e o número de tarxeta sanitaria, deberán indicar o sistema de autenticación elixido e os metodos de acceso a aquela, consonte o disposto no artigo 6 desta orde.

    A solicitude formalizarase por vía electrónica mediante o citado anexo accesible desde a páxina web www.sergas.es ou desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es, de acordo co establecido na normativa vixente en materia de Administración electrónica.

    Para formalizar a solicitude de maneira presencial, deberá dirixirse a calquera centro sanitario do Sistema público de saúde de Galicia nos cales se realizarán as funcións de rexistro de usuarios da plataforma É-Saúde e presentar o anexo. Neste caso, a persoa interesada deberá acudir persoalmente e achegar a documentación acreditativa da súa identidade e a acreditación como usuaria do Servizo Galego de Saúde a traves da súa tarxeta sanitaria.

  • O acceso á carpeta persoal de saúde efectuarase a traves de portais web e medios ou dispositivos electrónicos xestionados ou autorizados polo Servizo Galego de Saúde, cuxa validez se poderá consultar no portal web do Servizo Galego de Saúde. En función do perfil escollido pola persoa usuaria, poderá realizarse mediante o DNI electrónico, certificado dixital, Chave 365 ou outros mecanismos de autenticación que poidan ser aplicables segundo a normativa vixente de administración electrónica no momento do acceso.

  • A persoa que queira acceder á carpeta persoal de saúde dunha terceira persoa deberá presentar, en calquera centro sanitario do Sistema público de saúde de Galicia, un documento asinado pola persoa outorgante en que a autorice expresamente para o acceso, de xeito que sirva como acreditación da súa representación para os efectos desta orde. No caso de que se trate de persoas menores de idade, o dito documento irá asinado unicamente polo pai, nai ou titor/a legal.

    Esta autorización incorporarase ao rexistro electrónico de apoderamento correspondente.

  • Xunto co anterior deberán presentar ademais a seguinte documentación:

    • a) Copia do DNI da persoa outorgante.

    • b) Copia do DNI da persoa representante legal, pai, nai ou titor/a da persoa menor de idade ou incapacitada.

    • c) Copia do libro de familia, no caso de que exista unha vinculación familiar acreditable entre a persoa outorgante e a persoa autorizada expresamente por aquela.

    • d) Copia do contrato de traballo ou declaración xurada de prestación de servizos laborais, no caso de que exista unha vinculación de carácter laboral entre a persoa outorgante e a persoa representante ou a persoa expresamente autorizada.

    • e) Copia da sentenza de incapacitación, de ser o caso.

    • f) Copia do convenio regulador de custodia ou sentenza de divorcio, de ser o caso.

  • Cando se trate de persoas menores de idade, o acceso á carpeta persoal do paciente facilitado ao seu pai, nai ou titor/a legal caducará automaticamente no momento de cumprir os 14 anos, agás que manifeste expresamente a súa vontade de que os seus proxenitores/as ou titor/a continúen accedendo á súa carpeta persoal.

Que vai pasar despois de que o presente

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Servizo Galego de Saúde (SERGAS)

Xerencia do Servizo Galego de Saúde

Subdirección Xeral de Humanización e Atención á Cidadanía

Edificio Admtvo. San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881540309

Fax: 881548684

Órgano responsable

Subdirección Xeral de Humanización e Atención á Cidadanía
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes (DOG nº 241 do 17 de decembro de 2010). Ligazón á normativa

    • Orde do 19 de setembro de 2016 pola que se crea e regula a carpeta persoal de saúde (DOGnº 187 do, 30 de setembro de 2016). Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal
    • Real Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica (BOE nº 25, do 29 de xaneiro de 2010). Ligazón á normativa

    • Corrección de erros do Real Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica (BOE nº 61, do 11 de marzo de 2010). Ligazón á normativa

    • Real Decreto 951/2015, do 23 de outubro, de modificación do Real Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica (BOE nº 264, do 4 de novembro de 2015). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR435D

Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR553C

Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades

Tramitar en liña

Prazo aberto: 09/01/2026 00:00 - 30/11/2026 23:59

MR561A

Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano