Guía de procedementos e servizos

PR816A

Prazas para o desenvolvemento dunha actividade formativa de especialización en financiamento comunitario do Programa TecEuropa.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2025 - Prazo aberto: 20/03/2025 00:00 - 21/04/2025 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de prazas para o desenvolvemento de actividades formativas dentro do programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa.

Poderán optar a participar no programa TecEuropa as persoas que reúnan os seguintes requisitos, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:

a) Pertencer a algunha das seguintes categorías de entidades:

1. Persoal con relación laboral, estatutaria ou funcionarial nalgunha das entidades membros do Padroado da FGE, na actualidade: Xunta de Galicia (Administración xeral da Comunidade Autónoma ou entidades instrumentais do sector público autonómico), Abanca, Consorcio Zona Franca de Vigo, Deputación Provincial da Coruña e Deputación Provincial de Lugo ou outras entidades que poidan formar parte do padroado no futuro.

2. Persoal con relación laboral, estatutaria ou funcionarial nalgunha das entidades locais galegas (concellos e deputacións).

3. Persoal con relación laboral, estatutaria ou funcionarial en entidades públicas e privadas con ou sen ánimo de lucro que deben ter o seu domicilio social e realizar as súas actividades maioritariamente en Galicia.

b) Non estar incursas en ningún dos supostos de prohibición para obter subvencións do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

Fundación Galicia Europa

Rúa do Hórreo, nº 61

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541012/ +32(0)27355440

Email: santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu // bruselas@fundaciongaliciaeuropa.eu

http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/

Persoalmente no enderezo da Fundación Galicia Europa: En Santiago de Compostela: Rúa do Hórreo, nº 61. En Bruxelas: Rue de la Loi / Wetstraat 38 - 2°, bte. 2

Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

Outros procedementos relacionados

AP522T

Inclusión nas listas para a cobertura temporal de postos.

Prazo aberto: 01/03/2025 00:00 - 30/04/2025 23:59

PR462A

Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR810A

Alta no sistema de inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia a través da internet utilizando certificados dixitais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA701C

Inicio de actividade, cese de actividade e modificación da actividade de formación do persoal encargado da realización de operacións de mantemento hixiénico-sanitario de: instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, prácticas de tatuaxe, micropigmentación, piercing e outra práctica de decoración persoal que implique a perforación da pel, mucosa ou tecidos, e aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano