Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR810A
Alta no sistema de inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia a través da internet utilizando certificados dixitais.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Créase o rexistro automatizado de autoridades e persoal facultado para enviar, mediante a sinatura electrónica prevista no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades da dependentes, a orde de inserción dos documentos destinados a ser publicados no DOG.
A finalidade deste rexistro é dispor da relación de persoas facultadas para enviar, mediante a sinatura electrónica, as ordes de inserción no DOG.
En cada asentamento débense facer constar os datos persoais identificativos das persoas facultadas para enviar as ordes de inserción, consistentes en nome, apelidos e número de documento nacional de identidade, así como os datos de contacto, a identificación do organismo, ente ou entidade que as facultou para enviar as ordes de inserción no DOG, e a data de alta e de baixa no rexistro.
É requisito previo para publicar os anuncios liquidar os importes das taxas segundo o establecido na normativa sobre taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.
No caso de que o anuncio estea incluído nun suposto de exención do pagamento da taxa de publicación, a persoa interesada deberao alegar e acreditar con carácter previo á publicación.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Secretaría Xeral da Presidencia
Dirección Xeral do Gabinete Técnico Da Presidencia
Subdirección Xeral de Coordinación e Planificación
Servizo de Tradución e Apoio na Edición do Diario Oficial de Galicia
Sección de Diario Oficial de Galicia
Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15071 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544267
Fax: 981544273
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Solicitude normalizada
Para poder facer a devandita remisión telemática e imprescindible que posúa un certificado dixital persoal expedido pola Fábrica Nacional de Moneda e Timbre - Real Casa da Moeda (FNMT). A solicitude deste certificado dixital poderá facerse antes as oficinas da Xunta de Galicia que actúan como autoridades no rexistro da mencionada FNMT
Unha vez dado de alta no sistema de envío telemático de anuncios para a súa inserción no DOG poderá facer os envíos telemáticos que desexe ao enderezo https://edog100.xunta.es
- Inicio
- Solicitude (Anexo I)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 28 de abril de 2011 pola que se regula a edición electrónica do Diario Oficial de Galicia e se determina a súa posta en funcionamento (DOG nº 83 de 29 de abril de 2011).
-
Outros procedementos relacionados
Acceso á información contida na Historia Social Única Electrónica.
Aberto todo o ano
Punto xeral de entrada de facturas electrónicas e o Rexistro Contable de Facturas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Aprobación dos modelos oficiais de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados
Aberto todo o ano
Alta/renovación de usuario en Chave365.
Aberto todo o ano