Guía de procedementos e servizos

PR461D

Inscrición proceso de provisión por mobilidade. Categoría de policía.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 07/07/2025 00:00 - 01/09/2025 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sobre o procedemento

Convocar proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía.

Funcionarios aspirantes a outros Corpos da Policia Local.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

Secretaría Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

Servizo de Coordinación, Planificación e Selección

Rúa da Cultura, s/n

36680  Estrada, A  (Pontevedra)

Teléfono: 886206109

Email: seleccion.agasp@xunta.gal

https://agasp.xunta.gal/es

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

07/07/2025 00:00 - 01/09/2025 23:59

Segundo a Orde do 29 de xullo de 2025 pola que se modifica a Orde do 26 de xuño de 2025 ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes de vinte días (20) hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta Orde no Boletín Oficial del Estado.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial del Estado. O anuncio desta convocatoria será publicado tamén nos boletíns provinciais das catro provincias galegas.

a) Atoparse na situación administrativa de servizo activo na categoría de policía.

b) Ter unha antigüidade mínima de tres anos na categoría de policía.

c) Levar máis de tres anos de tempo efectivo e continuado no actual destino.

d) Non atoparse en situación administrativa de segunda actividade, salvo os casos de segunda actividade por embarazo ou lactación.

e) Estar en posesión da titulación académica exixida para a categoría ou en condicións de obtela.

f) No suposto regulado no artigo 40 do Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, en relación coa participación simultánea en varios procesos de mobilidade, establécese como obriga a comunicación desta situación á Agasp e ao/aos concello/s interesado/s.

Os requisitos enumerados neste artigo, tanto para o acceso por oposición libre como provisión por mobilidade, deberán acreditarse na data da presentación da solicitude, dentro do prazo fixado nesta convocatoria e deberanse manter ata que remate o proceso selectivo, tanto na fase de oposición como no desenvolvemento do curso selectivo, incluído o período de prácticas nos concellos de procedencia.

  • Inscrición nos procesos selectivos para a selección dos membros dos corpos da policía local, vixiantes municipais e auxiliares de policía local derivada da cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos ( 30.03.04)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal, que é o anexo II desta orde (código de procedemento PR461D).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Non se terá en conta a documentación que non quede debidamente acreditada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes de participación no proceso vincularán as persoas solicitantes unha vez finalizado o prazo de presentación destas.

Poderase renunciar a participar neste proceso en calquera momento e, como máximo, ata a publicación da lista que conteña a baremación definitiva realizada polo tribunal.

No suposto de estaren interesados/as en varias prazas ofertadas no anexo III desta orde, deberanas solicitar por orde de preferencia.

Presentación electrónica. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Taxas.

1. Aboamento das taxas.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito necesario para participar neste proceso, deberase aboar dentro do prazo de presentación de solicitudes, en concepto de dereito de inscrición, o importe de 33,13 euros e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes.

O pagamento da taxa poderá facerse:

a. Electronicamente: con cargo a unha tarxeta de crédito ou débito e, no caso de que se teña certificado dixital, poderase tamén facer con cargo a unha conta bancaria do titular. No momento de facer o pagamento obterase un xustificante (modelo 730).

b. Presencialmente: neste caso deberase imprimir o documento de pagamento (modelo 739) e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle deberá selar o xustificante coa data do pagamento.

Os códigos para cubrir as taxas son os seguintes:

Consellería: Presidencia, Xustiza e Deportes. Código 04.

Delegación: Servizos centrais. Código 13.

Servizo: Academia Galega de Seguridade Pública. Código 19.

Taxa: Denominación: inscrición nos procesos selectivos para a selección de persoal dos corpos da Policía Local de Galicia. Código 30.03.04.

A falta de pagamento da taxa correspondente ou a falta de xustificación desta en prazo determinará a exclusión da persoa aspirante no proceso, e non será posible a súa corrección fóra do prazo de presentación de solicitudes.

A presentación do xustificante do aboamento das taxas non supoñerá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude de participación no proceso.

Finalizado correctamente o proceso de pagamento, poderase presentar a solicitude.

2. Exención e bonificación no aboamento da taxa. Sempre que se cumpra o resto de requisitos.

a. Estarán exentos do pagamento desta taxa por dereito de inscrición:

• Persoas membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

• Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

b. Aplicarase unha bonificación do 50 % do importe da taxa ás:

• Persoas membros de familias numerosas de categoría xeral.

• Persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

• Vítimas do terrorismo, tal e como se describe no artigo 23 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

As circunstancias de exención e bonificación deberán ser acreditadas, segundo o suposto que corresponda, presentando coa solicitude a documentación.

Documentación complementaria que se debe presentar para participar no proceso.

a. Solicitude (anexo II) debidamente cuberto e asinado (código de procedemento PR461D).

b. Xustificante do pagamento da taxa (código 30.03.04), agás que o pagamento da taxa se inicie e finalice electronicamente a través da sede.

c. Certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial, ou carné familiar en que conste o devandito carácter, sempre que non fose expedido pola Xunta de Galicia, xa que nese caso se poderá consultar, sempre que a persoa non se opoña á súa consulta no anexo II da solicitude.

d. Resolución administrativa pola que se recoñeza a condición de vítima de terrorismo, de ser o caso.

e. Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade ou certificado de discapacidade expedido polo órgano competente na materia, sempre que non fose expedido pola Xunta de Galicia.

f. Relación dos méritos que se acrediten, por cada un dos puntos de que consta o concurso, segundo o especificado no anexo VI.

g. Copia da documentación acreditativa dos méritos alegados. A documentación acreditativa dos méritos deberase presentar na orde en que figura cada un dos méritos na relación de méritos do anexo.

Non é preciso remitir documentación acreditativa da epígrafe 3 do anexo VI relativa a formación profesional e docencia.

h. Certificado acreditativo en que conste que se cumpren os requisitos recollidos no punto 2.2 desta convocatoria de:

• Atoparse na situación administrativa de servizo activo na categoría de policía.

• Ter unha antigüidade mínima de tres anos na categoría de policía, dende a data de nomeamento como funcionario de carreira.

• Levar máis de tres anos de tempo efectivo e continuado no actual destino.

• Non atoparse en situación administrativa de segunda actividade, agás os casos de segunda actividade por embarazo ou lactación.

i. Documentación acreditativa da representación.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

Presentación.

Para o proceso de provisión por mobilidade (PR461D): a documentación deberase presentar electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Responsabilidade. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegada polos/as aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

Presentación separada. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código do procedemento (PR461D), o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Tamaño máximo e formatos admitidos. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a. DNI da persoa solicitante.

b. DNI ou NIE da persoa representante.

c. Títulos oficiais non universitarios.

d. Títulos oficiais universitarios.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Título de familia numerosa expedido pola Administración autonómica.

b)Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade ou certificado de discapacidade expedido pola Xunta de Galicia.

Nos dous procedementos (libre e mobilidade), no caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado nos formularios da solicitude e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Para o proceso de provisión por mobilidade (PR461D): todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 85 do 3 de maio de 2007).

    • Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local (DOG nº 222 do 22 de novembro de 2017).

    • Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 30 do 13 de febreiro de 2023).

    • Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixilantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixilantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada (DOG nº 22 do 2 de febreiro de 2009).

    • Orde do 26 de xuño de 2025 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por oposición libre (código de procedemento PR461B) e o proceso de provisión por mobilidade (código de procedemento PR461D) nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (DOG nº 125 do 2 de xullo de 2025).

    • Orde do 29 de xullo de 2025 pola que se modifica a Orde do 26 de xuño de 2025 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por oposición libre (código de procedemento PR461B) e o proceso de provisión por mobilidade (DOG nº 145 do 31 de xullo de 2025).

    • Resolución do 4 de setembro de 2025 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade (código de procedemento PR461D) nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocado pola Orde do 26 de xuño de 2025(DOG nº 176 do 12 de setembro de 2025).

    • Resolución do 9 de setembro de 2025 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461D), convocado mediante a Orde do 26 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 125, do 2 de xullo) (DOG nº 178 do 16 de setembro de 2025).

    • Resolución do 11 de setembro de 2025 pola que se declara a tramitación de urxencia no proceso selectivo de acceso por oposición libre (código de procedemento PR461B) e o proceso de provisión por mobilidade (código de procedemento PR461D) nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocados mediante a Orde do 26 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 125, do 2 de xullo) (DOG nº 180 do 18 de setembro de 2025).

    • Resolución do 29 de setembro de 2025 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade (código de procedemento PR461D) nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocado pola Orde do 26 de xuño de 2025 (DOG nº 193 do 07 de outubro de 2025).

    • Resolución do 29 de setembro de 2025 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade (código de procedemento PR461D) nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocado pola Orde do 26 de xuño de 2025 (DOG nº 193 do 07 de outubro de 2025).

  • Ámbito Estatal
    • Resolución de 2 de julio de 2025, de la Dirección General de la Academia Gallega de Seguridad Pública, de la Consejería de Presidencia, Justicia y Deportes, por la que se publica la convocatoria del proceso selectivo de acceso por oposición libre y provisión por movilidad, en los Cuerpos de la Policía Local de Galicia, Escala Básica, categoría de Policía (BOE nº 160, de 4 de xullo de 2025)

    • Resolución de 31 de julio de 2025, de la Academia Gallega de Seguridad Pública, de la Consejería de Presidencia, Justicia y Deportes, por la que se publica la modificación de la convocatoria del proceso selectivo de acceso por oposición y provisión por movilidad, en los Cuerpos de Policía Local de Galicia, Escala Básica, categoría de Policía (BOE nº 184, de 1 de agosto de 2025)

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PR461C

Inscrición no proceso de acceso por promoción interna, categoría de oficial de Policia Local.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 11/11/2025 00:00 - 05/01/2026 23:59

PR461H

Inscrición no proceso de provisión por mobilidade, categoría de oficial de Policía local.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 11/11/2025 00:00 - 05/01/2026 23:59

PR462A

Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR467A

Medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia e outras condecoracións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano