Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR450A
Equipamentos de emerxencias a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos Fondos FEDER 2021-2027
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Establecer as bases reguladoras para a adxudicación, en réxime de concorrencia competitiva, de equipamentos de emerxencias aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos que conten con AVPC, inscrita no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme a Lei 5/2007, do 7 de maio, e o Decreto 56/2000, do 3 de marzo, e a súa convocatoria para o ano 2025.
Poderán solicitar este equipamento os concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Emerxencias e Interior
Rúa Roma, nº 25-27. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981526024
Email: emerxencias.interior@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
30/07/2025 00:00 - 29/08/2025 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento, non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
a) Que o solicitante teña unha AVPC con persoal voluntario operativo e asegurado, inscrita no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme a Lei 5/2007, do 7 de maio, e o Decreto 56/2000, do 3 de marzo; ou que tivesen presentada oficialmente a solicitude de inscrición de nova AVPC neste, quedando neste caso condicionada a concesión da subvención á efectiva inscrición, segundo se establece no artigo 59 e concordantes do Decreto 56/2000, do 3 de marzo. Esta condición debe cumprirse, como moi tarde, no último día do prazo de presentación de solicitudes.
b) Ter presentadas as contas a que se refire o artigo 208 e seguinte do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, correspondentes ao exercicio orzamentario 2023 no Consello de Contas de Galicia.
c) Que non teñan recibido o mesmo equipamento por parte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes ou organismos e entidades adscritas a esta con posterioridade ao 1.1.2015 destinado á prestación dos servizos de protección civil e emerxencias.
.
Solicitudes.
Las solicitudes se presentarán obligatoriamente por medios electrónicos a través del formulario normalizado disponible en la sede electrónica de la Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Os concellos, individualmente, mancomunados ou agrupados, que desexen acollerse aos beneficios desta orde presentarán a solicitude dirixida á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior segundo o modelo que figura como anexo I desta orde. A solicitude deberá ir acompañada da documentación complementaria que se establece no artigo 6 desta norma, segundo proceda.
Cada solicitante en función das súas necesidades deberá pedir por orde de preferencia o equipamento das liñas, tendo en conta o dito no punto c) do artigo 3 desta orde e, se é o caso, concederáselle o solicitado ata o límite de existencia de acordo co seguinte criterio:
Na primeira quenda de adxudicación, cada solicitante so poderá obter equipamento dunha liña entre a 1 e a 3; unha vez resolta e, de seguir quedando existencias, poderían acceder ao equipamento das outras liñas, seguindo os criterios xa establecidos.
.Presentaranse no modelo normalizado que se xunta como anexo I (PR450A) a esta orde, onde se aceptan e declaran os seguintes puntos.
a) Que a entidade que solicita a subvención en especie acepta as condicións e demais requisitos exixidos nesta orde de convocatoria.
b) Que reflicte o conxunto de todas as axudas concedidas para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta orde, polas distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados e o compromiso de comunicar de contado cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.
c) Que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
d) Que o concello, agrupación de concellos ou mancomunidade de concellos non están incursos en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10.2 e 10.3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiario dunha subvención.
e) Que o concello, agrupación de concellos ou mancomunidade de concellos están ao día das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e que non son debedores por resolución de procedemento de reintegro.
f) Para os efectos do previsto no artigo 11.e) e concordantes da Lei de subvencións de Galicia, esta declaración será documento suficiente para acreditar que o concello, mancomunidade ou agrupación de concellos están ao día das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e que non son debedores por resolución de procedemento de reintegro.
Documentación complementaria
1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Certificado da compañía aseguradora das pólizas subscritas (accidentes e responsabilidade civil) no que conste o número de asegurados que é persoal voluntario de protección civil. No caso de estar incluídos dentro das pólizas de seguro do concello, mancomunidade ou agrupación de concellos, remitirase unha certificación ou declaración do órgano competente do concello ou mancomunidade, na que se indique o número de persoal voluntario de protección civil incluídos dentro das pólizas.
b) Certificado ou declaración dos servizos de emerxencia provinciais ou das entidades locais a que se refire o artigo 10.2 desta orde.
c) Certificado do secretario/a da entidade solicitante da presentación das contas da entidade no Consello de Contas de Galicia, á que fai referencia o artigo 3.b) desta orde. No caso de agrupación de concellos un certificado por cada concello.
d) Certificado do órgano competente da mancomunidade ou agrupación de concellos no que se indique a prestación mancomunada dos servizos de emerxencia e protección civil.
e) No caso de realizar a petición conxunta como agrupación de concellos, a certificación de cada pleno ou xunta de goberno aprobatorio de tal acordo e condicións desste.
f) No caso de realizar a petición como mancomunidade ou agrupación de concellos, terán que presentar a memoria de aforros de custo e os últimos orzamentos publicados e aprobados, para os efectos da aplicación do artigo 10 punto 3.c).
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. A presentación da solicitude leva implícita a autorización para a publicidade, inscrición no rexistro procedente e o tratamento necesario dos datos persoais das persoas beneficiarias para esas finalidades, así como a especificada no artigo 11, por exixencia normativa, segundo se establece no artigo 16 desta orde.
6. O defecto na solicitude ou a falla de documentos complementarios e obrigatorios, seralles notificado por medios telemáticos aos interesados pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, que é o órgano competente para a instrución do procedemento e, de conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, daráselles un prazo improrrogable de dez días para emendar os erros ou omisións.
Transcorrido este prazo e de non producirse a dita emenda, as peticións serán arquivadas conforme o disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Comprobación dos datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa representante.
b) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
c) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
d) NIF da entidade solicitante.
e) Consulta de estar ao día no pagamento coa Xunta de Galicia para percibir axudas ou subvencións das administracións públicas.
f) Consulta de estar ao día no pagamento con AET para subvencións e axudas.
g) Consulta de estar ao día no pagamento coa seguridade social.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de cesión
- Declaracións (Anexo II)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 17 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2025, para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciados pola Unión Europea nun 60 %, no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027(DOG nº 143 do 29 de xullo de 2025).
-
Extracto da Orde do 17 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2025, para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciados pola Unión Europea nun 60 %, no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027(DOG nº 143 do 29 de xullo de 2025).
-
Resolución do 15 de outubro de 2025 pola que se adxudica, para o ano 2025, en réxime de concorrencia competitiva, o equipamento de emerxencias, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupación de concellos galegos, cofinanciados pola Unión Europea nun 60 %, no marco do programa Feder Galicia 2021-2027 (DOG nº 205 do 23 de outubro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Equipamento de vehiculos e motocicletas a concellos de menos de 50.000 habitantes, que conten con Corpo de Policía Local (Fondos Feder 2007-2013).
Tramitar en liña
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
Prazo pechado: 10/02/2015 00:00 - 09/03/2015 23:59
Procedemento para determinar a asociación profesional de policía local máis representativa para participar na Comisión de Coordinación de Policías Locais.
Prazo pechado: 21/03/2025 00:00 - 21/04/2025 23:59