Guía de procedementos e servizos

PR452A

Procedemento para determinar a asociación profesional de policía local máis representativa para participar na Comisión de Coordinación de Policías Locais.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2025 - Prazo aberto: 21/03/2025 00:00 - 21/04/2025 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Convocar o procedemento para determinar a asociación profesional de Policía local que exerza a maior representatividade para participar na Comisión de Coordinación das Policías Locais.

A maior representatividade corresponderalle a aquela asociación que acredite maior número de asociados, de conformidade co establecido no punto 4º da disposición adicional única do Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro.

De conformidade co establecido no punto 2º da disposición adicional única do Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, para participar neste procedemento as asociacións profesionais de policías locais deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Teren personalidade xurídica propia.

b) Estaren inscritas nun rexistro oficial de asociacións como asociación profesional de Policía local.

c) Acreditaren que contan con persoal policial asociado nas catro provincias galegas.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Subdirección Xeral de Interior e Seguridade

Rúa Roma, nº 25-27 - Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546015

Email: seguridadecoordinacion.interior@xunta.gal

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Prazo de presentación: ABERTO

21/03/2025 00:00 - 21/04/2025 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, que figurará no anexo I desta resolución.

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das asociacións interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As asociacións profesionais interesadas en participar neste procedemento deberán achegar coa súa solicitude a seguinte documentación:

a) Memoria ou informe anual descritivos da actividade externa desenvolvida pola asociación.

b) Certificación da secretaría da asociación ou do órgano responsable, comprensiva do número de persoas asociadas existentes na data de solicitude, coa necesaria desagregación por provincias, que incluirá como anexo unha relación do persoal policial por concellos, incluíndo o seu número de documento de acreditación profesional debidamente anonimizado.

c) Documentación acreditativa da representación.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, deberase indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das asociacións profesionais interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

4. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegada polos/as aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa ou entidade interesada se opoña á súa consulta:

a) Número de identificación fiscal da asociación profesional solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa física representante.

c) Acta de constitución da asociación.

d) Estatutos da asociación.

e) Certificación ou documentación que xustifique o seu rexistro como asociación profesional de Policía local.

f) Composición dos seus órganos de goberno.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no anexo I e achegar os documentos correspondentes.

3. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Dous meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 85 do 3 de maio de 2007).

    • Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 30 do 13 de febreiro de 2023).

    • Resolución do 12 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se convoca o procedemento para determinar a asociación profesional de Policía local máis representativa para participar na Comisión de Coordinación das Policías Locais (DOG nº 55 do 20 de marzo de 2025).

Outros procedementos relacionados

PR450A

Equipamentos de emerxencias a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos Fondos FEDER 2021-2027

Tramitar en liña

Prazo pechado: 03/08/2024 00:00 - 02/09/2024 23:59

PR451A

Equipamento de vehiculos e motocicletas a concellos de menos de 50.000 habitantes, que conten con Corpo de Policía Local (Fondos Feder 2007-2013).

Tramitar en liña

Prazo pechado: 10/02/2015 00:00 - 09/03/2015 23:59