Guía de procedementos e servizos

PR410A

Acceso ás bolsas para a provisión temporal mediante interinidade de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional das entidades locais galegas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2026 - Prazo aberto: 04/06/2026 00:00 - 25/06/2026 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sobre o procedemento

Efectúase a presente convocatoria para a ampliación das tres bolsas de ámbito autonómico que entraron en vigor o 24 de decembro de 2024 para a provisión temporal, mediante interinidade, de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia en cada unha das seguintes subescalas:

a) Secretaría-Intervención.

b) Secretaría categoría de entrada.

c) Intervención-Tesouraría categoría de entrada.

2. A presente convocatoria réxese polas disposicións contidas na Orde do 30 de novembro de 2017, da entón denominada Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se establece o procedemento para a selección e o nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional, en especial polo disposto no seu capítulo II, que establece as bases das bolsas para a selección de persoal interino.

3. Non teñen obriga de presentar nova solicitude as persoas que xa forman parte de calquera das listas correspondentes ás subescalas de Secretaría-Intervención, Secretaría categoría de entrada e Intervención-Tesouraría categoría de entrada, en virtude da Resolución do 19 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Administración Local (DOG núm. 246, do 23 de decembro), que poderán presentar únicamente solicitude de actualización de méritos, se así o consideran, de conformidade co disposto no artigo 8 desta resolución. No caso de que decidan presentar nova solicitude para mellorar a puntución obtida anteriormente ocuparán, nas novas listas refundidas que se aproben, o posto que lles corresponda conforme á puntuación que obtiveran nos procesos selectivos realizados con anterioridade ou, de ser o caso, a superior que obteñan no actual proceso selectivo.

Non obstante, aqueles que, en virtude de chamamento polas bolsas convocadas no ano 2024, estean excluídos das listas por renunciar ao destino adxudicado sen a conformidade da entidade local ou por calquera outra das causas de exclusión establecidas na Orde do 30 de novembro de 2017, da entón Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG núm. 229, do 1 de decembro), para volver formar parte das bolsas terán que presentar nova solicitude de inclusión dentro dos prazos establecidos nesta convocatoria.

4. Este procedemento habilítase na sede electrónica da Xunta de Galicia, co código PR410A para a presentación de solicitudes de novas inclusións, e co código PR410B para a presentación de solicitudes de actualización de méritos. Os formularios correspondentes están dispoñibles no enderezo https://sede.xunta.gal.

Persoas aspirantes a formar parte de calquera das bolsas para a selección de persoal interino do corpo de persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Administración Local

Rúa Madrid, nº 2-4, 2º andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546579

Email: administracionlocal@xunta.gal

Dirección Xeral de Administración Local
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: ABERTO

04/06/2026 00:00 - 25/06/2026 23:59

O prazo para a presentación das solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

1. Os novos aspirantes a formar parte de calquera das tres bolsas que se amplían por medio desta convocatoria deberán reunir, na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, os requisitos xerais establecidos no número 1 do artigo 3 da Orde do 30 de novembro de 2017, da entón Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG núm. 229, do 1 de decembro).

2. Respecto da titulación exixida, as persoas candidatas deberán posuír, ou estar en condicións de obter na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, a titulación universitaria exixida para o ingreso nos corpos ou escalas clasificados no subgrupo A1, de acordo co previsto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e no artigo 18 do Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional.

Os aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente homologación do título. Este requisito non será de aplicación aos aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

  • Inscrición para a inclusión nas bolsas para a selección de persoal funcionario interino para ocupar postos reservados a persoal funcionario con habilitación de carácter nacional ( 30.03.03)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Solicitudes

1. Para seren admitidas nesta convocatoria, as persoas interesadas en solicitar nova inclusión presentarán a súa solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado PR410A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e que se incorpora a esta resolución como anexo I, e deberán aboar as taxas (código 30.03.03) ou xustificar a súa exención de conformidade co disposto no artigo 4 desta resolución.

A titulación e a formación exixidas para participar neste procedemento permítenlles aos aspirantes acceder e dispoñer dos medios necesarios para a presentación de solicitudes e a realización doutros trámites regulados nesta resolución utilizando só medios electrónicos, dando así cumprimento á previsión do artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. As persoas solicitantes de nova inclusión nas listas terán que cubrir debidamente todos os campos obrigatorios exixidos no formulario anexo I Solicitude no procedemento PR410A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), e indicarán necesariamente a subescala ou subescalas en que solicitan a súa inclusión, así como a zona de preferencia en que desexen estar incluídas.

Ademais, deberán indicar expresamente no citado formulario, na epígrafe de Idioma do exame, se o texto da proba tipo test que se realizará deberá entregarse en idioma galego ou en idioma castelán. Unha vez realizada a opción e presentada a súa solicitude, a persoa aspirante non poderá modificar a opción.

5. As solicitudes conterán, ademais, unha declaración responsable de que cumpre cos requisitos xerais sinalados no artigo 3.1 da citada Orde do 30 de novembro de 2017, de que ten acreditado o coñecemento do idioma galego segundo o disposto no artigo 3.2.b) desa mesma orde, se for o caso, e da veracidade da relación de méritos que alega dos sinalados no artigo 4 desa mesma orde.

6. Teranse en conta unicamente aqueles requisitos e méritos que as persoas interesadas fagan constar expresamente na súa solicitude de incorporación á bolsa e que queden debidamente acreditados.

Pagamento de taxas para solicitudes de novas inclusións

1. O pagamento do importe dos dereitos de exame realizarase de forma electrónica.

2. Os códigos que se deben empregar son os seguintes:

Presidencia, Xustiza e Deportes: código 04.

Delegación de Servizos Centrais: código 13.

Servizo de Administración Local: código:18.

Denominación: inscrición para a inclusión nas bolsas para a selección de persoal funcionario interino para ocupar postos reservados a persoal funcionario con habilitación de carácter nacional (código 30.03.03).

3. O importe da taxa que hai que aboar é de 18,40 € segundo exixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Estarán exentos do pagamento do importe da taxa:

a) As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

b) As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

5. Aplicarase unha bonificación do 50 % do importe da taxa:

a) Ás persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

b) Ás persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da publicación desta convocatoria no DOG e que na data de presentación da solicitude non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

c) Ás vítimas de terrorismo, entendendo por tales, para os efectos regulados neste artigo, as persoas que sufrisen danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista e así o acrediten mediante sentenza xudicial firme ou en virtude de resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición, o seu cónxuxe ou persoa que convivise con análoga relación de afectividade, o cónxuxe do falecido e os fillos dos feridos e falecidos.

6. A persoa solicitante deberá facer constar na súa solicitude a circunstancia pola que está en situación de exención total ou parcial do pagamento da taxa, e a Administración consultará os datos sobre discapacidade ou familia numerosa, agás que se opoña á consulta, caso en que terá que presentar copia dos documentos xustificativos da exención total ou parcial do pagamento na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), xunto coa solicitude e demais documentación dentro do prazo de presentación de solicitudes.

Documentación complementaria

1. As solicitudes de novas inclusións virán acompañadas dos documentos acreditativos dos méritos que, se é o caso, sexan alegados, así como do xustificante de aboamento total ou parcial das taxas (código 30.03.03), salvo que se efectúe a través da sede electrónica, caso en que o xustificante se xerará automaticamente.

2. Respecto dos méritos alegados, a persoa solicitante deberá presentar copia dos seguintes documentos acreditativos:

a) Certificado da secretaría da corporación local correspondente sobre os servizos prestados en postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional en virtude de nomeamento accidental ou interino.

b) Certificación acreditativa emitida polo órgano competente dos exercicios superados da oposición de acceso á escala de funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional, onde conste a orde de convocatoria a que corresponden, así como os exercicios superados en cada caso.

c) Título oficial, equivalente ao nivel Celga 4, cando non sexa expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

3. Respecto das taxas, en caso de obriga de pagamento total ou parcial, terá que xuntar obrigatoriamente o xustificante do pagamento, salvo que se efectúe a través da sede electrónica, caso en que o xustificante se xerará automaticamente.

En caso de exención total da obriga do pagamento da taxa por recoñecemento do grao de discapacidade por outra comunidade autónoma, terá que presentar xunto coa solicitude copia da tarxeta acreditativa do grao de discapacidade ou certificado de discapacidade expedidos polo órgano competente doutra comunidade autónoma.

En caso de exención total ou parcial da obriga do pagamento da taxa por ter a condición de membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial ou xeral por outra comunidade autónoma, terá que presentar xunto coa solicitude copia do título de familia numerosa expedido polo órgano competente doutra comunidade autónoma.

En caso de exención parcial da obriga do pagamento da taxa por ter a consideración de vítima de terrorismo, terá que presentar xunto coa solicitude copia do xustificante que acredite a dita condición, mediante sentenza xudicial firme ou resolución administrativa.

En caso de exención parcial da obriga do pagamento da taxa pola condición de desempregado e non perceptor de prestación ou subsidio, terá que presentar a seguinte documentación:

a) Certificación expedida pola oficina de emprego en que conste que figura como demandante de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

b) Certificación do Servizo Público de Emprego Estatal en que conste que na data de presentación da solicitude de participación no proceso selectivo non está percibindo prestación ou subsidio por desemprego.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código (PR410A) e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación do procedemento de novas inclusións consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante, se for o caso.

c) Título oficial universitario que conste no Rexistro Central do Ministerio de Educación e que dea acceso á subescala en que se inscriba.

d) Certificado do Celga 4 ou equivalente expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Certificado de discapacidade expedido pola Administración autonómica galega.

b) Título de familia numerosa, de carácter xeral ou especial, expedido pola Administración autonómica galega.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario anexo I correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación das solicitudes deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orden de 30 de noviembre de 2017 por la que se establece el procedimiento para la selección y nombramiento de personal interino para el desempeño de puestos reservados a personal funcionario de la Administración local con habilitación de carácter nacional (DOG nº 229 del 1 de diciembre de 2017).

    • Resolución do 19 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se efectúa a convocatoria para novas inclusións e actualización de méritos nas bolsas para a provisión temporal, mediante interinidade, de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional das entidades locais galegas (DOG nº 102 do 03 de xuño de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PR410B

Actualización de méritos nas bolsas para a provisión temporal mediante interinidade de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional das entidades locais galegas.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 04/06/2026 00:00 - 25/06/2026 23:59

PR462A

Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA701C

Inicio de actividade, cese de actividade e modificación da actividade de formación do persoal encargado da realización de operacións de mantemento hixiénico-sanitario de: instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, prácticas de tatuaxe, micropigmentación, piercing e outra práctica de decoración persoal que implique a perforación da pel, mucosa ou tecidos, e aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA701D

Inicio de cursos para o personal encargado da realización de operacións de mantemento hixiénico-sanitario de: instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, prácticas de tatuaxe, micropigmentación, piercing e outras prácticas de decoración persoal que impliquen a perforación da pel, mucosas ou tecidos, e manexo de aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta

Tramitar en liña

Aberto todo o ano