Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR329H
Cambios de máquinas en explotación.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Facenda e Administración Pública
As empresas que desexen cambiar máquinas do tipo A especial, B ou C en explotación por outras da mesma tipoloxía, deberán solicitalo ante a correspondente delegación provincial da consellería competente en materia de xogo, mediante modelo normalizado..
A delegación provincial da consellería competente en materia de xogo comprobará a documentación a que se refire o punto anterior. Se a documentación está completa e correcta selarase e darase autorización provisional no documento achegado como solicitude polo empresario. Esta autorización é provisional por un prazo de 30 días naturais.
A devandita autorización provisional e a autorización de explotación da máquina que causa baixa será a documentación que amparará a explotación da máquina que se desexa explotar polo prazo de 30 días autorizado.
Dentro do mesmo prazo anterior modificaranse os datos correspondentes á máquina na autorización, emitindo os exemplares da autorización modificada, que manterá o mesmo número que tiña a autorización da máquina que causa baixa, e dilixenciaranse os exemplares das comunicacións de localización.
A autorización modificada e os correspondentes exemplares da comunicación de localización poranse á disposición do/da solicitante que, para a súa retirada, deberá facer entrega da seguinte documentación:
a) Exemplar para a máquina da autorización de explotación da máquina que se retira.
b) Acreditación, de ser o caso, da explotación da máquina.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Subdirección Xeral de Xogo
Servizo de Xogo
Unidade Xogo - A Coruña
Edificio Admtvo. Monelos - Praza Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981185971
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Subdirección Xeral de Xogo
Servizo de Xogo
Unidade Xogo - Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294884
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Subdirección Xeral de Xogo
Servizo de Xogo
Unidade Xogo - Ourense
Avda. da Habana, nº 79 - 6º
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386931
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Subdirección Xeral de Xogo
Servizo de Xogo
Unidade Xogo - Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805374
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Subdirección Xeral de Xogo
Servizo de Xogo
Unidade Xogo - Pontevedra
Rúa Concepción Arenal, 8-1 (Vigo)
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817071
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Solicitude de cambio de máquinas en explotación, segundo modelo normalizado PR329H
Certificado de fabricación da máquina que se pretende explotar.
Exemplar da autorización de explotación para a empresa, da máquina que está en explotación.
Nova comunicación de localización.
Exemplares da guía de circulación da máquina en explotación (período transitorio).
Xustificante de pago da tasa administrativa.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 48 de 7 de marzo de 2008).
-
Orde do 16 de decembro de 2008 pola que se aproban os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstas no Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 39/2008, do 21 de febreiro (DOG nº 252 de 30 de decembro de 2008).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.
Aberto todo o ano
Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos
Aberto todo o ano
Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.
Aberto todo o ano