Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR326I
Comunicación de cesión de inscrición de modelos
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Facenda e Administración Pública
Só poderá cederse a habilitación rexistral para a fabricación ou importación dun modelo de máquina se tanto o cedente como o cesionario se atopan inscritos no Rexistro de Empresas de Máquinas de Xogo da Comunidade Autónoma de Galicia e comunicasen por escrito a devandita cesión á dirección xeral competente en materia de xogo, quen procederá a resolver sobre a súa inscrición e, en todo caso, só se relacionará, respecto ao devandito modelo, coa empresa cedente, salvo nas cuestións que deriven das actuacións e situacións en que constaba a empresa cesionaria como titular do modelo cedido.
Na comunicación da cesión de modelo indicaranse os números e series das máquinas do modelo que se ceden e xuntarase copia autorizada ante notario do contrato ou título da cesión.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Subdirección Xeral de Xogo
Servizo de Xogo
R/ Pastoriza, 8
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546410/ 981546442
Email: xogosc@xunta.es
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Solicitude de comunicación autorizada ante notario del contrato o título de cesión, modelo normalizado PR326I.
Copia autorizada ante notario do contrato o título de cesión.
Xustificante do pago da tasa administrativa.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 48 de 7 de marzo de 2008).
-
Orde do 16 de decembro de 2008 pola que se aproban os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstas no Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 39/2008, do 21 de febreiro (DOG nº 252 de 30 de decembro de 2008).
-
Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia (DOG nº 128 do 6 de xullo de 2023), modificada pola Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.
Aberto todo o ano
Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos
Aberto todo o ano
Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.
Aberto todo o ano