Guía de procedementos e servizos

PR320C

Modificación de inscrición no Rexistro de Máquinas de Xogo, seccións I a V.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Facenda e Administración Pública

Sobre o procedemento

Toda modificación dos modelos de máquinas que se atopen inscritos precisará da autorización previa da dirección xeral competente en materia de xogo. En consecuencia, só poderán comercializarse e explotarse máquinas de modelos modificados a partir da data de notificación á empresa fabricante, distribuidora, importadora ou comercializadora da precitada autorización de modificación.

Enténdese por modificación substancial aquela alteración dos elementos do modelo previamente inscrito que afecte, de forma directa, o prezo da partida, o programa de xogo ou o seu plan de ganancias. Os devanditos pormenores deberán ser enunciados de xeito concreto na solicitude mediante informe de técnico competente da empresa.

Enténdese por modificación non substancial do modelo aquela alteración que afecte aos restantes elementos ou dispositivos. Cando, a xuízo da dirección xeral competente en materia de xogo, a modificación solicitada se considere que non reviste o carácter de substancial, resolverase sobre a súa autorización sen máis trámites.

Cando o devandito órgano considere que a modificación interesada do modelo é substancial, exixiráselle o cumprimento de todos os trámites e requisitos previstos neste regulamento para o procedemento de homologación e inscrición. Nestes supostos, e unha vez autorizada expresamente esta modificación, manterase, para os efectos rexistrais, o mesmo número de modelo, pero engadíndolle a seguir e por orde alfabética a letra que corresponda á específica modificación autorizada.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Servizo de Xogo

R/ Pastoriza, 8

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546410/ 981546442

Email: xogosc@xunta.es

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Copia da escritura pública de constitución e estatutos sociais, así como a acreditación da súa inscrición no Rexistro Mercantil correspondente.

  • Copia do DNI, ou documento equivalente no caso de estranxeiro, só no caso de non autorizar a súa consulta, e certificado de conduta cidadá, nos termos previstos na Lei 68/1980, do 1 de decembro, de conduta cidadá, de cada unha das persoas socias, se son persoas físicas, ou copia da escritura de constitución, se son persoas xurídicas

  • Copia do NIF da entidade.

  • Declaración responsable das persoas, administradoras, directivas, xerentes ou apoderadas, de non ser condenadas mediante sentenza firme, dentro dos cinco anos anteriores á data de solicitude da autorización, por delito de falsidade contra a propiedade ou contra a Facenda Pública, así como cualquera infracción penal derivada da xestión ou explotación de xogos non autorizados.

  • Resgardo do depósito da fianza prevista no artigo 32 do Decreto 39/2008.

  • No caso de empresas comercializadoras ou de servizos tecnicos ou empresas prestadoras de servizos de interconexión, memoria xustificativa dos medios tecnicos, materiais e persoais de que dispoñan para levar a cabo a súa actividade na Comunidade Autónoma, así como da localización das oficinas, almacens ou sucursais abertos en Galicia. Así mesmo, deberá achegarse copia da alta censual na Delegación da Axencia Tributaria de Galicia.

  • Xustificante do pagamento da taxa administrativa.

  • - A documentación complementaria, que figura no anexo de solicitude de cada procedemento, poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    - A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común.

    - As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.

    - Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

    - No caso de que algún dos documentos que se van presentar por parte da persoa solicitante ou representante, de forma electrónica, superase os tamaños límites ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

  • - As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

    - Alternativamente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132 do 14 de xullo de 2014).

    • Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 48 de 7 de marzo de 2008).

    • Corrección de erros.-Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 211 do 30 de outubro de 2008).

    • Orde do 16 de decembro de 2008 pola que se aproban os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstas no Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 39/2008, do 21 de febreiro (DOG nº 252 de 30 de decembro de 2008).

    • Decreto 147/2013, do 19 de setembro, polo que se modifica o Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 181 do 23 de setembro de 2013).

    • Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia (DOG nº 128 do 6 de xullo de 2023), modificada pola Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA002A

Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Aberto todo o ano

FA002B

Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos

Aberto todo o ano

FA004A

Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.

Aberto todo o ano