Guía de procedementos e servizos

PR320A

Inscrición no Rexistro de Empresas de Máquinas de Xogo da Comunidade Autónoma de Galicia, seccións I a V.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Facenda e Administración Pública

Sobre o procedemento

As sociedades mercantís dedicadas á fabricación, comercialización, distribución, importación, instalación, operación ou servizo técnico de máquinas de xogo ou prestadoras de servizos de interconexión, así como á explotación de salóns recreativos e de xogo, que desenvolvan a súa actividade no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán de figurar inscritas no Rexistro de Empresas de Máquinas de Xogo que, para tal efecto, levará a dirección xeral competente en materia de xogo.

O rexistro, que será público, contará coas seguintes seccións:

a) Sección I: empresas fabricantes e importadoras.

b) Sección II: empresas comercializadoras e distribuidoras.

c) Sección III: empresas operadoras de máquinas de xogo e de servizos técnicos.

d) Sección IV: empresas titulares de salóns recreativos e de xogo.

e) Sección V: empresas prestadoras de servizos de interconexión.

f) Sección VI:Establecementos autorizados

Cada sección do Rexistro de Empresas de Máquinas de Xogo disporá de subseccións para inscribir as autorizacións que, segundo este regulamento, lle corresponda a cada tipo de empresa. Estas subseccións recollerán a evolución da situación xurídica de cada autorización e serán desenvoltas nunha orde do conselleiro competente en materia de xogo sobre procedementos e desenvolvemento do Rexistro de Empresas de Máquinas de Xogo da Comunidade Autónoma de Galicia.

As empresas de xogo para inscribirse, deberán constituír a favor da consellería competente en materia de xogo e depositar na Caixa de Depósitos da Xunta de Galicia, as fianzas nos importes que se indican:

a) Empresas de fabricación, importación, distribución e comercialización de máquinas e material de xogo: 30.000 euros.

b) Empresas operadoras de máquinas de xogo e de servizos técnicos en función do número de máquinas que pretendan ter en explotación, polos seguintes importes:

Ata 50 máquinas, 39.000 euros.

De 51 a 100 máquinas, 78.000 euros.

De 101 a 250 máquinas, 120.000 euros.

De 251 a 500 máquinas, 150.000 euros.

De 501 a 1.000 máquinas, 200.000 euros.

De 1.001 máquinas en diante, 310.000 euros.

c) Empresas operadoras de máquinas que deban ser explotadas segundo o artigo 2.2º deste regulamento deberán constituír unha fianza de 6.000 euros.

d) Empresas titulares de salóns recreativos e de xogo ou empresas prestadoras de servizos de interconexión: deberán constituír unha fianza por unha contía de 12.000 euros (doce mil euros) ou 24.000 euros (vinte e catro mil) por cada unha das autorizacións de instalación de salón que obtiveren, segundo se trate dun salón recreativo ou dun salón de xogo, respectivamente.

Empresas fabricantes ou importadoras, comercializadoras, distribuidoras, empresas operadoras de máquinas de xogo e de servizos técnicos ou empresas prestadoras de servizos de interconexión, e empresas titulares de salón recreativo ou de xogo,

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Servizo de Xogo

R/ Pastoriza, 8

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546410/ 981546442

Email: xogosc@xunta.es

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

a) Estar constituída baixo a forma xurídica de sociedade mercantil, de conformidade cos requisitos establecidos na lexislación mercantil vixente. O capital social deberá estar totalmente subscrito e desembolsado.

b) Ter como obxecto social, en cada caso, a fabricación ou a importación de elementos de xogo, a súa comercialización, a operación e instalación de máquinas de xogo e prestación de servizos técnicos, ou a explotación de salóns recreativos e salóns de xogo.

c) O capital social mínimo requirido para cada unha das empresas anteriormente referidas será o seguinte:

-Empresas de fabricación, importación, distribución e comercialización de máquinas de xogo: 60.000 euros (sesenta mil euros).

-Empresas operadoras de máquinas de xogo e de servizos técnicos ou empresas prestadoras de servizos de interconexión: 60.000 euros (sesenta mil euros).

-Empresas operadoras de máquinas que deban ser explotadas segundo o artigo 2.2º deste regulamento: 24.000 euros (vinte e catro mil euros).

-Empresas titulares de salóns recreativos e de xogo: 30.000 euros (trinta mil euros), por cada salón.

d) A participación de capital, proveniente de persoas físicas ou xurídicas que non se atopen domiciliadas no espazo económico da Unión Europea, non poderá exceder en ningún caso a proporción establecida na lexislación vixente do Estado.

e) No caso das empresas importadoras, ter unha representación legal con domicilio permanente dentro do territorio do reino de España e, no caso das empresas comercializadoras, ter aberta no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia polo menos unha oficina, almacén ou sucursal con suficientes medios técnicos e materiais para o exercicio da súa actividade comercial.

f) Ter constituída e depositada fianza a favor da consellería competente en materia de xogo, co importe establecido no seguinte artigo. A fianza poderá constituírse en metálico, ou mediante aval bancario ou de sociedade de garantía recíproca, e debe manterse vixente, pola integridade do seu importe, durante a vixencia da inscrición no Rexistro de Empresas de Máquinas de Xogo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os casinos de xogo, os salóns recreativos e de xogo e as salas de bingo, terán a consideración de empresas operadoras, exclusivamente, respecto das máquinas que exploten directamente nestes.

  • Autorizacións ( 30.08.01)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

  • Solicitude segundo o Anexo XIV.

  • Copia da escritura pública de constitución e estatutos sociais, así como a acreditación da súa inscrición no Rexistro Mercantil correspondente.

  • Relación das persoas socias segundo modelo anexo XIV-bis. Cando se trate de persoas físicas achegarase ademáis un certificado de conduta cidadá e declaración complementaria de cada unha delas. Cando se trate de persoas xurídicas, achegarase unha copia da escritura pública de constitución e certificado expedido polo Ministerio de Xustiza no que se acredite que carecen de antecedentes penais. No caso de persoas estranxeiras, achegar copia do documento para acreditar a súa identidade.

  • Declaración responsable das persoas, administradoras, directivas, xerentes ou apoderadas, de non ser condenadas mediante sentenza firme, dentro dos cinco anos anteriores á data de solicitude da autorización, por delito de falsidade contra a propiedade ou contra a Facenda Pública, así como cualquera infracción penal derivada da xestión ou explotación de xogos non autorizados.

  • Resgardo do depósito da fianza prevista no artigo 32 do Decreto 39/2008.

  • No caso de empresas comercializadoras ou de servizos técnicos ou empresas prestadoras de servizos de interconexión, memoria xustificativa dos medios técnicos, materiais e persoais de que dispoñan para levar a cabo a súa actividade na Comunidade Autónoma, así como da localización das oficinas, almacéns.

  • Xustificante do pagamento da taxa administrativa.

Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da entidade solicitante.

  • Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

  • Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

  • Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Un mes

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 48 de 7 de marzo de 2008).

    • Corrección de erros.-Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 211 do 30 de outubro de 2008).

    • Decreto 147/2013, do 19 de setembro, polo que se modifica o Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 181 do 23 de setembro de 2013).

    • Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132 do 14 de xullo de 2014).

    • Orde do 16 de decembro de 2008 pola que se aproban os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstas no Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 39/2008, do 21 de febreiro (DOG nº 252 de 30 de decembro de 2008).

    • Orde do 25 de setembro de 2013 pola que se modifica a Orde do 16 de decembro de 2008, pola que se aproban os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstas no Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, e a Orde do 28 de marzo de 2011 pola que se regula a homologación e autorización de instalación de sistemas de interconexión de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 190 do 4 de outubro de 2013).

    • Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia (DOG nº 128 do 6 de xullo de 2023), modificada pola Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA002A

Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Aberto todo o ano

FA002B

Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos

Aberto todo o ano

FA004A

Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.

Aberto todo o ano