Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR303E
Autorización do uso de aparellos auxiliares do xogo do bingo.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Facenda e Administración Pública
Se vostede como representante dunha sala de bingo, está interesado no emprego de datáfonos (aparellos automáticos de xestión de pagamento ) e/ou bing-datas (aparellos automáticos auxiliares do xogo do bingo ) debe solicitar unha autorización previa da Xunta de Galicia.
A autorización de aparellos automáticos auxiliares de xogo no bingo está limitada a doce cartóns por xogador.
A empresa de xogo será responsable da vixilancia e cumprimento destes requisitos, tanto na venda de cartóns como na utilización destes aparellos.
A instalación de datáfonos só poderá autorizarse dentro do recinto destinado a restaurante e para servicios acreditados con factura.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Subdirección Xeral de Xogo
Servizo de Xogo
R/ Pastoriza, 8
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546410/ 981546442
Email: xogosc@xunta.es
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Solicitude normalizada.
Plano no que conste a futura instalacion dos aparellos automaticos de xestión do pagamento ( datáfonos )
Certificados de fabricacion dos aparellos automáticos auxiliares do xogo do bingo (bing-datas).
Certificado de idoneidade dos aparellos automáticos auxiliares do xogo do bingo (bing-datas) subscrito por tecnico competente
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 181/2002, do 10 de maio, polo que se aproba o Regulamento do xogo do bingo (DOG nº 100 do 27 de maio de 2002)
-
Decreto 9/2007, do 25 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 181/2002, do 10 de maio, polo que se aproba o Regulamento do xogo do bingo (DOG nº 26 do 6 de febreiro de 2007).
-
Decreto 113/2010, do 1 de xullo, polo que se modifica o Decreto 181/2002, do 10 de maio, polo que se aproba o Regulamento do xogo do bingo, e o Decreto 116/1986, do 4 de xuño, polo que se aproba o Catálogo de xogos da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 131 do 12 de xullo de 2010).
-
Decreto 61/2014, do 23 de maio, polo que se modifica o Decreto 181/2002, do 10 de maio, polo que se aproba o Regulamento do xogo do bingo (DOG nº 105 do 4 de xuño de 2014).
-
Decreto 523/1990, do 29 de novembro, polo que se prohibe a instalación de caixeiros automáticos nas salas de xogo e salas de bingo,e se limita a utilización de datáfonos, así como de aparellos automáticos auxiliares de xogo no bingo (DOG nº 248 do 19 de decembro de 1990).
-
Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia (DOG nº 128 do 6 de xullo de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.
Aberto todo o ano
Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos
Aberto todo o ano
Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.
Aberto todo o ano