Guía de procedementos e servizos

PL500G

Proba en liña para a obtención do certificado de lingua galega 4 (Celga 4)

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2026 - Prazo aberto: 16/10/2026 00:00 - 29/10/2026 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Sobre o procedemento

Convocar a proba en liña para a obtención do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2026.

Persoas maiores de dezaoito anos ou que os fagan antes da data de realización da proba

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Secretaría Xeral da Lingua

Subdirección Xeral de Política Lingüística

Rúa de San Roque, 2

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996313 / 881996308 / 881996307 / 881996541 / 881996309 / 881996310 / 881996304 / 881996314 / 881996312

Email: sxpl.probascelga@xunta.gal

https://www.lingua.gal

Secretaría Xeral da Lingua
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: ABERTO

16/10/2026 00:00 - 29/10/2026 23:59

O prazo de presentación das solicitudes, tanto a través da sede electrónica como da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Lingua, será de dez días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.


Para realizar a proba, as persoas solicitantes deberán dispor dun equipamento informático que cumpra, como mínimo, os seguintes requisitos técnicos:

– Un ordenador con:

• Conexión á internet (de banda larga).

• Navegador web debidamente actualizado (recoméndase ter instalada a última versión de Chrome).

• Cámara web debidamente configurada no ordenador, á cal accederá o sistema durante o tempo que dure a proba en liña para controlar e verificar que a persoa realiza o exame de xeito autónomo e sen axudas externas.

• Micrófono debidamente configurado no ordenador para permitir a gravación de voz en formato electrónico (mp3 ou equivalente).

• Altofalantes debidamente configurados no ordenador para permitir escoitar son (non se poderán utilizar auriculares durante a proba).

• Acceso á conta de correo electrónico especificada no formulario de solicitude.

– Un teléfono móbil que complementará o ordenador durante a proba e que permitirá que o sistema controle o posto en que a persoa realiza o exame en liña desde un segundo punto de vista diferente ao obtido pola propia cámara web do ordenador, con:

• Conexión á internet (de banda larga).

• Aplicación de cámara para vincular un código QR no momento de iniciarse a proba.

• Habilitación de permisos para acceder á cámara e ao micrófono.

• Aplicación Chrome instalada no teléfono móbil.

  • Inscrición nas probas homologadas para a acreditación do nivel de competencia en lingua galega e máis a acreditación do nivel correspondente, de ser o caso ( 30.44.01)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Solicitudes

 As persoas que desexen inscribirse nesta convocatoria deberán presentar dúas solicitudes:

Unha, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, para os efectos do rexistro oficial de entrada e a correspondente tramitación administrativa, e outra, a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, pois esta constitúe o soporte técnico indispensable para a realización da proba en liña. A orde de presentación de ambas as solicitudes é indiferente, sempre que se efectúe dentro do prazo establecido no número 4.5.

- A presentación da solicitude a través da sede electrónica da Xunta, https://sede.xunta.gal, realizarase a través do formulario normalizado (anexo I). A capacidade técnica e a dispoñibilidade dun equipamento informático que permita realizar a proba en liña obxecto desta convocatoria xustifican a obrigatoriedade da devandita presentación electrónica.

- De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa  presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

- Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e a clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) ou o sistema Cl@ve Pin ou Cl@ve Permanente.

- A presentación da solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, https://formacion-lingua.xunta.gal, realizarase do seguinte xeito: primeiro, a persoa solicitante accederá á devandita plataforma mediante o seu nome de usuario/a e o contrasinal; a continuación, seleccionará a proba e inscribirase nela. Se unha persoa non é usuaria da plataforma, deberá rexistrarse previamente nela. O nome e apelidos facilitados na plataforma deben coincidir cos do documento que acredita a súa identidade (DNI, NIE ou pasaporte).

Documentación complementaria

 As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Copia do pasaporte, en caso de que a persoa solicitante acredite a súa identidade con este documento.

b) Copia do certificado de discapacidade expedido por unha Administración distinta da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se é o caso.

- De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante a consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

- De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitárselle novamente á persoa interesada a súa achega.

- A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

- Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

- As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

– Certificado de discapacidade expedido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga) (DOG nº 146 do 30 de xullo de 2007)

    • Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se desenvolve o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, con relación á exención da materia de lingua galega (DOG nº 34 do 19 de febreiro de 2014)

    • Resolución do 8 de outubro de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convoca a proba en liña para a obtención do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2026 (DOG nº 196 do 15 de outubro de 2026)

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

CT100A

Inscrición, depósito documental e certificación da sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego do Protectorado da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 01/02/2023 00:00 - 03/03/2024 23:59

ED104H

Cursos preparatorios para os certificados en língua galega, Celga, que se realizarán nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Prazo pechado: 20/08/2016 00:00 - 02/01/2017 23:59

ED109A

Bolsas de formación para proxectos de investigación no centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 06/06/2018 00:00 - 05/07/2018 23:59

PL500A

Axudas para os proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios

Tramitar en liña

Prazo pechado: 14/01/2026 00:00 - 13/02/2026 23:59