Guía de procedementos e servizos

PE211A

Presentación de plans de produción e comercialización e informes anuais.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Mar

Que é e para que serve

O obxecto da presente resolución é establecer o procedemento co código PE211A para a presentación da documentación requirida na tramitación e aprobación de plans de produción e comercialización e informes anuais das organizacións de produtores pesqueiros (OPP) e das asociacións de organizacións de produtores pesqueiros (AOP) recoñecidas con ámbito de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia, segundo establece a sección IV do capítulo II do Regulamento (UE) nº 1379/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro, o artigo 66 do Regulamento (UE) nº 508/2014, e o Real decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura.

Quen pode solicitalo

Organizacións de produtores pesqueiros e de asociacións de organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura, con ámbito de actuación exclusivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos

Os/as solicitantes deberán figurar inscritos no Rexistro Xeral de Organizacións de Produtores Pesqueiros e Asociacións de Organizacións de Produtores Pesqueiros, de acordo co establecido no artigo 8.1 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño, cuxo ámbito de actuación sexa a Comunidade Autónoma de Galicia.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

1. Segundo o artigo 14 do citado Real decreto 277/2016, as OPP recoñecidas presentarán un plan de produción e comercialización (PPEC) anual ou plurianual ante a súa Administración competente antes do 31 de outubro do ano en que finalice a vixencia do seu plan aprobado. Así mesmo, as OPP de novo recoñecemento presentarán un plan no prazo de dous meses a partir do día seguinte á resolución de recoñecemento, cun prazo de aplicación deste ata o 31 de decembro do ano seguinte ao seu recoñecemento. Posteriormente, poderán presentar un plan anual ou plurianual.
2. O artigo 15.1 regula que as OPP e as asociacións de organizacións de produtores da pesca e da acuicultura (AOP), de ser o caso, presentarán á Administración competente un informe anual sobre a aplicación dos plans de produción e comercialización aprobados, xa sexan anuais ou plurianuais, antes do 28 de febreiro de cada ano.

Como se tramita

Esta solicitude débese presentar por internet a través da sede electrónica. 

Tramitar en liña

A solicitude débela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña: 

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón. 

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Plan de produción e comercialización, se é o caso.

b) Ou informe anual, adaptado á normativa aplicable, se é o caso.

c) Poder ou outra documentación acreditativa das facultades representativas da persoa física que actúe como representante da persoa xurídica.

Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. En caso de que algún dos documentos que se presenten de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI o NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) NIF da entidade representante, se é o caso.

2. Excepcionalmente, en caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

Anexos

Que vai pasar despois de que o presente

Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?

Segundo o artigo 14 do Real decreto 277/2016, a Administración competente procederá ao estudo e de ser o caso, aprobación, dos plans de produción e comercialización nos prazos establecidos nos artigos 2 e 3 do Regulamento de execución (UE) nº 1418/2013, da Comisión, do 17 de decembro, transcorridos os cales, entenderase concedida.

Que ocorre se non recibes resposta?

Non especificado

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Subdirección Xeral de Valorización dos Produtos do Mar

Servizo de Mercados

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540087

Órgano responsable

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Resolución do 8 de agosto de 2018 pola que se establecen os formularios de presentación de documentación do procedemento para os plans de produción e comercialización e informes anuais de organizacións de produtores pesqueiros e de asociacións de organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura, con ámbito de actuación exclusivo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 159 do 22 de agosto de 2018). Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal
    • Real Decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura (BOE nº 164 do 8 de xullo de 2016). Ligazón á normativa

    • Real Decreto 956/2017, do 3 de novembro, polo que se establece o marco regulador de axudas ás organizacións profesionais do sector da pesca e da acuicultura, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e as súas bases reguladoras de ámbito estatal, e polo que se modifican o Real Decreto 418/2015, do 29 de maio, polo que se regula a primeira venda de produtos pesqueiros, e o Real Decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura (BOE nº 268 do 4 de novembro de 2017). Ligazón á normativa

    Ámbito Europeo
    • Regulamento (UE) 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 11 de decembro de 2013 polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura, modifícanse os Regulamentos (CE) 1184/2006 e (CE) 1224/2009 do Consello e derrógase o Regulamento (CE) 104/2000 do Consello. Ligazón á normativa

    • Regulamento de execución (UE) 1418/2013 da Comisión, do 17 de decembro de 2013, relativo aos plans de produción e comercialización en virtude do Regulamento (UE) nº 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura. Ligazón á normativa

    • Recomendación da Comisión do 3 de marzo de 2014 relativa ao establecemento e aplicación dos plans de produción e comercialización en virtude do Regulamento (UE) nº 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura. Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PE155A

Axudas autonómicas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativas.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 17/01/2026 00:00 - 16/02/2026 23:59

PE210B

Selección de estratexias de desenvolvemento local participativo e grupos de acción local do sector pesqueiro.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 26/05/2022 00:00 - 26/09/2022 23:59