Guía de procedementos e servizos

PE113H

Bono peixe

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 11/07/2025 00:00 - 30/10/2025 23:59

Consellería do Mar

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Regular a convocatoria do bono peixe 2025 e a adhesión dos comercios interesados.

Poderán ser persoas beneficiarias do bono as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que realicen as actuacións establecidas no artigo 5 das bases reguladoras.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Subdirección Xeral de Valorización dos Produtos do Mar

Servizo de Mercados

Praza de Europa, 5A 4º

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981069080

Email: servizomercadospesca@xunta.gal

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

11/07/2025 00:00 - 30/10/2025 23:59

Prazo adhesión comercios

O prazo para adherirse ao programa será dende o día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o esgotamento do crédito dispoñible ou, en todo caso, ata o 1 de outubro de 2025, sen prexuízo da súa posible ampliación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Prazo descarga bonos

A descarga dos bonos polas persoas usuarias realizarase na web www.bonopeixe.gal. Os bonos terán formato dixital a través dun código QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha APP que permita realizar pagamentos (Walet ou similar).

Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonopeixe.gal para a súa descarga polas persoas usuarias a partir do día seguinte ao décimo día hábil contado dende a apertura do prazo de adhesión dos comercios, e dicir dende 28 de xullo ata o 30 de outubro, a data de fin do programa, agás no caso de que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance os 2.500.000,00 €.

Mediante orde da Consellería do Mar poderanse modificar os anteditos prazos se razóns organizativas ou de outra índole así o aconsellaran, dándose a oportuna publicidade.

O programa bonos Peixe en Peixerías estará vixente ata o 30 de outubro de 2025.

1. Os comercios retallistas ou comerciais retallistas ambulantes que desexen adherirse ao programa bonos Peixe en Peixerías deberán rexistrarse na web www.bonopeixe.gal indicando a seguinte información:

  • Nome e apelidos ou razón social

  • Establecemento comercial ou domicilio fiscal en Galicia

  • NIF

  • Nome, apelidos e DNI ou NIE da persoa representante

  • Nome comercial

  • Enderezo do establecemento ou establecementos comerciais participantes

  • Número/números de teléfono móbil a efectos do seu uso na campaña

  • Correo electrónico

  • IAE principal (incluído no anexo I)

  • IBAN da conta bancaria

  • Páxina web do establecemento comercial (no seu caso)

No caso dos comerciais retallistas comprendidos dentro do código IAE 663.1, venta ambulante de pescado e marisco, CNAE 4723 Comercio ao menor de peixe e mariscos (venta minorista fora de local), os datos referentes ao enderezo do establecemento comercial, poderán ser substituídos pola identificación do vehículo principal utilizado para a actividade comercial.

2. Para a solicitude e a obtención dos bonos, cada persoa usuaria deberá darse de alta na web www.bonopeixe.gal indicando a seguinte información:

  • Nome e apelidos

  • Maioría de idade

  • DNI ou NIE

  • Localidade de residencia (código postal)

  • Número de teléfono móbil

  • Correo electrónico

1. Os comercios retallistas ou comerciais retallistas ambulantes que desexen adherirse ao programa bonos Peixe en Peixerías deberán rexistrarse na web www.bonopeixe.gal indicando a seguinte información:

  • Nome e apelidos ou razón social

  • Establecemento comercial ou domicilio fiscal en Galicia

  • NIF

  • Nome, apelidos e DNI ou NIE da persoa representante

  • Nome comercial

  • Enderezo do establecemento ou establecementos comerciais participantes

  • Número/números de teléfono móbil a efectos do seu uso na campaña

  • Correo electrónico

  • IAE principal (incluído no anexo I)

  • IBAN da conta bancaria

  • Páxina web do establecemento comercial (no seu caso)

No caso dos comerciais retallistas comprendidos dentro do código IAE 663.1, venta ambulante de pescado e marisco, CNAE 4723 Comercio ao menor de peixe e mariscos (venta minorista fora de local), os datos referentes ao enderezo do establecemento comercial, poderán ser substituídos pola identificación do vehículo principal utilizado para a actividade comercial.

2. Para a solicitude e a obtención dos bonos, cada persoa usuaria deberá darse de alta na web www.bonopeixe.gal indicando a seguinte información:

  • Nome e apelidos

  • Maioría de idade

  • DNI ou NIE

  • Localidade de residencia (código postal)

  • Número de teléfono móbil

  • Correo electrónico

3. Opcionalmente, os bonos poderanse solicitar de xeito presencial na Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica e nos departamentos territoriais e comarcais da Consellería do Mar.

4. Poderán consultarse automaticamente os datos dos comercios ou comerciais retallistas incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

  • DNI ou NIE da persoa solicitante

  • NIF da entidade solicitante

  • DNI ou NIE da persoa representante

  • Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE)

  • Alta no Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (REGASA)

No caso de que a persoa interesada se opoña a súa consulta deberá achegar os correspondentes documentos.

Cando así o esixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

5. As persoas interesadas, ou os/as seus/súas representantes, poderán autorizar expresamente aos/ás empregados/as para a solicitude e a obtención dos bonos en formato papel. Neste suposto deberase acreditar a representación expresa por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna ou mediante declaración responsable en comparecencia persoal da persoa interesada ante o/a funcionario/a da Administración.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

A resolución de concesión do bono publicarase na páxina web oficial da Consellería do Mar, con indicación das persoas beneficiarias do bono de desconto e o importe das axudas concedidas.

Sentido do silencio:

Co troco dos bonos na forma establecida no artigo 13 das bases reguladoras, as axudas entenderanse concedidas.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 27 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivo do consumo de peixe e marisco frescos nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Peixe en peixarías, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 e á apertura do prazo para a adhesión dos comercios (DOG nº 131 do 10 de xullo de 2025).

    • Extracto da Orde do 27 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivo do consumo de peixe e marisco frescos nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Peixe en peixarías, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 e á apertura do prazo para a adhesión dos comercios (DOG nº 131 do 10 de xullo de 2025).

    • Corrección de erros. Orde do 27 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivo do consumo de peixe e marisco frescos nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Peixe en peixarías, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 e á apertura do prazo para a adhesión dos comercios (DOG nº 138 do 21 de xullo de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

CO401A

Reclamación/reclamación e denuncia en materia de consumo.

CO401B

Denuncia en materia de consumo.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN105A

Inscrición de novas organizacións no rexistro de organizacións de consumidores e usuarios de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CO400D

Bolsa de formación no Instituto Galego do Consumo e da Competencia en materia de protección ás persoas consumidoras.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 22/12/2022 00:00 - 23/01/2023 23:59