Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MT985B
Ficha de características da planta de tratamento de lodos de depuradora
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais, Entidades locais
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Caracterizar e avaliar aquelas plantas de tratamento de lodos de depuradora e doutros residuos, que pretenden destinar os seus produtos do tratamento de lodos (PTLD) a aplicación agraria. En función do resultado da avaliación, autorizarase ou non á planta tratamento a dar tal destino a todos ou parte dos PTLD que obteña.
Persoas físicas/xurídicas que leven a explotación de plantas de tratamento de residuos (entre os que estean incluídos lodos de depuración de augas residuais), cuxas instalacións estean situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541703
Fax: 981957375
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Análise/s, coas determinacións analíticas que se indican noapartado 3, por cada tipo de PTLD que a planta produza e pretenda destinar á aplicación agraria.
FICHA/S DE CESIÓN DE PARCELAS PARA APLICACIÓN DE PTLD correspondentes a cada titular/explotador/cedente das superficies indicadas no apartado 2 (segundo o anexo V-a do Decreto 125/2012, do 10 de maio)
Acreditación da representación legal da empresa con copia da escritura notarial da representación debidamente inscrita no rexistro mercantil (só persoas xurídicas).
COMPROBACIÓN DE DATOS
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.
DNI/NIE da persoa solicitante
DNI/NIE da persoa representante
NIF da entidade solicitante
NIF da entidade representante
Prazo de resolución:
Dez meses
Sentido do silencio:
Desestimatorio
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 125/2012, do 10 de maio, polo que se regula a utilización de lodos de depuradora no ámbito do sector agrario na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 107 do 6 de xuño de 2012).
-
Corrección de erros. Decreto 125/2012, do 10 de maio, polo que se regula a utilización de lodos de depuradora no ámbito do sector agrario na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 190 do 4 de outubro de 2012).
-
Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia (DOG nº 38 do 25 de febreiro de 2021).
-
Corrección de erros. Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia (DOG nº 52 do 17 de marzo de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.
Aberto todo o ano
Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía
Aberto todo o ano
Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).
Aberto todo o ano
Concesión de augas.
Aberto todo o ano