Guía de procedementos e servizos

MT985A

Ficha de características da planta depuradora de augas residuais

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais, Entidades locais

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Sobre o procedemento

Caracterizar e avaliar aquelas plantas de depuración de augas residuais (de orixe urbana, as EDAR, ou de orixe industrial, as EDARI) que pretenden destinar os lodos obtidos no proceso de depuración a aplicación agraria, sempre previo paso daqueles por unha planta de tratamento. En función do resultado da avaliación, autorizarase ou non á planta depuradora a dar tal destino a todos ou parte dos lodos que obteña.

Persoas físicas/xurídicas que leven a explotación de plantas depuradoras de augas residuais, sexan de orixe urbana (EDAR) ou sexan de orixe industrial (EDARI), cuxas instalacións estean situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

San Lázaro, s/n

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541703

Fax: 981957375

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Inscrición no rexistro xeral de productores e xestores de residuos de Galicia ( 32.52.04)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Taxas administrativas devengadas pola tramitación da solicitude (Código taxa 32.52.04).

  • Análise, coas determinacións analíticas que se indican no apartado 3, por cada tipo de lodos de depuración que a planta produza e pretenda destinar a aplicación agraria.

  • Acreditación da representación legal da empresa con copia da escritura notarial da representación debidamente inscrita no rexistro mercantil (só persoas xurídicas).

COMPROBACIÓN DE DATOS

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante

  • DNI/NIE da persoa representante

  • NIF da entidade solicitante

  • NIF da entidade representante

Despois de presentar

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Estimatorio

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 125/2012, do 10 de maio, polo que se regula a utilización de lodos de depuradora no ámbito do sector agrario na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 107 do 6 de xuño de 2012).

    • Corrección de erros. Decreto 125/2012, do 10 de maio, polo que se regula a utilización de lodos de depuradora no ámbito do sector agrario na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 190 do 4 de outubro de 2012).

    • Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia (DOG nº 38 do 25 de febreiro de 2021).

    • Corrección de erros. Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia (DOG nº 52 do 17 de marzo de 2021).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano