Guía de procedementos e servizos

MT971A

Concesión de etiqueta ecolóxica.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Establecer as normas para a aplicación do sistema voluntario de etiqueta ecolóxica da Unión Europea no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co establecido no Regulamento (CE) 66/2010 do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de novembro de 2009, relativo á etiqueta ecolóxica da UE.

O órgano competente en materia de etiqueta ecolóxica da UE exercerá as seguintes funcións:

a) Resolver o outorgamento da etiqueta ecolóxica da UE.

b) Controlar e vixiar a correcta aplicación do sistema voluntario de etiqueta ecolóxica da UE no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Prohibir a utilización da etiqueta ecolóxica da UE ou, se é o caso, revogar o seu outorgamento cando se dea algunha causa prevista no artigo 15.

d) Iniciar ou dirixir a elaboración o revisión dos criterios da etiqueta ecolóxica da UE nos termos previstos polo artigo 7 do Regulamento (CE) 66/2010 do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de novembro de 2009, relativo á etiqueta ecolóxica da UE.

e) Representar a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia nos órganos estatais e, se é o caso, comunitarios, en materia de etiquetaxe ecolóxica de acordo co que se estableza na regulación vixente.

f) Adoptar e propoñer medidas destinadas a promover o sistema voluntario de etiqueta ecolóxica da UE.

g) Calquera outra que lle outorgue a regulación vixente do sistema voluntario de etiqueta ecolóxica da UE.

Esta disposición será aplicable a aqueles bens ou servizos, denominados no sucesivo produtos, subministrados para distribución, consumo ou utilización no mercado comunitario, xa sexa mediante pagamento ou de forma gratuíta.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

San Lázaro, s/n

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541703

Fax: 981957375

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

a) Que o produto estea incluído nalgunha categoría que dispoña de criterios para o outorgamento da etiqueta ecolóxica da UE.

b) Que o produto proceda da Comunidade Autónoma de Galicia, que se fabrique ou se preste no seu territorio, ou que se comercialice nel se procede de fóra.

Queda excluído calquera tipo de produto sanitario, en particular os medicamentos para uso humano definidos na Directiva 2001/83/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 6 de novembro de 2001, pola que se establece un código comunitario sobre medicamentos para uso humano, e os medicamentos veterinarios definidos na Directiva 2001/82/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 6 de novembro de 2001, pola que se establece un código comunitario sobre medicamentos veterinarios, así como aqueloutros produtos que se exclúan do sistema voluntario de etiqueta ecolóxica da UE conforme o previsto na normativa de aplicación.

  • Concesión da etiqueta ecolóxica ( 32.74.00)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • O procedemento de outorgamento da etiqueta ecolóxica europea iniciarase coa presentación, pola persoa interesada, da solicitude segundo o modelo que figura no anexo, dirixida ao órgano competente e acompañada da seguinte documentación:

    • Descrición detallada do produto e documentación pertinente conforme o previsto na disposición da Comisión Europea pola que se establezan os criterios da etiqueta ecolóxica da UE para a categoría do produto. Presentaranse, preferentemente, probas acreditadas de conformidade coa ISO 17025 e verificacións realizadas por organismos acreditados segundo a Norma EN 45011 ou norma internacional equivalente.

    • Acreditación do aboamento da correspondente taxa administrativa (32.74.00 - Concesión da etiqueta ecolóxica)

    • Documentación acreditativa da representación, de ser o caso.

    • A persoa interesada poderá presentar calquera outra documentación complementaria relativa ao produto que considere que poida servir de base para o outorgamento da etiqueta ecolóxica da UE.

  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido no artigo 35 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no 22 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    Os documentos que se xunten á solicitude poderán ser achegados mediante copias dixitalizadas que garantan a fidelidade co orixinal mediante a utilización de sinatura electrónica avanzada. Segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, e no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, o órgano competente poderá solicitar do correspondente arquivo o cotexo do contido das copias achegadas. Ante a imposibilidade deste cotexo, e con carácter excepcional, poderá requirir ao particular a exhibición do documento ou da información orixinal. A achega de tales copias implica a autorización ao órgano competente para que acceda e trate a información persoal contida en tales documentos.

    Tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel nos rexistros e lugares establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na Guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia

    https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos-e-servizos.

COMPROBACIÓN DE DATOS

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante

CONSENTIMENTO PARA A COMPROBACIÓN DE DATOS

A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.

  • NIF da entidade solicitante

Despois de presentar

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 150/2013, do 5 de setembro, polo que se regula a aplicación do sistema voluntario de etiqueta ecolóxica da UE na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 183 do 25 de setembro de 2013).

    • Corrección de erros. Decreto 150/2013, do 5 de setembro, polo que se regula a aplicación do sistema voluntario de etiqueta ecolóxica da UE na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 185 do 27 de setembro de 2013).

  • Ámbito Estatal
    • Real decreto 234/2013, do 5 de abril, polo que se establecen normas para a aplicación do Regulamento (CE) nº 66/2010 do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de novembro de 2009, relativo á etiqueta ecolóxica da Unión Europea. (BOE nº 97 do 23 de abril de 2013)

  • Ámbito Europeo
    • Regulamento (CE) 66/2010, do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de novembro de 2009, relativo á etiqueta ecolóxica da UE (DOUE nº 27 do 30 de xaneiro de 2010)

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano