Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MT720Y
Autorización para cazar en zona de exclusión.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Solicitar autorización para cazar en zona de exclusión.
Persoas físicas e xurídicas
Requisitos
Existencia de razóns técnicas, de seguridade, científicas, sanitarias ou sociais.
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e as solicitudes poderanse presentar ao longo de todo o ano.
Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:
- Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.
Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:
- Persoas xurídicas.
- Entidades sen personalidade xurídica.
- Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
- Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
- Traballadores e traballadoras autónomos.
- Estudantes universitarios.
- Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.
Tramitar en liña
A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina.
Para presentar a solicitude en liña:
- Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
- Identifícate electronicamente.
- Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.
Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.
Tramitar presencialmente
Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.
Podes presentar a solicitude en:
- As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
- As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
- As oficinas de Correos.
- As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
- Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.
As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en:
A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.
A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.
Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.
Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.
Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.
Documentación
Anexo XXVI desta orde co código de procedemento MT720Y.
Memoria xustificativa para cazar en zona de exclusión por razóns técnicas, de seguridade, científicas, sanitarias ou sociais.
Plano de la zona de exclusión.
Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito, no seu caso.
Anexos
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo XXVI)
Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?
Tres meses
Que ocorre se non recibes resposta?
Se pasa o prazo establecido para resolver e non recibes unha resposta expresa, a túa solicitude considérase estimada por silencio administrativo.
Isto significa que a solicitude se considera aprobada.
A Administración segue estando obrigada a resolver a túa solicitude aínda que transcorra este prazo, pero a resolución xa só poderá ser estimatoria (aprobando a túa solicitude).
Como recibirás a resposta da Administración?
A Xunta de Galicia comunicarache a resposta á túa solicitude mediante unha notificación é dicir, unha comunicación oficial coa resolución da solicitude.
Nalgúns casos, a notificación individual substitúese ou compleméntase coa publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web correspondente.
Esta publicación ten a mesma validez legal que unha notificación individual.
Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?
Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Desde a Carpeta cidadá podes:
- Consultar o estado do teu expediente.
- Acceder á documentación.
- Realizar os trámites que estean dispoñibles.
Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites).
Podes consultar a localización destas oficinas en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en:
Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Edificio administrativo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546094 / 981546084
Email: caza.pesca@xunta.gal
Órgano responsable
-
Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia (DOG nº 4 do 8 de xaneiro de 2014). Ligazón á normativa
-
Corrección de erros. Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia (DOG nº 37 do 24 de febreiro de 2014). Ligazón á normativa
-
Orde do 27 de xullo de 2021 pola que se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto do órgano competente en materia de biodiversidade, caza e pesca continental, e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia. (DOG nº 171 do 6 de setembro de 2021). Ligazón á normativa
Outros procedementos relacionados
Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía
Aberto todo o ano
Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).
Aberto todo o ano
Concesión de augas.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano