Guía de procedementos e servizos

MT202I

Inspección Ambiental

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Modelo normalizado de comunicación para a presentación de alegacións e/ou documentación adicional por parte das instalacións obxecto de inspeccións ambientais realizadas no marco dos plans e programas da Inspección Ambiental de Galicia.

Este procedemento empregarase por parte das instalacións que foran obxecto de inspeccións ambientais realizadas no marco dos plans e programas da Inspección Ambiental de Galicia. Empregarán para a súa comunicación o modelo que consta no anexo XXXV desta orde co código de procedemento MT202I.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

San Lázaro, s/n

15781 

Teléfono: 981541725

Email: sdx.coordinacion.ambiental@xunta.es

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte (20) días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

- De conformidade co disposto no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, a presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria e os traballadores autónomos e as traballadoras autónomas para os trámites e as actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, así como as persoas representantes dunha das anteriores.

- Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

- Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación

A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XXXV; isto é:

• A documentación requirida na inspección ambiental coa indicación do número da correspondente acta de inspección.

• As alegacións ao informe de inspección ambiental coa indicación da clave da correspondente autorización ambiental integrada.

• Outra documentación que interese achegar por parte da persoa solicitante.

Non será necesario achegar os documentos que xa se teñan presentado anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e diante de que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Aquelas  persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou o seu representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou o código único de rexistro.

No caso de que algún dos documentos que vaia presentar a persoa solicitante ou o seu representante, de forma electrónica, supere os tamaños límite establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

Comprobación de datos

Para a tramitación do presente procedemento, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa física solicitante ou comunicante.

b) NIF da persoa xurídica solicitante ou comunicante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

d) NIF da entidade representante.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada.

Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 7 de xullo de 2020 pola que se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto do órgano competente en materia de Calidade Ambiental e Cambio Climático desta consellería e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia (DOG nº 198 do 30 de setembro de 2020).

    • Decreto 7/2020, do 9 de xaneiro, de inspección ambiental de Galicia (DOG Núm. 18 do 28 de xaneiro de 2020)

    • Corrección de erros. Orde do 7 de xullo de 2020 pola que se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto do órgano competente en materia de Calidade Ambiental e Cambio Climático desta consellería e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia (DOG nº 223 do 4 de novembro de 2020).

  • Ámbito Europeo
    • Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de novembro de 2010, sobre as emisións industriais (prevención e control integrados da contaminación) (DOUE núm. 334, do 17.12.2010).

  • Ámbito Estatal
    • Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31.12.2016).

    • Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19.10.2013)

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano