Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MT201V
Informe ambiental no procedemento de aprobación de medidas provisionais de ordenación urbanística.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Informe no que o órgano ambiental pronúnciase sobre a tramitación ambiental que deben seguir os instrumentos de ordenación provisional con carácter previo á súa adopción (art. 88 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación).
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental
Servizo de Avaliación Ambiental de Plans e Programas
San Lázaro s/n
15703 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981957672
Email: avaliacion.ambiental.estratexica@xunta.ga
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor aos vinte (20) días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
As medidas provisionais de ordenación urbanística veñen reguladas na Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación
Son de aplicación en instrumentos de planificación urbanística afectados por unha declaración de nulidade (total ou parcial) ou un decreto de suspensión de vixencia da planificación por unha sentenza firme, na que o instrumento que recobra a súa vixencia queda obsoleto.
A solicitude do informe ambiental que debe emitir o órgano ambiental no procedemento de aprobación de medidas provisionais de ordenación urbanística vén regulado no artigo 88 da Lei 2/2017.
O modelo para a súa solicitude é o que consta no anexo XXIII da Orde do 7 de xullo de 2020 co código de procedemento MT201V.
Presentación de solicitudes
Nos procedementos regulados nesta orde que se detallan a seguir, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
- De conformidade co disposto no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, a presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria e os traballadores autónomos e as traballadoras autónomas para os trámites e as actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, así como as persoas representantes dunha das anteriores.
- Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación
A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XXIII; isto é:
• Estudo previo da situación derivada da anulación do instrumento de ordenación co contido mínimo sinalado no artigo 89 da Lei 2/2017, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación.
• Cartografía dixital en formato vectorial, compatible con SIX, segundo as instrucións técnicas recollidas en http://cmaot.xunta.gal/tema/c/CMAOT_Avaliacion_ambiental.
- Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
- A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica da documentación complementaria será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Nos procedementos regulados nesta orde con presentación electrónica e presencial, a documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
- No caso de que algún dos documentos que vai presentar a persoa solicitante ou representante, de forma electrónica, supere os tamaños límite establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para isto, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación dos procedementos previstos na presente orde, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa física solicitante ou comunicante.
b) NIF da persoa xurídica solicitante ou comunicante.
c) DNI/NIE da persoa representante.
d) NIF da entidade representante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo XXIII)
Prazo de resolución:
2 meses dende a recepción da documentación completa, unha vez realizado o trámite de consultas.
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 7 de xullo de 2020 pola que se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto do órgano competente en materia de Calidade Ambiental e Cambio Climático desta consellería e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia (DOG nº 198 do 30 de setembro de 2020).
-
Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (DOG nº 34 do 19 de febreiro de 2016).
-
Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (DOG nº 213 do 9 de novembro de 2016).
-
Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación (DOG nº 28 do 9 de febreiro de 2017)
-
Corrección de erros. Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación (DOG nº 58 do 23 de marzo de 2017).
-
Orde do 10 de outubro de 2019 de aprobación das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia. (DOG nº 224 do 25 de novembro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.
Aberto todo o ano
Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía
Aberto todo o ano
Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).
Aberto todo o ano
Concesión de augas.
Aberto todo o ano